"SME" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 136.

  • CIDADES

    Cidade da provincia de Holanda Setentrional, Países Baixos (20.379 h [1984]). Importante mercado de flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e retratista real. A consecución do primeiro premio da Real Academia de San Fernando, co lenzo O sacrificio de Abrahán (1781), provocou o seu traslado ata Madrid. No ano 1786 viaxou a México, onde exerceu de director da Academia de Belas Artes de San Carlos ata 1795, ano do seu regreso a España. Dous anos máis tarde converteuse no director da Real Academia de San Fernando, aínda que a súa carreira diplomática se truncou en 1807, cando o substituíu o galego Gregorio Ferro. Dentro da súa obra, marcada por un estilo academicista, cómpre salientar a súa obra retratística e relixiosa sobre parede (frescos do Real Sitio de San Lourenzo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comandante da Mariña e enxeñeiro. Participou no deseño e planificación dos grandes estaleiros que a Coroa decidiu instalar en Ferrol e Cádiz durante a primeira metade do século XVIII. Na cidade ferrolá participa na construción do Arsenal da Graña (1747), no do Esteiro e no do barrio da Madalena (1749).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aldea do Bierzo situada no Camiño de Santiago, na confluencia do río Valcarce co Balboa. A partir de aí iníciase a verdadeira ascensión do porto de Pedrafita, límite político actual da comunidade autónoma de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Quiroga baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador pertencente á escola medieval galego-portuguesa. Parece que naceu no seo dunha familia nobre, probablemente galega, xa que en Portugal o seu topónimo non orixinou liñaxe familiar tal e como ocorreu, segundo a documentación conservada, ao norte do Miño e en territorio castelán-leonés. A hipótese máis fiable é identificalo cun escudeiro citado nun testamento de 1224 do lugar de Ribadavia, de nome Airas Nuni de Asma. Tamén existe a posibilidade de que estivese emparentado con Diego Moniz; ademais, a cronoloxía que se lle supón é de finais do s XII e primeira metade do XIII, de xeito que coincidiría mesmo con Bonifaci Calvo na Corte de Afonso X. A súa obra redúcese a dúas cantigas de amor que se conservan unicamente no inicio do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, xa que tanto o Cancioneiro da Ajuda como o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana presentan lagoas no espazo textual que lles correspondería; curiosamente, o seu nome non aparece na Tavola...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado no concello de Baiona. Aínda que non se coñece a data da súa fundación, documéntase por primeira vez nunha doazón de Afonso VII no ano 1137, na que fai entrega de toda a vila de Erizana —antigo nome de Baiona— ao devandito mosteiro, ao seu prior e a todos os monxes que alí vivían. Abandonado durante moito tempo é hoxe unha propiedade privada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes mariños da familia dos gádidos ao que pertence a especie do Atlántico Norte B. brosme, de corpo agrisado e alongado de ata 1 m de lonxitude, aletas dorsal e anal moi longas e unha barbela no queixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relato publicado en 1759 por François M. Arouet, coñecido como Voltaire. É unha novela de formación baseada no esquema narrativo da busca. O obxectivo é atopar o modo ideal de situarse no mundo, concretado no lugar axeitado no que establecerse. O descubrimento do espazo idóneo para existir identifícase co saber existir. O título asocia o nome de Cándido a unha cuestión filosófica, o optimismo, e acada deste xeito un valor de provocación ao unir dúas palabras con connotacións contrarias: a inocencia ou simpleza que suxire o nome de Cándido e a concepción do optimismo como descubrimento da propia identidade, xurdida como unha crítica á proposta de Leibniz do optimismo como aceptación da Providencia. A simpleza do protagonista dificultaralle acadar o seu propio lugar no mundo, en tanto que o seu candor o predispón a crer inxenuamente no que lle impoñen os demais. O coñecemento e a realización do mellor modo de existencia para el, equivalerá á conquista dun criterio que lle permita...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Clotilde Cerdà i Bosch.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Información, verdadeira ou falsa, que se divulga para prexudicar a alguén ou para tratar de pór a mal unha persoa con outra.

    2. Calquera obxecto do que non se coñece o nome ou non se lembra.

    3. Calquera obxecto de pouco valor, que non ten utilidade ou estorba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico semanal que se definía como crítico literario. Saíu do prelo de Rogelio Quintás en Pontevedra co subtítulo de “Semanario independiente, recreativo, tempestivo y poco serio” entre xullo e outubro do ano 1884. A dirección estaba a cargo de Albino Simán, e entre os colaboradores figuraban M. Palacios, Luís Taboada e Luís Vidart, entre outros. Nas súas páxinas hai artigos, chismes, e casos da semana. Cómpre destacar que en moitas ocasións as noticias comentábanse en verso. Entre os poucos exemplos de literatura galega que se poden ler inclúen varios poemas e un conto do director; a maioría destes textos de carácter poético levan o epígrafe “Epitafios”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e cartógrafo. Levou a cabo diversas expedicións marítimas, das que deixou relatos de interese xeográfico e técnico como Apéndice al primer viaje de Magallanes (1788). Colaborou na realización do atlas marítimo de América do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. 2 cismático.

    2. Que ou quen provoca a discordia dentro dun grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome que, etimoloxicamente, parece proceder do latín eclesiástico Cosmas, termo derivado do grego Kοσμ ã ς; e este, á súa vez, de κόσμιον ‘ornamento’. Segundo outra hipótese, a súa orixe estaría no grego κόσμιος ‘modesto, prudente’, voz que deriva probablemente do verbo κοσμέω ‘ordenar’ ou do substantivo κόσμος ‘orde, mundo, ceo, gloria’. Este antropónimo presenta as variantes Cósmede e Cosmade, e como formas populares, Corme e Colme. San Cosme e san Damián (ss III-IV), celebrados o 26 de setembro, son patróns dos médicos e farmaceúticos. En Galicia, san Cosme é titular de 25 parroquias (coa forma Cosmede en Cusanca, concello do Irixo) e patrón de Barreiros, onde o celebran o 27 de setembro. Na tradición oral recóllense ditos que testemuñan a devoción cara a estes santos: “San Cosme...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Florencia (1537-1574) e gran duque de Toscana (1569-1574). Fillo de Giovanni Medici, chamado dalle Bande Nere (das Bandas Negras), e membro dunha rama colateral dos Medici. Despois do asasinato do duque de Florencia Alexandre I (1537), foi nomeado xefe da República e gobernou contando coa axuda da asemblea, do consello e do senado. Fracasou no intento de apoderarse de Lucca e do Piombino, pero no 1555, despois dun longo asedio, ocupou e anexionou a República de Siena. Estableceu un eficaz aparato de goberno sobre Toscana, centralizou todos os servicios públicos no edificio dos Uffizi e emprendeu melloras agrarias e navais. Mantivo as súas alianzas co Emperador Carlos V e co seu fillo Filipe II, aínda que tamén mantivo boas relacións cos franceses e co papado, que recaía noutro Medici, Paulo III. Exerceu o mecenado sobre un notable conxunto de artistas, como Bertomeu Ammannati, Pontorno e Bronzino, e favoreceu os estudios ling|üísticos co establecemento da Academia de Florencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque da Toscana (1609-1621), fillo de Fernando I de Medici. Tentou manter o equilibrio entre España e Francia, colaborando nas negociacións entre ambos os dous países que culminaron nos matrimonios entre Filipe IV e Isabel de Francia (1616). A súa flota enfrontouse con éxito aos turcos no Mediterráneo e mantivo relacións comerciais co emir druso Fakhr ad-Din, co que conseguiu vantaxes comerciais no tráfico con Oriente. Continuou o labor dos seus devanceiros como mecenas de Matteo Nigetti e Pietro Tacca, e protexeu a Galileo. Abandonou definitivamente as actividades bancarias e comerciais dos Medici.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque da Toscana (1670-1723), fillo de Fernando II. O seu goberno caracterizouse pola vontade de manter a neutralidade nas guerras de Luís XIV e pola decadencia interna, debida á influencia da nobreza cortesá e do clero. Ao temer a extinción da liña masculina da dinastía, aboliu a bulla aurea para posibilitar a sucesión da súa filla Ana Luísa, aínda que a Cuádruple Alianza, formada por Francia, Inglaterra, Holanda e España, decidiu no Tratado de Londres (1718) que no caso de extinción da liña masculina, o Gran Ducado de Toscana, xunto con Parma e Piacenza, pasarían a mans do infante Carlos de Borbón (futuro Carlos III de Borbón).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mercador, viaxeiro e monxe. Escribiu a obra Topografía cristiá, na que se combinan as descricións tridimensionais do mundo cunha cosmoloxía -que interpretou dun xeito persoal- recollida da Biblia e do teólogo Oríxenes. Iniciou unha nova tradición cartográfica, de tipo alegórico e regresiva respecto ás teorías de Ptolomeo, que perdurou durante algúns séculos dentro do mundo cristián. Foi o primeiro escritor occidental que falou de China dun xeito explícito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Xunto ao seu irmán Damián dedicábanse a sandar enfermos e facer curacións milagrosas, polo que son patróns da profesión médica e farmacéutica e dos hospitais. Ambos os dous foron martirizados durante a persecución de Diocleciano. Son dos santos máis antigos no culto hispánico (s VII) e a súa devoción estendeuse durante o s V por todo o mundo cristián. Invócanos, ao igual que a san Sebastián e a san Roque, contra a peste, a inflamación das glándulas, a tiña, os males dos riles, a incontinencia nocturna dos nenos, etc. Na iconografía visten roupa de médico (cun bonete ou un capuchón) e levan como atributos persoais algún instrumento da súa profesión. A súa festa é o 26 de setembro, inda que antano tamén se celebraba en Galicia o 22 de outubro. É titular de 25 parroquias (na parroquia de Cusanca, no Irixo, coa forma Cosmede) e tamén é patrón do concello de Barreiros, lugar onde o celebran o 27 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO