"Saa" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 88.

  • PERSOEIRO

    Pensadora rusa. Estudiou filosofía en Suíza e participou na actividade revolucionaria en Rusia como menchevique. Profesora na Universidade Tambov (1917-1920) e na da Moscova (desde 1920). Na interpretación do materialismo dialéctico, propugnou a dirección mecanicista que máis tarde rectificou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e compositor catalán. Neno prodixio, aos 8 anos xa dera concertos en moitas cidades españolas. En 1872 foi á Arxentina, ao Brasil, a Porto Rico e a Cuba e no 1875 aos EE UU. Estudiou en Leipzig, foi alumno de Liszt en Budapest (1878) e acadou unha bolsa do Conservatorio Real de Bruxelas (1879). En Barcelona, estudiou con Felipe Pedrell (1883) e deu concertos con motivo da Exposición Universal do 1888. En París (1893), fíxose amigo de Fauré, Vicent de Indy, Debussy e Dukas. Andalucía foi para el fecunda fonte de inspiración. A súa obra de maior interese é, se cadra, a pianística, que culmina con Ibèria (1906-1909), compilación de doce pezas repartidas en catro cadernos. Salientan tamén Rapsòdia espanyola e Records de viatge. Cómpre citar no campo sinfónico Capricho cubano e Catalònia (1899). Tamén compuxo óperas (Pepita Jiménez, 1896) e melodías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico soviético. En 1934 descubriu, co seu irmán Artemij Isaakovič Alikhanian (1908 - 1978), a emisión de parellas electrón-positróns polos núcleos radioactivos. Estudiou tamén os raios cósmicos. En 1949 dirixiu a construción do primeiro reactor nuclear soviético e en 1961 a dun acelerador de protóns. Tivo un papel destacado na creación da bomba nuclear soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e profesor. Prolífico estudoso da cultura e lingua galega. Realizou estudos eclesiásticos no mosteiro de Oseira, que abandonou en 1960 ao ser expulsado xunto a outros compañeiros acusados de galeguismo e de querer fundar unha congregación independente. Como consecuencia, saíu de Galicia e viaxou por Francia, Alemaña e residiu en Navarra, Madrid e Lisboa. A finais de 1984 volve definitivamente a Galicia.
    Licenciado en Filosofía pola Universidade de Comillas (1973), Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid (1975), Filoloxía Románica (1978), obtivo o grao de Diplomado en Cultura e Lingua Portuguesa pola Universidade de Lisboa (1976). Traballou na Universidade de Vigo (1990-1994) como profesor de Didáctica da Lingua e Literatura Galega. No 1998 presentou e súa tese de doutoramento A fala dos Concelhos de Trasmirás e Qualedro.
    Exerceu como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    En 1920 publicou en Ferrol Legislación social española. El gobierno social español y los bancos sociales de retiro para las distintas clases sociales de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre militar sublevado contra os Reis Católicos trala decapitación do mariscal Pardo de Cela, sogro seu, foi vencido polas tropas de López de Haro. Ao servizo dos Reis Católicos, participou na conquista de Granada. O bispo de Mondoñedo, de quen era sobriño, outorgoulle o morgado da súa casa de Baamonde e pasou a tomar o apelido e as armas desta liñaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico e escritor norteamericano de orixe rusa. No 1939 comezou a publicar, con afán de divulgación científica, novelas e contos de ciencia ficción que obtiveron inmediatamente un éxito enorme. Foi un autor prolífico de obras biográficas e de carácter histórico, das que sobresaen, entre otras I, Robot (1950), The Human Body (1963), Guide to de Bible (1968), The Gods Themselves (1973), The Ends of the Earth (1975), Mars, the Red Planet (1977), In the Beginning (1981), Counting de Eons (1983) e The Robots of Dawn (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • L’ubov’ Isaakovna Aksel’rod.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inventor. Fabricou o primeiro canón de bronce nos EE UU. En 1839 obtivo a patente dunha chumaceira que incluía a fórmula dunha aliaxe como metal antifricción para recubrir estas pezas, coñecido como metal de Babbitt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inventor. Fabricou o primeiro canón de bronce nos EE UU. En 1839 obtivo a patente dunha chumaceira que incluía a fórmula dunha aliaxe como metal antifricción para recubrir estas pezas, coñecido como metal de Babbitt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ucraíno, de orixe xudía. Describiu a vida da pequena burguesía xudía e episodios da revolución e da guerra civil. Entre as súas obras destacan: Sol (O sal, 1923) ou Odesskije rasskazy (Contos de Odessa, 1931). Mestre da narración curta, pasou dun estilo preciosista e romántico a outro máis preciso e axustado. Tamén escribiu teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ucraíno, de orixe xudía. Describiu a vida da pequena burguesía xudía e episodios da revolución e da guerra civil. Entre as súas obras destacan: Sol (O sal, 1923) ou Odesskije rasskazy (Contos de Odessa, 1931). Mestre da narración curta, pasou dun estilo preciosista e romántico a outro máis preciso e axustado. Tamén escribiu teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e teólogo. Profesor en Cambridge, cedeulle o lugar ao seu discípulo Newton. Fundou a biblioteca do Trinity College. Fixo importantes achegas ao cálculo infinitesimal e á xeometría. De polémica relixiosa é a súa obra Tretise on the Pope’s Supremacy (1680).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Líder sionista e político israelí. No ano 1905 foi enviado a Siberia por axudar os xudeus perseguidos en Rusia, de onde fuxiu a Palestina en 1907. En 1915 foi expulsado polas autoridades turcas e emigrou aos EE UU, dende onde volveu a Palestina, baixo o mandato británico. Participou na creación de Histadrut (Federación Xeral do Traballo) e do Mapai (Partido Unido dos Traballadores), ao que representou no parlamento israelí en 1949. Foi Presidente da República entre 1952 e 1963.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Superficial e refinado, é autor de poemas, traxedias e letras de ballets que escribiu, coa axuda de Lully e doutros compositores, para os reis Luís XIII e Luís XIV. Foi famoso o seu Sonnet d’Uranie (Soneto de Uranio, 1650).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e lóxico. É coautor con D. Hilbert dos Grundlagen der Mathematik (Fundamentos de matemáticas, 1934-1939). En teoría de conxuntos formulou un sistema axiomático, sobre a base do enunciado por von Neumann, que foi posteriormente estudado por K. Gödel (sistema de von Neumann-Bernays-Gödel), e que distinguía entre clases e conxuntos, publicado no seu libro Axiomatic Set Theory (Serie de teorías axiomáticas, 1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico suízo. Foi un dos representantes máis importantes da escola neolinneana mediterránea e un dos principais promotores do código de nomenclatura botánica. Son moi importantes as súas achegas á florística mediterránea, especialmente a continuación de Flore des Alpes Maritimes, iniciada por B. Burnat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista protestante. Foi bibliotecario real na corte de Enrique IV en París. En 1610 estableceuse en Inglaterra, protexido por Xaime I, que o utilizou como panfletario relixioso, especialmente contra os xesuítas. Editou libros de diversos autores gregos e latinos como Aristóteles ou Teócrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formado en Sevilla, foi o representante máis importante da escola barroca cordobesa. Recibiu a influencia de Zurbarán e Ribera, e das escolas napolitana e flamenga. Entre as súas obras destacan San Francisco, realizada para o convento das franciscanas da Coruña, El Calvario (1649) e Adoración de los pastores (1651). Ademais, pintou retratos e paisaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi o cuarto fillo do cirurxián Rodrigo de Cervantes e de Leonor de Cortinas e, segundo algunhas hipóteses, de posible ascendencia galega polos seus apelidos. En 1551 trasladouse a Valladolid coa familia, onde estaba a corte naqueles anos, na busca de posibilidades económicas. Posteriormente, marcharon a Madrid onde Cervantes estudiou gramática con Juan López de Hoyos. En 1569 instalouse en Roma como camareiro do cardeal Giulio Acquaviva e alí permaneceu ata que se incorporou ao terzo de Miguel de Montcada. En 1571 loitou como soldado na Batalla de Lepanto, na que quedou inútil da man esquerda. Non obstante , en 1572 incorporouse ao terzo de Lope de Figueroa e participou en diversas accións mediterráneas. Durante os anos posteriores estivo en Sardeña, Lombardia, Sicilia e Nápoles, onde coñeceu as innovacións da literatura italiana. De volta a España, os turcos prendérono e estivo cativo en Arxel entre 1575 e 1580; unha vez libre tomou parte nas campañas de Portugal e Orán. Desempeñou...

    VER O DETALLE DO TERMO