"Sagunt" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (56.471 h [2001]). Posúe unha economía moi diversificada. O regadío céntrase nos cítricos, e no secaño cultívanse oliveiras e amendoeiras. Os principais sectores industrias son os de transformados metálicos, minerais, materiais da construción, química, alimentación, téxtil, papel e plástico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alzamento militar ocorrido en Sagunt (Campo de Morvedre) o 29 de decembro de 1874, ao pronunciarse os xenerais Arsenio Martínez de Campos e Luis Dabán Ramírez de Arellano, xunto cun grupo de coroneis, a favor da restauración monárquica de Afonso XII. A revolta propagouse por toda España e o 31 de decembro formouse en Madrid o primeiro goberno da Restauración.
-
-
-
Relativo ou pertencente á antiga cidade de Sagunto ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da antiga cidade de Sagunto.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Sagunt ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Sagunt.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade ibérica e despois romana situada na zona norte do territorio ocupado polos edetanos, preto da costa, que corresponde á actual Sagunt. O emprazamento, sobre un lugar alto de fácil defensa, é típico dos poboados ibéricos e non corresponde ás fundacións marítimas dos gregos. Foi un centro económico importante. As primeiras informacións sólidas sobre a súa historia refírense ao ataque de Aníbal (219 a C) que iniciou a Segunda Guerra Púnica. O problema da responsabilidade da orixe da guerra, a defensa encarnizada dos saguntinos e a súa fidelidade a Roma deron ao feito un gran relevo na historia romana. Despois da guerra a cidade foi reconstruída, primeiro polos cartaxineses, e despois de 212 a C polos romanos. Foi cidade federada ata que nun momento incerto do s I a C, ou durante a época de Augusto, pasou a ser municipio romano. Durante o Alto Imperio foi unha das cidades máis destacadas da costa mediterránea peninsular, probablemente unha das máis poboadas, e suntuosas: con teatro...