"San Clodio" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de San Cibrao das Viñas baixo a advocación de san Clodio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
San Clodio de Ribas de Sil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro beneditino situado en Ribas de Sil. En 1151 documéntase a súa doazón a Velasco Pérez e a súa nai, Elvira Núñez, por parte de Afonso VII. Do antigo cenobio, restaurado en 1604, só queda parte dunha torre derruída situada detrás da igrexa, que lembra as loitas dos monxes contra os cabaleiros da orde militar de San Xoán na súa encomenda de Quiroga. O templo, hoxe parroquial, foi construído en estilo románico no s XII, pero sufriu numerosas reformas e da edificación orixinal só se conserva a ábsida e a porta norte, con arco de medio punto. Ten unha soa nave de planta rectangular e presenta numerosos elementos que foron considerados protorrománicos e visigodos, aínda que só forman parte da decoración, co que non se pode afirmar que existira un templo anterior no seu emprazamento. O ábsida cúbrese con bóveda de canón no tramo recto e con bóveda de forno na cabeceira semicircular. O arco triunfal apóiase en columnas entregadas. A porta lateral situada no adro, daba acceso ao claustro...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar e capital do concello de Ribas de Sil situada na parroquia homónima.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de san Clodio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en San Clodio (Leiro). De orixe descoñecida, pode que a vida monacal comezase na segunda metade do s VI con monxes que seguían a regra beneditina, procedentes de San Claudio de León. A primeira noticia histórica é de 928, cando se produciu a doazón dos condes Álvaro e Savita. Daquela o mosteiro tiña carácter familiar e dúplice e seguía a regra beneditina. Cara a 1151 adoptouse á regra cisterciense e en 1225 ingresou na orde do Císter. Desde 1530 ata a exclaustración de 1835 integrouse na Congregación de Castela. En 1891 foi priorado de Samos pero a vida monacal despareceu. As súas dependencias restauráronse e reformáronse para converterse en hotel. A igrexa ten planta basilical de tres naves divididas en catro tramos e tres ábsidas semicirculares, precedidas dun tramo recto, das que destaca a central, e cruceiro. O acceso ás capelas absidais é mediante arcos apuntados, as laterais cóbrense con bóveda de canón apuntado o tramo recto e bóveda de forno o tramo curvo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Avia en San Clodio (Leiro). Trátase dunha ponte de cantaría de tres arcos de medio punto e tallamares triangulares e arredondados, construída no s XV. Atópase no antigo Camiño Real de Ribadavia ao Carballiño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Sil entre Ribas de Sil e Nocedo (Quiroga). Trátase dunha ponte con tres tramos de celosía metálica sobre piares e dous de obra de fábrica. Atópase na estrada local de San Clodio a Río.