"San Fernando" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade estatal situado nas dependencias da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid. Fundado en 1774 por decisión de Carlos III, os seus fondos iniciais procedían da Junta Central de Monumentos, e foron ampliados con diversas coleccións confiscadas aos xesuítas, coas obras premiadas nos concursos públicos convocados pola Academia desde 1753 e coas doazóns de particulares. Acolle unha das máis importantes coleccións de pintura española, da que destacan as obras de Zurbarán, Ribera e Goya, e tamén europea, como obras de Rubens, Mengs ou van Loo. Conta tamén cunha colección de debuxos, gravados, mobles, porcelanas e outros obxectos artísticos. Organiza conferencias, coloquios e outras actividades ademais de publicar monografías e outras obras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Madrid pola Real Cédula de Filipe V o 13 de xullo de 1744, para promover o estudo e cultivo da pintura, escultura e arquitectura. En 1747 someteuse ao patrocinio de san Fernando e coa celebración da súa apertura oficial en 1752 na Casa de la Panadería, erixiuse como a primeira academia oficial de España, instituída por Fernando VI como Real Academia de las Tres Nobles Artes de San Fernando. En 1773 Carlos III trasladouna a un palacio barroco, propiedade de Juan de Goyneche, que foi posteriormente reformado en estilo neoclásico por Diego de Villanueva. A súa actividade centrouse no ensino das artes e en 1845 naceu, baixo o seu amparo, a Escuela Superior de Bellas Artes. Organízase nas seccións de Pintura, Arquitectura, Música e Escultura y Artes de la Imagen. Dela depende a Calcografía Nacional, creada en 1789. Desde 1996 está composta por 54 membros numerarios, ademais dos académicos correspondentes e honorarios. Está integrada no Instituto de España e conta co Museo...
-
MONTES
Monte situado na parroquia da Valboa (Trabada). O seu cumio acada os 511 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da illa de Trinidad e Tobago (48.784 h [2000]). Situada ao SO da illa, é o centro da industria petroleira.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cádiz, situado ao fondo do golfo de Cádiz (88.073 h [2001]). Posúe estaleiros e industrias alimentarias, fábricas de armamento e construción naval e aeronáutica. As súas salinas son as máis grandes da Península Ibérica e é capital do departamento marítimo de Cádiz. Denominouse Isla de León ata que tomou o nome actual ao ser sede das Cortes de Cádiz de 1812. Destaca o castelo de San Romualdo (s XIV).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do NL da provincia de Bos Aires, Arxentina, situada no Río de La Plata (144.763 h [2001]). É un núcleo industrial e residencial da área suburbana de Bos Aires, con industria leiteira, conservas pesqueiras, de froitas e fabricación de mobles.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado na confluencia dos ríos Jarama e Henares (36.244 h [2001]). Destaca como centro industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Arca (O Pino). Ten planta en forma de U, con patín como entrada principal. As dúas ás son desiguais e unha delas remata en forma de torre. Cara ao centro do corpo central ten outra torre e sobre a porta da solaina atópase a data de 1699. Conserva un pombal, a capela, os alpendres e outras construcións adxectivas. A pedra de armas alude aos Leis ou Caamaño, Villardefrancos, Moscoso e Pardiñas ou Rioboo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Observatorio astronómico situado nas proximidades de San Fernando (Cádiz). Construíuse entre 1763 e 1798 no outeiro de Torre Alta, a cargo da mariña española. Durante moitos anos o seu meridiano foi referencia nos mapas náuticos españois. En 1791 comezou a publicar o Almanaque náutico.