"Santa Eufemia" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • Magnífico exemplo da arquitectura prerrománica galega, situada en Baños de Molgas. Trátase dun edificio construído no século IX, salientable pola súa disposición de tres naves e tres capelas rectangulares por fóra e por dentro (seguindo o modelo prerrománico asturiano). No interior consérvanse elementos significativos como as celosías de pedra da ábsida, a ara romana que fai ás veces de altar ou a magnífica talla dun Cristo gótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa pertencente ao colexio dos xesuítas, actual residencia sacerdotal, situada no centro histórico de Ourense. Comezou a construírse a mediados do s XVII, durante o bispado de Pascual Carrascoso e co padroado de Pedro de Mondragón Azcarrezábal. Rematada en 1689, presenta unha planta de cruz latina de nave única e con capelas colaterais intercomunicadas. En 1761 frei Plácido Iglesias deseñou unha fachada-pano organizada en tres corpos nos que o xogo dos elementos arquitectónicos, como as columnas de orde xigante, os entaboamentos curvos, os pináculos, etc, lle dan a mobilidade e o efectismo barrocos. No interior destaca o retablo maior no que se venera un Crucificado, atribuído a Xosé Ferreiro e a imaxe de santa Eufemia, esculpida por Xosé Díaz no ano 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica situada na serra de Santa Eufemia (Lobios). Nela apareceu unha estela circular do s X, que procedía da necrópole altomedieval do Campelo. Está decorada con figuras xeométricas que poden representar o sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Ourense. Baixo a advocación orixinal de san Domingo, pertenceu ao antigo convento dominicano e construíuse entre 1642 e 1666. En 1851 converteuse na igrexa de Santa Eufemia do Norte. A planta é de cruz latina con dúas naves, rematada nunha bóveda de medio canón. No seu interior destacan os retablos barrocos, obra de Francisco de Castro Canseco (1708).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santa Eufemia do Centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santa Eufemia do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Manín (Lobios). O seu cumio acada os 1.107 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Toques baixo a advocación de santa Eufemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Santa Eufemia do Monte (Toques). O seu cumio acada os 728 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Aliñación montañosa con dirección NL-SO situado no concello de Lobios. As súas altitudes varían entre os 900 e 1.107 m.

    VER O DETALLE DO TERMO