"Sarmiento" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 27.

  • PERSOEIRO

    Profesor, poeta e xornalista. Exerceu a docencia en Galicia e Madrid. Colaborou nas publicacións Vida gallega, Resol e Nós e nos xornais La Region, Galicia, El Heraldo de Galicia e Faro de Vigo. Aproveitou para mostrar neles a súa produción poética que, anos máis tarde, dará lugar á publicación da obra Fírgoas (1933). Entre 1930 e 1936 colabora no xornal El Momento e nas publicacións Escuela del Trabajo e ATEO, onde mostra o seu compromiso galeguista coa educación e coa pedagoxía. Os seus ideais republicanos e galeguistas fixeron que trala Guerra Civil Española fose expulsado do sistema público de ensino, pasando a traballar no ensino privado en Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou o filósofo aragonés (Pedrola, Aragón 1525 - Zaragoza 1581) Nobre e erudito. Conde de Ribagorza, duque de Luna e de Vilafermosa, casado con Luísa de Borja e de Aragón (1541). Foi educado en Santiago de Compostela e na corte como meniño da Emperatriz Isabel e do Príncipe Filipe, a quen acompañou a Flandres, onde tomou parte na Batalla de San Quintín (1557). Escribiu: Memorias Históricas de los Condes de Aragón, Historias de los reyes, condes y obispos de Ribagorza, Gistau, Pallás..., Vida del conde de Luna don Lope y de su hermano el arzobispo e Diálogos de medallas antiguas y de otros monumentos raros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca organizada a partir da biblioteca do Seminario de Estudos Galegos e das doazóns realizadas por Arias Sanjurjo, Varela Limia, Paulino Pedret Casado e Felipe Cordero Canete, que adquiriran a biblioteca de Antonio Couceiro Freijomil, Salvador Cabeza de León e Fernando Alsina. Está formada fundamentalmente por libros de temática galega que sobrepasan os 7.000 volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter relixioso aparecida en Santiago de Compostela no último cuarto do século XX. Contaba con diversas colaboracións como a de Xosé González Paz, quen publicou un traballo titulado “Apuntes heráldicos de canónigos orensanos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Formado en Santiago de Compostela, exerceu coenxías en Salamanca e Mondoñedo e foi elixido membro do consello do Rei. Posteriormente marchou a Perú onde foi bispo de Guamanga e despois de Quito. Nomeado vicerrei de Perú e arcebispo de Santa Fe, renunciou a ambos os dous cargos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrado. Aos catro meses do seu nacemento, a súa familia trasladouse a Pontevedra e alí residiu ata os quince anos. Dos seus primeiros estudios e formación non se sabe nada con certeza; pode ser que entre 1705 e 1709 seguise o ciclo de humanidades no colexio pontevedrés dos xesuítas, como formación previa para acceder aos estudios universitarios que estes ofrecían. En 1710 ingresou no mosteiro bieito de San Martín de Madrid, onde profesou o 24 de maio de 1711 e, en outubro dese mesmo ano, trasladouse ao mosteiro-universidade de Irache (Navarra) para realizar os estudios universitarios de Artes ou Filosofía. En 1714 regresou ao mosteiro de San Martín e entregouse por completo ao estudio, á escritura e á copia de moitos pregos da súa biblioteca. En outubro marchou ao mosteiro de San Vicente en Salamanca para iniciar os estudios de teoloxía na Universidad de Salamanca, no rexistro da cal xa consta como Martín Sarmiento. Á fin deste ano foi enviado ao mosteiro de Eslonza (León) como profesor...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor nicaraguano. Coñecido polo pseudónimo Rubén Darío, exerceu o xornalismo e a carreira diplomática. Colaborador en distintos xornais, foi correspondente de La Nación en España. En París estivo en contacto con parnasianos e simbolistas. Inspirador e pontífice da revolución modernista, a súa obra caracterízase pola riqueza verbal, a musicalidade, o predominio das imaxes exóticas, o enriquecemento da métrica, e pola calidade e cantidade das súas invencións formais. Autor de poemas e obras en prosa, da súa obra destaca Azul (1888), Prosas profanas (1896), Los raros (1896), Peregrinaciones (1901), Tierras solares (1904), Cantos de vida y esperanza (1905), Canto errante (1907), Poema de otoño (1910) e Canto a la Argentina (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina, que forma parte da aglomeración do Gran Bos Aires (646.891 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade cultural constituída formalmente en 1944, aínda que se acordou a súa creación en 1943, en Santiago de Compostela. Adscrito ao Centro Superior de Investigaciones Científicas, naceu baixo o Franquismo en substitución do Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) e recolleu parte dos seus fondos, espoliados e depositados na Universidade de Santiago de Compostela. Desde a súa fundación acolleuse á patrocinio e maxisterio de frei Martín Sarmiento. Tivo a súa primeira sede na rúa Nova e en 1946 trasladouse á antiga librería do Colexio Fonseca para, posteriormente, instalarse no Hospital de San Roque. O seu primeiro director foi Francisco Javier Sánchez Cantón e desde 1994 diríxeo Eduardo Pardo de Guevara y Valdés. No momento da súa creación estaba constituído en dez seccións: Xeografía, Prehistoria, Historia, Arqueoloxía, Arte, Filoloxía, Literatura, Etnografía e Folclore, Estudios compostelanos e Peregrinacións, e Bibliografía e Publicacións. Despois de diversas modificacións organízase...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedro Joseph García Balboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, VII marqués de Valladares. Foi elixido deputado polo Reino de Galicia (1820-1821) e pola provincia de Ourense (1834-1836), cargo desde onde defendeu a capitalidade de Vigo. Senador pola provincia de Lugo (1840-1841) e por designación real (1846-1847), foi gobernador e presidente da Deputación Provincial de Pontevedra (1836) e alcalde de Vigo (1843-1844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Especialista en rehabilitación de lesións medulares, foi xefe do departamento de rehabilitación do Hospital Nacional de Parapléjicos e colaborou como experto médico no Laboratorio de Inteligencia Artificial da facultade superior de Informática da Universidad Politécnica de Madrid. Recibiu o primeiro Premio do Inserso de Ayudas para discapacitados (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Dedicado ao xornalismo, colaborou nas publicacións da época e defendeu as súas ideas liberais desde as páxinas de La Voz de Galicia, El Telegrama e a revista Galicia. Da súa produción destacan Historia de la escritura (1886), El regionalismo y la obcecación (1887), Documentos inéditos de la Villa del Caramiñal (1888), Antigüedades de Noya (1888), En las orillas del Esla (1895), Costanza (1895) e La cruz de la espada (1898). Recibiu diversos premios e foi membro honorario de moitas colectividades. Foi condecorado coa Cruz Roja de primera clase del Mérito Militar e foi nomeado cabaleiro da Orden de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano. Foi ministro provincial no convento de San Juan Bautista de la Ribera, en València (1663-1666) e fundou os conventos de San Antonio de Pego e Nuestra Señora de Albacete. Escribiu Oración panegírica del beato Pascual Baylón (1668) e Doce pares de sagrados panegíricos y evangélicas oraciones, dedicados al Cordero Eucarístico y Dios Sacramentado (1681).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, trece besantes de ouro, colocados en tres paus de catro, cinco e catro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista anual publicada pola Universidade de Vigo a partir de 1997. Subtitulouse “Anuario Galego de Historia da Educación”. Inclúe ensaios e traballos sobre a pedagoxía e a historia da educación, con particular atención a Galicia. O seu consello editor está conformado polos profesores universitarios galegos con docencia no campo da educación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciado en Dereito pola Universidad de Oviedo, especializouse en xornalismo deportivo e desenvolveu boa parte da súa traxectoria profesional en Asturias, nos xornais Región, La Voz de Asturias ou La Nueva España. Colaborador de publicacións como El Noticiero Universal, La Voz de Galicia, La Voz de Madrid e Marca, e do espazo radiofónico Cabalgata Fin de Semana, foi redactor xefe de Informaciones (1965) e un dos fundadores e redactor xefe de AS (1967), do que foi subdirector (1975) ata a súa xubilación (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Nobre, primeiro conde de Gondomar, fillo de García Sarmiento de Soutomaior. Foi gobernador de Baiona, cabaleiro da orde de Calatrava (1593), corrixidor de Toro (1597), contador maior do reino (1600), corrixidor de Valladolid (1602-1605), membro do Consello de Portugal (1609), embaixador en Londres (1613-1617 e 1620-1622), conselleiro de Estado (1623) e gobernador e capitán xeneral do Reino de Galicia (1625). En 1623 obtivo a recuperación do voto en Cortes do Reino de Galicia. Humanista, bibliófilo e mecenas, restaurou e ampliou a torre e o pazo de Gondomar e protexeu os irmáns García de Nodal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante, historiador e cosmógrafo. Explorou con Álvaro de Mendoña o Pacífico Sur (1567-1569) e descubriu as illas Salomón. Explorou o estreito de Magallanes (1579) e en 1584 fundou as cidades de Nombre de Jesús e Rey Don Felipe. Foi o primeiro que empregou a distancia angular do Sol á Lúa para determinar a latitude no mar. Como cartógrafo, sinalou a situación de Australia e determinou as correntes do Pacífico sur. Escribiu, entre outras obras, Relación y derrotero al estrecho de Magallanes e Historia Indica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Profesou no convento beneditino de Samos, onde foi abade e xeneral da orde (1721), ademais de bispo de Jaca (1728) e Mondoñedo (1728-1751). Foi o primeiro en realizar a ofrenda ao apóstolo Santiago con Oración panegírica que en la solemme oferta que en nombre del serenísimo Príncipe de Asturias nuestro señor, tributó y dijo en su templo al Apóstol Santiago el Mayor... (1734). Escribiu tamén Manifesto canónico, legal y apologético... (1742).

    VER O DETALLE DO TERMO