"Sedan" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Automóbil, de dúas ou catro portas, con carrocería totalmente pechada por un teito ríxido.
-
CIDADES
Cidade situada no departamento de Ardenas, Champagne-Ardenas, Francia (20.548 h [1999]). Situada na beira dereita do río Mosa, é un tradicional centro téxtil de la. Durante a Guerra Franco-prusiana, foi escenario da Batalla de Sedan (1870), entre as tropas prusianas do xeneral Moltke e o exército francés do xeneral Mac Mahon. A derrota francesa e o aprisionamento de Napoleón III significou a fin do Segundo Imperio e a proclamación da Terceira República Francesa (4 de setembro).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Traballou en Italia e Mallorca, onde pintou, con Pere Terrencs, a táboa de San Sebastián (1488). Fixo retablos en Montenegro de Cameros e nos Balbases, e colaborou no retablo maior da catedral de Burgos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
sedativo.
-
Aplícase á substancia que diminúe a sensación de dor ou a excitación do sistema nervioso central.
-