"Sind" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 167.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade irregular aparecida en Vigo en febreiro de 1984 e subtitulada “Boletín informativo de UGT Galicia”. Foi dirixida por Rubén Lobariñas Martínez. Atravesou dúas etapas, pois a partir de 1992 trasladou a súa redacción a Santiago e o seu director é Xoán Fontenla Fernández. Tamén na segunda, ademais do director, apareceron como redactores Enrique Teixeiro, Manuel Couce e Emilio Uriz, entre outros. Contiña as seccións: Editorial, Opinión, Entrevista, Actualidad, La Coruña, Ferrol, Pontevedra e Orense. Introducíanse nela novas sobre a reconversión industrial, negociacións de convenios colectivos, mercado de traballo e fomento do emprego, cooperativismo e estatuto dos traballadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario obreiro de significación anarcosindicalista, editado na cidade do Ferrol en 1913.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de virilismo de orixe corticosuprarrenal que aparece na muller e que se caracteriza por diabete pancreática e hirsutismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión incompleta entre os extremos das metades dun cromosoma durante a meiose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno que presenta unha miotonía pupilar, unilateral ou bilateral, con reaccións á luz e á acomodación moi lentas, que a miúdo parecen abolidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección   caracterizada por obesidade feminoide, hipogonadismo e déficit de hormona gonadotropina por disfunción hipotalámica ou hipofítica. Tamén se coñece como síndrome de Fröhlich.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade conxénita que comporta displasia ósea fibrosa xeralmente poliostótica, pigmentación da pel con zonas de melanina dispersas e puberdade precoz nas rapazas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doenza hereditaria recesiva e exclusiva do sexo masculino, caracterizada pola aparición, nos primeiros días de vida, dunha púrpura trombocitopénica; no terceiro mes engádese un eccema e finalmente aparece hipogammaglobulinemia. Chámase tamén síndrome de Wiscott-Aldrich.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión, nun alopoliploide, entre dotacións cromosómicas procedentes de diferente proxenitor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dexeneración pigmentaria da retina asociada á obesidade, diabete, xordeira ou displasia xenital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que atribúe aos sindicatos un papel fundamental na reivindicación laboral obreira e na loita pola consecución da revolución social. A fusión do pensamento bakuninista e a acción societaria por medio dos sindicatos obreiros creou un primeiro movemento anarcosindicalista, especialmente forte na Península Ibérica. Pero foi coa CGT francesa (1895) cando deu un gran salto e perfilou as características esenciais da súa doutrina: apoliticismo, acción directa e folga xeral para conseguir a instauración dunha sociedade sen clases. O anarcosindicalismo tomou parte das ideas de Marx, no que se refire á loita de clases e á organización independiente do proletariado, pero rexeitaba a creación dun partido político obreiro; do anarquismo, recolleu a negación da acción parlamentaria; de Georges Sorel, a teoría da folga xeral e a negativa a considerar a folga xeral como unha simple abstención do traballo ou como manifestación de masas. Estes principios foron recollidos na carta de Amiens (1906),...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao anarcosindicalismo.

    2. Partidario do anarcosindicalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ausencia total ou parcial de homoloxía cromosómica en híbridos interespecíficos, xa que os seus xenomas son distintos.

    2. Trastorno psíquico consistente na incapacidade de conectar pensamentos illados nun todo coherente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que usa o asíndeton.

    2. Non unido por conxunción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Supresión das cópulas ou dos elementos de unión que poderían ser nexo ou semellante entre dous ou máis termos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de cromosomas bivalentes na meiose por emparellamento de homólogos. Acostuma producirse nos individuos alopoliploides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, xurista, educador e sociólogo. De tendencia liberal e crítico coa Restauración, en 1873 incorporouse ao partido republicano progresista de Ruiz Zorrilla. Expulsado da cátedra de Dereito Comparado en 1876, foi cofundador da Institución Libre de Enseñanza, que máis tarde dirixiría. Foi deputado de 1886 a 1916, e presidiu a conxunción republicano-socialista (1909). Nos últimos anos da súa vida pasou ao partido reformista de Melquíades Álvarez. Presidiu o Instituto de Reformas Sociais desde 1903. De entre as súas obras destaca El régimen parlamentario en la práctica (1885). É un dos fundadores da Socioloxía española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome observada en certos casos de lesións bulbares unilaterais e caracterizada por trastornos cerebelosos e simpáticos no lado da lesión, e hemiplexía e hemianestesia, no lado oposto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome observada en certos casos de lesións bulbares unilaterais e caracterizada por trastornos cerebelosos e simpáticos no lado da lesión, e hemiplexía e hemianestesia, no lado oposto.

    VER O DETALLE DO TERMO