"Siracusa" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Siracusa 409? a C - 354 a C) Tirano de Siracusa (357-354 a C). Discípulo de Platón, contou coa confianza de Dionisio I o Vello, pero foi desterrado ao Peloponeso por Dionisio II o Novo, quen estableceu un réxime autocrático. Regresou, e coa axuda de mercenarios gregos ocupou Siracusa (357 a C) e destronou a Dionisio II o Novo. Tropezou coa hostilidade dos poderosos e do pobo a causa dos impostos. Morreu asasinado por Calipo, xefe do partido popular.
-
PERSOEIRO
Tirano de Siracusa (405 a C-367 a C). Coñecido como Dionisio o Vello, foi membro do estado maior nunha campaña contra os cartaxineses e, nomeado xeneral, estableceu a tiranía. Gobernou de xeito autocrático e centralista, liberou a numerosos escravos e reorganizou o exército e a flota. Impulsou as obras urbanas e de fortificación da cidade. Integrou no seu exército a mercenarios de diversas orixes (galos, cámpanos e iberos) e derrotou os cartaxineses no 397 a C e no 393 a C. Conquistou e destruíu as cidades gregas da Liga Italiota, agás Tarento, e fundou colonias no Adriático. Derrotado polos cartaxineses no 370 a C, perdeu boa parte dos seus territorios. Protexeu tamén a vida cultural e escribiu traxedias. Probablemente morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tirano de Siracusa, fillo de Dionisio I o Vello. Coñecido como Dioniso o Novo, deixou o goberno en mans do seu cuñado Dión de Siracusa, pero máis tarde enfrontouse con el e obrigouno a exiliarse (360 a C). Dión conquistou Siracusa (357 a C) pero foi asasinado e Dionisio recuperou o poder ata que foi destronado por Timoleón, que tiña a axuda das cidades gregas de Sicilia. Retirouse a Corinto. Escribiu poemas e obras filosóficas e foi un mecenas das artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tirano de Siracusa. Aliouse con Cartago durante a Primeira Guerra Púnica, pero trala súa derrota polos romanos asinou unha paz vantaxosa (264 a C). Durante o seu goberno, Siracusa acadou unha grande prosperidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Siracusa 283? - 304?) Virxe e mártir. De culto moi antigo, o relato da súa paixón di que foi martirizada (304) durante a persecución do Emperador Diocleciano. As súas reliquias, veneradas primeiro en Siracusa, foron trasladadas a Constantinopla e Venecia. Avogosa da vista, ela mesma arrincara os ollos por amor a Cristo ou para mandarllos ao seu prometido, era venerada polas costureiras e aprendizas. Na iconografía represéntase como unha bela moza que viste elegantes roupas e que leva como atributos a palma do martirio nunha man e na outra un prato con dous ollos. Santa Lucía é patroa dos concellos de Cenlle, Larouco, Meaño, Moraña, Pontedeva e é titular de catro parroquias: A Alence (As Nogais), Guntín (Monforte de Lemos), Rairo (Ourense), Rairos (Ribas de Sil) e Vilaboa (A Veiga). A súa festividade celébrase o 13 de decembro, agás en Dumbría onde a celebran o 20 de maio.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima situada na illa de Sicilia, Italia (121.000 h [2001]). Fundada segundo a tradición por colonos corintios, adquiriu unha grande importancia comercial e comezou a fundar colonias no interior de Sicilia. Gobernada durante o s VI a C por unha aristocracia, a comezos do s V a C foi conquistada por Xelón e, á súa morte, o seu irmán Hierón loitou contra Catania, derrotou os etruscos en Cumas e obtivo o dominio comercial do Baixo Tirreno; ademais acolleu na súa corte aos máis grandes poetas do seu tempo: Simónides, Baquílides, Píndaro e Esquilo. Caída a tiranía dos Dinoménidas, a cidade foi gobernada por un réxime democrático ata que entrou en conflito con Atenas, que rematou (413 a C) cunha gran vitoria siracusana. Baixo o goberno de Dionisio I, a cidade viviu o seu período máis esplendoroso. Conquistada polos romanos, gozou dunha situación de privilexio no conxunto da provincia de Sicilia. Ocupada polos vándalos, foi conquistada polos bizantinos (535) e sometida...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Sicilia, Italia (2.109 km2; 391.515 h [2001]). A súa capital é Siracusa.
-
-
Relativo ou pertencente a Siracusa.
-
Natural ou habitante de Siracusa.
-