"Siro" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
FILOSOFOS
Filósofo grego. Mestre de Pitágoras, foi o primeiro en afirmar que as almas eran eternas e consecuentemente sobrevivían aos corpos. Foi autor dunha teogonía coñecida como A caverna dos sete abismos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e artista. Iniciouse como debuxante en 1970 na revista Chan, coas ilustracións Os nenos de Siro. Colaborou en Ferrol Diario e publicou en El Ideal Gallego o primeiro curso de idioma galego en prensa O tío de Xurxo. En La Región creou o espazo Con esta lupa, xunto con Carlos Casares, onde analizaba cuestións de política internacional en galego. En 1978 publicou na revista Grial os relatos titulados 20 entullo. En 1985 comezou a colaborar con La Voz de Galicia, xornal no que dirixiu o suplemento de humor Xatentendo.com. Publicou os álbumes Humor 71, Probes homes (1975), Os pecados capitais (1977), Homes e mulleres (1980) e Siro 30 anos despois (2000). Tamén publicou os libros Como debuxar caricaturas (1991), Castelao humorista (1996) e Celestino Fernández de la Vega (2002). Foi galardoado co Premio Merlín (1980),...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Siro López Lorenzo.
-
PERSOEIRO
Bispo. Discípulo de san Pedro ou de san Hermágoras de Aquileia, foi o primeiro bispo de Pavia. Segundo a lenda, tivo un papel importante na multiplicación dos pans que fixo Xesús. Represéntase con vestiduras episcopais e leva como atributo persoal un pan na man. A súa festividade celébrase o 9 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede da forma seiros ‘queimante’, que alude á calor. Era xa en tempos dos romanos nome dunha brillantísima estrela da constelación do Can maior, que se consideraba orixe das fortes calores entre o 18 e o 26 de xullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ento do S quente, seco e cargado de po que sopra desde os desertos do N de África en primavera e verán. Desprázase sobre o Mediterráneo ao tempo que se carga de humidade na parte frontal dunha baixa presión que se aproxima cara ao L. Ao chegar ás costas europeas, sobre todo as de Malta, Sicilia e Italia, producen unhas condicións climáticas húmidas.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Lousame, no concello homónimo. O seu cumio acada os 531 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa das Cícladas, Grecia, situada no Mar Exeo (85 km2; 20.000 h [1980]). A súa capital é Hermoúpolis (13.030 h [1991]). A actividade principal é a pesca. A capital, que tamén é do nomós e arquipélago das Cícladas, constitúe un importante centro comercial e marítimo do Exeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MACIZO
Macizo paleozoico situado en Marrocos (3.404 m), cun volcán do Terciario, que une o Grande Atlas co Pequeno Atlas.
VER O DETALLE DO TERMO