"Sober" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • Causar soberbia, enorgullecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de aluminio e berilio, de fórmula B6Al2O4. Cristaliza no sistema rómbico e ten unha estrutura idéntica á da olivina. É dunha cor amarela verdosa. A súa dureza é de 8,5 e presenta unha densidade de 3,75. As variedades puras constitúen pedras preciosas, coma a alexandrita e o ollo de gato. Tamén recibe o nome de aluminato de berilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar a soberbia a alguén.

    2. Perder alguén a soberbia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de ensoberbecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén se volva soberbio.

    2. Adoptar unha actitude de soberbia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tornarse soberbio e orgulloso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Terra de Lemos, situado no centro da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 27’ 10” de latitude N e 7° 35’ 10” de lonxitude O. Limita ao N con Pantón e Monforte de Lemos (ambos os dous na comarca de Terra de Lemos), ao L con Monforte de Lemos, ao S con Castro Caldelas, A Teixeira e Parada de Sil (os tres na comarca de Terra de Caldelas) e Nogueira de Ramuín (comarca de Ourense), e ao O con Pantón (comarca de Terra de Lemos). Abrangue unha superficie de 133,3 km 2 cunha poboación de 2.836 h (2007), distribuída nas parroquias de Amandi, Anllo, Arroxo, Barantes, Bolmente, Brosmos, Bulso, Canaval, Doade, Figueiroá, Gundivós, Liñarán, Lobios, Millán, Neiras, Pinol, Proendos, Refoxo, Rosende, San Martiño de Anllo, Santiorxo e Vilaescura. A súa capital está no lugar de Sober, na parroquia de Arroxo, a 139 km de Santiago de Compostela e a 77 km de Lugo. Está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Monforte de Lemos.
    Xeografía física...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de soberano, de quen ten a autoridade suprema.

    2. Calidade do poder político dun estado ou dun organismo que non está sometido a ningún poder. Segundo a antiga concepción teocrática a soberanía residía en Deus, que a recibían os gobernantes por delegación. Jean Bodin expresou a formulación clásica en que se fundamentou o concepto de monarquía absoluta, segundo o que o monarca tiña o poder supremo sobre todos os súbditos e tiña como única limitación as leis de Deus e da natureza. J. J. Rousseau formulou a idea da soberanía popular, que reside no pobo, que é posta en práctica polos gobernantes e que implica a existencia do sufraxio universal. E. J. Sieyès afirmou que a soberanía residía na nación, considerándoa como unha entidade real, diferenciada dos individuos que a integran, e representada por un parlamento elixido por sufraxio censatario.

    3. Poder político que reside no pobo e que exercen por medio dos seus órganos constitucionais máis representativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen ten a autoridade suprema ou soberanía dentro dun estado.

    2. Aplícase ao estado ou ao organismo cun goberno que non está sometido ao control doutro goberno ou doutro organismo.

    3. Que está por riba dos demais.

    4. Moi grande.

    5. Moeda de ouro inglesa emitida en 1489 por Enrique VII, dun peso de 15,55 gramos e dun valor de vinte xilíns. Con variacións de peso e valor, foi utilizada ata 1663, data en que foi substituída pola guinea. Entre 1816 e 1971 pasou a ser novamente a unidade monetaria do novo sistema de patrón ouro, coñecida como libra esterlina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade e actitude de quen se cre superior aos demais, chegando a menosprezalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen actúa con soberbia.

    2. Que manifesta esa actitude.

    3. Moi bo, de moi boas calidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lacio s VI a C - Cumes s VI a C) Derradeiro rei de Roma (534-510 a C), fillo ou sobriño de Tarquinio Prisco. Conseguiu o reino ao morrer Servio Tulio. Perseguiu os senadores, oprimiu o pobo e afirmou a hexemonía de Roma sobre os outros pobos do Lacio.

    VER O DETALLE DO TERMO