soberanía
(
-
s
f
Calidade de soberano, de quen ten a autoridade suprema.
-
s
f
[DER/POLÍT/HIST]
Calidade do poder político dun estado ou dun organismo que non está sometido a ningún poder. Segundo a antiga concepción teocrática a soberanía residía en Deus, que a recibían os gobernantes por delegación. Jean Bodin expresou a formulación clásica en que se fundamentou o concepto de monarquía absoluta, segundo o que o monarca tiña o poder supremo sobre todos os súbditos e tiña como única limitación as leis de Deus e da natureza. J. J. Rousseau formulou a idea da soberanía popular, que reside no pobo, que é posta en práctica polos gobernantes e que implica a existencia do sufraxio universal. E. J. Sieyès afirmou que a soberanía residía na nación, considerándoa como unha entidade real, diferenciada dos individuos que a integran, e representada por un parlamento elixido por sufraxio censatario.
-
s
f
soberanía nacional
[DER/POLÍT/HIST]
Poder político que reside no pobo e que exercen por medio dos seus órganos constitucionais máis representativos.