soberanía

soberanía

(

  1. s f

    Calidade de soberano, de quen ten a autoridade suprema.

  2. s f [DER/POLÍT/HIST]

    Calidade do poder político dun estado ou dun organismo que non está sometido a ningún poder. Segundo a antiga concepción teocrática a soberanía residía en Deus, que a recibían os gobernantes por delegación. Jean Bodin expresou a formulación clásica en que se fundamentou o concepto de monarquía absoluta, segundo o que o monarca tiña o poder supremo sobre todos os súbditos e tiña como única limitación as leis de Deus e da natureza. J. J. Rousseau formulou a idea da soberanía popular, que reside no pobo, que é posta en práctica polos gobernantes e que implica a existencia do sufraxio universal. E. J. Sieyès afirmou que a soberanía residía na nación, considerándoa como unha entidade real, diferenciada dos individuos que a integran, e representada por un parlamento elixido por sufraxio censatario.

  3. s f soberanía nacional [DER/POLÍT/HIST]

    Poder político que reside no pobo e que exercen por medio dos seus órganos constitucionais máis representativos.

Palabras veciñas

Sobejano, Gonzalo | Sobelsohn, Karl | Sober | soberanía | soberano -na | soberbia | soberbio -bia