soberano -na
soberano -na
(< lat v *superānu)
-
adx e s
Que ou quen ten a autoridade suprema ou soberanía dentro dun estado.
-
adx
Aplícase ao estado ou ao organismo cun goberno que non está sometido ao control doutro goberno ou doutro organismo.
Confrontacións: independente. -
adx
Que está por riba dos demais.
-
adx
Moi grande.
-
s
m
[NUMIS]
Moeda de ouro inglesa emitida en 1489 por Enrique VII, dun peso de 15,55 gramos e dun valor de vinte xilíns. Con variacións de peso e valor, foi utilizada ata 1663, data en que foi substituída pola guinea. Entre 1816 e 1971 pasou a ser novamente a unidade monetaria do novo sistema de patrón ouro, coñecida como libra esterlina.