soberano -na

soberano -na

(< lat v *superānu)

  1. adx e s

    Que ou quen ten a autoridade suprema ou soberanía dentro dun estado.

  2. adx

    Aplícase ao estado ou ao organismo cun goberno que non está sometido ao control doutro goberno ou doutro organismo.

    Confrontacións: independente.
  3. adx

    Que está por riba dos demais.

  4. adx

    Moi grande.

  5. s m [NUMIS]

    Moeda de ouro inglesa emitida en 1489 por Enrique VII, dun peso de 15,55 gramos e dun valor de vinte xilíns. Con variacións de peso e valor, foi utilizada ata 1663, data en que foi substituída pola guinea. Entre 1816 e 1971 pasou a ser novamente a unidade monetaria do novo sistema de patrón ouro, coñecida como libra esterlina.

Palabras veciñas

Sobelsohn, Karl | Sober | soberanía | soberano -na | soberbia | soberbio -bia | soberbioso -sa