"Soria" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 24.

    1. Oficio de asesor.

    2. Estipendio que percibe o asesor.

    3. Oficina dedicada ao asesoramento nun campo especializado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Nápoles, na Campania, Italia, situada a 6 km ao N da capital (84.113 h [1996]). Tradicional centro agrícola, converteuse nun núcleo de industria diversificada, acompañado da expansión das áreas residenciais obreiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ministerio ou exercicio de defensor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cartas que dan os prelados aos seus súbditos para que poidan ir recibir dun bispo estraño as sagradas ordes.

    2. Cartas de secularización dos membros de ordes relixiosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Liña ou elemento que serve para dividir ou separar.

    2. Liña de accidentes do relevo que constitúe a separación de dúas concas hidrográficas contiguas, e a partir da que diverxen as augas procedentes de precipitación. Coincide coa liña de cumios dunha cordilleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución cultural sen ánimo de lucro, con sede en Soria, creada en 1989 pola iniciativa e baixo a presidencia de honra da infanta Margarida de Borbón e de Carlos Zurita, duques de Soria. O seu obxectivo principal é a colaboración co mundo hispánico internacional e coa universidade no estudo e na difusión da cultura española, con especial referencia á lingua, mediante a organización de actividades académicas complementarias das programadas polas universidades. Apoia as institucions, como a Real Academia Española, o Instituto Cervantes ou a Asociación Internacional de Hispanistas. Na Comunidade Autónoma de Castela e León colaborou coas principais institucións de Soria, Salamanca e Valladolid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e realizador de cine. Os seus guións baseábanse en temas relixiosos e políticos. O director dalgunhas destas películas foi Rafael Gil, como Balarrasa (1950) ou La Señora de Fátima (1951). A primeira película que dirixiu foi El hombre de la isla (1959). Na mesma liña dirixiu Dulcinea (1962), El golfo (1970), La lozana andaluza (1976), Esperando a papá (1980) ou Montoyas e Tarantos (1989), ademais das series de televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se fai ou ocorre sen a intervención dos sentidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, autor e director teatral. En 1946 debutou no teatro profesional na compañía de Alejandro Ulloa, e pouco despois no cine co filme Mariona Rebull (1947). En 1977 foi nomeado director do Centro Dramático Nacional, e a mediados da década de 1980 fundou a Compañía Nacional de Teatro Clásico. Foi director do Instituto de las Artes Escénicas y la Música (INAEM) do Ministerio de Cultura (1989-1990). Dirixiu obras de autores clásicos e modernos, das que destacan Marat-Sade (1968), Tartufo (1978) e El Misántropo (1997), e tamén de produción propia, como Yo me bajo en la próxima...y usted? (1982) e Tan lejos, tan cerca (1998). Recibiu o Premio Nacional de Interpretación (1960), o Premio Nacional de Teatro (1974), a Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes (1991) e o galardón de honra dos premios Max de teatro (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Paco Martínez Soria, formou unha compañía teatral propia en 1940, especializada en producións cómicas. En 1950 conseguiu ter un teatro propio en Barcelona, o Teatre Talía (desde 1982 Teatro Martínez Soria). Das súas películas destacan La ciudad no es para mí (1965), Abuelo made in Spain (1969), Don erre que erre (1970), El abuelo tiene un plan (1973), Vaya par de gemelos (1977) e La tía de Carlos (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no NL da parroquia de Covelo (Palas de Rei). O seu cumio acada os 554 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complexo heteroxéneo de dermatoses crónicas que presenta aspecto psoriasiforme, liquenoide e máculo-papuloso, moi resistentes ao tratamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cargo de provisor.

      2. Lugar onde exercen as súas funcións o provisor.

    1. Lugar destinado, nos conventos e noutras comunidades, a gardar e distribuír as provisións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade crónica da pel caracterizada pola presenza de lesións eritematosas recubertas de escamas de cor abrancazada. Aínda que o estrés complica os síntomas, é unha enfermidade de causa descoñecida e, habitualmente, de carácter hereditario. Como formas clínicas particulares están a artrite psoriásica, que é semellante á artrite reumatoide, e a dermatite psoriásica exfoliativa, na que toda a pel do corpo está afectada, encarnada e cuberta de escamas finas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao canto litúrxico dos salmos executado alternativamente entre o solista e os fieis, que poden retomar un ou máis versos, como volta, ou unha antífona apropiada.

    2. Libro coral que contén os responsorios de matinas, cos invitatorios e as antífonas dos nocturnos. Antigamente formaba un só libro co antifonario; máis tarde foi desglosado no gradual, o antifonario, o tonarium e o responsorial. Desde o s X ten notación musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente aos órganos dos sentidos.

      2. aparato sensorial

        Conxunto de estruturas que se encargan da recepción, da transmisión e da integración das sensacións (táctiles, visuais ou auditivas).

    1. Análise da palatabilidade dun alimento que é realizada por taxadores expertos ou ben por representantes do consumidor medio. Ten por finalidade comprobar a constancia do aroma, do gusto e da textura do alimento, avaliar os seus ingredientes ou ben estudar a calidade e o posible éxito comercial dun produto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio e capital da provincia de Soria, Castela e León, situado entre o Sistema Ibérico e La Meseta, ás beiras do Duero (35.151 h [2001]). É un centro administrativo e comercial, con industrias alimentarias. Destaca tamén a explotación forestal e as manufacturas da madeira. Antigo poboado celtibero, foi destruída polos romanos. Repoboada por Afonso I de Aragón (1120), pasou á súa morte ao dominio de Afonso VII de Castela e León. Foi escenario de conflitos bélicos durante as guerras de Sucesión (1707) e Independencia. O centro histórico da cidade foi declarado BIC (1993). Destacan a igrexa concatedral de San Pedro (BIC, 1980), a igrexa de San Juan de Duero (BIC, 1882) e o Palacio dos Condes de Gómara (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Catela e León formada por 184 municipios (10.301 km2; 90.717 h [2001]). A súa capital é Soria. Posúe un hábitat concentrado con numerosos núcleos rurais. A densidade de poboación é moi baixa, 9 h/km2, debido a unha intensa emigración que se iniciou a finais do s XIX. Ademais da capital, os municipios máis poboados son Almazán (5.546 h [2001]), Burgo de Osma (4.877 h [2001]), Ólvega (3.292 h [2001]) e San Esteban de Gormaz (3.301 h [2001]). Na súa economía destaca a explotación forestal e a agricultura, co cultivo de cereais e leguminosas. A industria limítase a produtos agropecuarios e forestais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte alemán. Formouse en Madrid e en EE UU, onde foi catedrático na University of Michigan. Publicou numerosos traballos sobre pintura española desde o s XVI a Goya. Destacan The Paintings of Zurbarán (1953), La pintura española del siglo XVI en Sudamérica (1956) e, con G.A. Kubler, Art and Architecture in Spain & Portugal and Their American Dominions 1500-1800 (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Uruguay (9.008 km2; 84.563h [2004]). A súa capital é Mercedes (42.032 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO