"Soutomaior" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conde de Soutomaior (1468-1486), tamén chamado Pedro Madruga xa que, segundo a tradición, acostumaba erguerse cedo. Fillo bastardo de Fernán Yáñez de Soutomaior, a súa nai pertencía á familia Zúñiga da casa de Monterrei. Destinado a ser clérigo, foi excluído de todo dereito sucesorio polo seu pai; grazas ao apoio do seu irmán Alvar Páez de Soutomaior, que era fillo lexítimo, foi nomeado o seu descendente, para acadar o título en 1468, durante a loita Irmandiña. Mentres reinou Enrique IV (1455-1474) beneficiouse do favor e da debilidade da coroa consolidando e incrementando os seus dominios: inicialmente, o castelo de Soutomaior, as casas fortes de Trinidad, Alba, Cotobade e Fornelos, xunto coa posesión en feudo dun total de vinte freguesías en terra do Salnés. Cara ao ano 1467, obtivo de Enrique IV un xuro de herdade de 150.000 maravedís sobre as rendas reais de Pontevedra, Vigo e Redondela, feito que na práctica supuña o control desas vilas. Todas estas circunstancias motivaron...
-
PERSOEIRO
Bispo de Tui (1286-1323), fillo de Álvaro Pérez de Soutomaior. Cóengo da catedral de Tui, elixírono prelado en 1286. Nomeado por Sancho IV notario maior de Andalucía, foi o chanceler da Raíña María de Molina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre, mariscal de Castela, cabaleiro da Banda, señor das fortalezas e das vilas de Rianxo, Lantaño, San Tomé, Portonovo, Vilamaior, Carril e A Insua, e das terras de Posmarcos, Tabeiros, Cela e Sobrán, fillo de Diego Álvarez de Soutomaior. Foi embaixador de Enrique III fronte ao xefe tártaro Timur Leng. Ao seu regreso casou con Mayor de Mendoza, irmá do arcebispo de Santiago. Foi sepultado na capela de San Tomé do mosteiro de San Domingos de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre, mariscal de Castela, e señor das fortalezas e terras de Rianxo, Lantaño, San Tomé, Portonovo, Vilamaior, Carril e A Insua e das terras de Posmarcos, Tabeiros, Cela e Sobrán, fillo de Paio Gómez de Soutomaior. Serviu a Xoán II e en 1445 fíxose cargo da defensa das vilas de Pontevedra e Vilanova de Arousa. En 1451 enfrontouse co arcebispado de Santiago polas rendas da igrexa de Santo Adrián de Vilariño (Cambados). Durante a Guerra de Sucesión pola Coroa de Castela apoiou a Isabel e interveu nos cercos de Pontevedra e Santiago e na toma da Coruña. Foi sepultado, xunto co seu pai, na capela de San Tomé do mosteiro de San Domingos de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Soutomaior baixo a advocación de san Salvador, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Concello da comarca de Vigo, situado na provincia de Pontevedra ao SO da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 15’ de latitude N e 08° 34’ de latitude O. Limita ao N cos concellos de Pontevedra e Ponte Caldelas (comarca de Pontevedra), ao L con Fornelos de Montes (comarca de Vigo), ao S con Pazos de Borbén e Redondela (comarca de Vigo), e finalmente ao O coa enseada de San Simón, no fondo da ría de Vigo. Abrangue unha superficie de 25 km 2 cunha poboación de 6.305 h (2007), distribuída nas parroquias de Arcade e Soutomaior. A súa capital está no lugar do Rial, na parroquia de Soutomaior, situada a 11 km de Pontevedra e a 75 km de Santiago de Compostela. Pertence á diocese de Tui-Vigo e ao partido xudicial de Redondela.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O territorio divídese en dous sectores. Un primeiro, de formas suaves e chairas, pouca altitude e abundante vexetación, que se corresponde co espazo litoral e o val do río Verdugo, e un segundo, máis abrupto, con elevacións... -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega inaugurada por Payo Méndez Sorrez de Soutomaior , asistente de Afonso VIII na Batalla de Las Navas de Tolosa (1212). Despois de varias xeracións pasou a mans de Fernán Yáñez de Soutomaior e, á súa morte (1440), ao seu fillo Alvar Páez de Soutomaior . Morto sen descendencia, a Casa de Soutomaior pasou á súa tía, Mayor de Soutomaior , casada con Rui Sánchez de Moscoso, de quen descenderon os condes de Altamira. Desde 1472, Pedro Alvárez de Soutomaior , Pedro Madruga, herdou todos os bens da casa, que posteriormente pasaron aos seus descendentes ata Fernán Yáñez de Soutomaior e Lima , que desde 1703 inaugurou o ducado de Sotomayor. A liñaxe trae por armas, en campo de prata, tres faixas axadrezadas de ouro e goles, de catro ordes, cargada cada unha dun cinguideiro de sable. Outro trae, en campo de prata, cinco faixas axadrezadas de ouro e goles, de catro ordes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Soutomaior. Datado no s XI, sufriu diversas ampliacións ata o s XV. Componse de dúas torres unidas por un corpo central que leva ao patio de armas e conta cunha torre de homenaxe e un foso sobre a ponte levadiza. Foi propiedade de Pedro Madruga e sufriu o asedio, en numerosas ocasións, durante as Guerras Irmandiñas. Durante o s XIX foi reconstruído por Antonio Aguilar, marqués de la Vega, e recibiu a visita de Afonso XII en tres ocasións. Foi declarado BIC en 1995.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Xornes (Ponteceso). Presenta planta rectangular, con muros de cantaría e cuberta a dúas augas. Destaca a galería, que sobresae do muro. Ten dúas portas enfrontadas que comunican dúas partes da propiedade. O conxunto está rodeado cunha muralla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Arcade (Soutomaior). Ergueuse a finais do s XII, en estilo románico, pero reformouse posteriormente. De factura orixinal, consérvase a portada occidental, cun arco apuntado de transición cara ao estilo gótico e ábsida de planta rectangular, en que sobresae o arco de medio punto e a decoración dos capiteis e dos canzorros.