"Suabia" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filipe I de Xermania.
-
PERSOEIRO
Duque de Suabia (1057-1080), fillo do conde de Rheinfelden. Obtivo o ducado de Suabia da Emperatriz Inés e casou con Matilde (1059), irmá do Emperador Enrique IV, con quen se enfrontou durante a Querela das Investiduras. Non recoñecido polo Papa Gregorio VII como emperador (1077), foi derrotado por Enrique IV en Turinxia (1078) e morreu en combate.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do SO de Alemaña, situada entre Baviera e Baden--Württemberg. Rexión histórica da antiga Xermania que comprendía o que agora é a porción S do land de Baden-Württemberg e o SO do land de Baviera, en Alemaña, o L de Suíza e Alsacia, estivo habitada por pobos prerromanos (s I a C). Os romanos constituíron a provincia de Retia. Ocupada polos alamáns no s III, foi conquistada por Carlos Martel no s VIII. Pipino o Breve creou nela dous condados, que, declarados independentes no s IX, foron sometidos polo Emperador Conrado I (917). En 1079 o Emperador Enrique IV nomeou duque de Suabia ao seu xenro Frederico I de Hohenstaufen. En 1152 o seu neto foi elixido rei de romanos (Federico I) e Suabia permaneceu como posesión dos Hohenstaufen ata 1268. A nobreza local, especialmente os condes de Würtemberg, apropiáronse das terras imperiais e ducais. En 1331 os cabaleiros suabos (ou nobres) fundaron unha liga señorial, a Schleglerbund, que loitou contra a liga das cidades...
VER O DETALLE DO TERMO