"Suecia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 39.

  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia ( 1751-1771), primeiro soberano da dinastía Holstein-Gottorp, que subiu ao trono grazas á intervención rusa. Enfrontouse co Parlamento e interveu na Guerra dos Sete Anos (1756-1763) contra Prusia. No 1756 tentou un golpe de estado que fracasou, aumentando a inestabilidade do país, que será dominado por Rusia e Prusia dende 1764.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1363-1389). Duque de Mecklenburg-Schwerin, fillo do Duque Alberte II. No 1363 derrocou o seu tío Magnus e abrigouno a renunciar a el e o seu fillo Haakon II ao trono sueco no seu favor. Margarida, Raíña de Noruega e viúva de Haakon II, invadiu Suecia e desposuíuno (1389).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora mística sueca de orixe nobre. Fundou unha orde monástica feminina e recibiu o nome da santa irlandesa. Casada con Ulf Gudmarsson (1316), tiveron oito fillos, entre eles santa Caterina de Suecia. Despois dunha famosa peregrinaxe a Compostela, Bríxida e o seu marido decidiron entrar na vida relixiosa. Logo de quedar viúva aos 40 anos entrou nun mosteiro cisterciense, onde tivo visións místicas, descritas no seu libro das Revelacións. Fundou en Vadstena un mosteiro mixto, onde foi abadesa; tiña como insignia cinco pequenas chamas semellando pingas de sangue, símbolo das cinco chagas de Cristo. Todos os venres, en lembranza da paixón de Cristo, deixaba caer na súa man cinco pingas de cera ardente provocando a aparición dunha ferida. Obtivo a aprobación papal da súa orde no 1370 e morreu en Roma despois dunha peregrinación a Terra Santa. É moi venerada en Suecia, onde se converteu na Sibila dos cristiáns. Consíderase patroa dos peregrinos, pois visitou os tres centros principais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rexente (1595) e rei de Suecia (1607-1611). Fillo de Gustavo Vasa, loitou contra o seu sobriño Sexismundo, rei de Polonia e herdeiro ao trono sueco en 1592. Venceuno en Stångelro en 1598, pero non foi coroado ata 1607, debido á oposición da nobreza. Mantivo guerras contra Polonia (1605), Rusia e Dinamarca (1611). Desenvolveu a industria metalúrxica e foi firme defensor do protestantismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1448-1457; 1464-1465 e 1467-1470) e de Noruega (1449-1450), fillo do nobre Knut Thordsson. Participou no levantamento sueco contra a unión escandinava (1434). Rexente de Suecia, aceptou a elección de Cristovo de Baviera, e á súa morte foi elixido rei de Suecia (1448). Unha expedición militar permitiulle coroarse rei de Noruega, pero contra el prevaleceu Cristián de Odenburgo. As súas medidas contra a nobreza e o clero obrigárono a expatriarse dúas veces. Recobrou definitivamente o trono en 1467.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1654-1660). Fillo do conde palatino Xoán Casimiro I de Kleeburg e de Catarina, filla de Carlos IX. Loitou polo trono ao abdicar a súa curmá Cristina en 1654. Proclamouse rei de Polonia despois de declararlle a guerra (1655) e ocupou o leste de Prusia; pero a resistencia dos polacos e o inicio das hostilidades por parte de Rusia (1656) e Dinamarca (1657), dificultaron a súa posición. Non obstante , ocupou Xutlandia e obrigou aos daneses a entregarlle en 1658 as provincias de Skåne e Bohuslän, ao sur da actual Suecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1660-1697), fillo de Carlos X. Durante a súa minoría de idade, o poder estivo controlado pola nobreza ata que en 1672 comezou a gobernar persoalmente. Na guerra contra Brandenburgo e Holanda, foi derrotado en Fehrbellin (1675), e perdeu a Pomerania sueca. Dinamarca invadiu Skåne, pero despois da vitoria de Lund (1676), os suecos rexeitaron o ataque e firmouse o Tratado de Lund en 1679. Desde entón dedicouse á reorganización do exército e das finanzas. A partir de 1682 estableceu un poder de tipo absolutista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1697-1718), fillo de Carlos XI e de Ulrica-Leonor de Dinamarca. O dominio sueco sobre o Báltico provocou un ataque conxunto contra el da alianza de Dinamarca, Rusia e Saxonia-Polonia en 1700. Respondeu ao tripla ataque e obrigou a Federico IV de Dinamarca a firmar a Paz de Trevendal en agosto de 1700; derrotou os rusos en Narva en novembro de 1700, e os saxóns e os polacos á beira do Dvina en xullo de 1701; en 1704 fixo substituír no trono de Polonia a Augusto II por Estanislao Leszczyński; invadiu Saxonia e obrigou a Augusto II a firmar a Paz de Altranstädt (1706). Volveuse entón contra o tsar, que invadira os territorios suecos do Báltico oriental, e fracasou no intento de chegar a Moscova e, en alianza cos cosacos, foi derrotado e ferido en Poltava en xuño de 1709. Refuxiouse en Turquía, onde foi retido durante cinco anos, ata que fuxiu en 1714. Durante a súa ausencia, a situación interior e exterior de Suecia empeorou: o país perdeu o 30% da poboación masculina,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1809-1818) e de Noruega (1814-1818). Irmán menor de Gustavo III, loitou polo trono ao ser derrotado o seu sobriño Gustavo IV. Asinou a paz con Rusia en 1809 e con Napoleón en 1810. Sen descendencia, en 1810 adoptou como sucesor o mariscal francés Jean Bernadotte. A través da Paz de Kiel (1814), Dinamarca tivo que ceder Noruega a Suecia, e o Parlamento noruegués recoñeceu a Carlos como rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Carlos Xoán (Pau 1763 - Estocolmo 1844) Mariscal de Francia e posteriormente rei de Suecia e de Noruega (1818-1844). De nome Jean Baptiste Bernadotte, ingresou no exército francés en 1780 e foi nomeado xeneral de brigada en 1794. En 1797 colaborou con Napoleón Bonaparte na campaña de Italia e en 1798 casou con Désirée Clary, converténdose en cuñado de Xosé Bonaparte. En 1804 Napoleón nomeouno mariscal e pasou a ser gobernador de Hannover. Destacou en Austerlitz (1805) e foi nomeado príncipe de Pontecorvo en 1806. En 1807 integrou no seu exército diversos corpos militares que estiveran destinados en Galicia. Durante a cuarta coalición obtivo vitorias sobre os rusos e os prusianos, e participou na ofensiva contra Suecia por causa do derrocamento de Gustavo IV. En 1810 foi elixido príncipe real de Suecia e herdeiro de Carlos XIII. Axiña controlou o goberno e exerceu a rexencia. En 1813 aliouse con Rusia, con Gran Bretaña e con Prusia, e entrou na sexta coalición contra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia e de Noruega (1859-1872), fillo de Óscar I, a quen sucedeu. En 1865 outorgoulle ao país un réxime constitucional cun Parlamento composto de dúas cámaras electivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1973), fillo do príncipe Gustavo Adolfo e de Sibila de Saxonia-Coburg-Gotha. Sucedeu o seu avó Gustavo VI Adolfo o 15 de setembro de 1973. No ano 1976 casou con Silvia Sommerlath, coa que tivo tres fillos: Victoria, Carlos Filipe e Madalena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Suecia (1632-1654), filla de Gustavo Adolfo II. Sucedeu ao seu pai baixo a tutela do chanceler Axel Oxenstierna. Coroada en 1650, converteu o seu país na primeira potencia báltica. Non obstante , a desorde administrativa, o luxo e as súas tendencias católicas, enfrontárona aos protestantes e obrigárona a abdicar no 1654 en favor do seu curmán Carlos X Gustavo. Convertida ao catolicismo, viaxou por Europa e estableceuse en Roma, onde protexeu a intelectuais e artistas e fundou unha academia literaria, erixiu un teatro no Palazzo Riario, a súa residencia, e inaugurou o reconstruído Teatro di Tor di Nona en 1671, o primeiro teatro público de ópera da cidade. Non deixou de conspirar para obter diversos tronos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Santo (? - Uppsala 1160) Rei de Suecia (1156-1160). De nome Eric Jedvarsson, fundou a dinastía dos Eric. Introduciu no N de Suecia o cristianismo e iniciou en 1157 unha cruzada en Finlandia co fin de cristianizala. Considerado o fundador da Igrexa finlandesa, morreu no sitio de Uppsala a mans do rei dinamarqués Magnus Eriksson. Trala súa morte converteuse no patrón de Suecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Victorioso (s X) Rei de Suecia (970?-995?). De nome Eric Segersäll, foi o primeiro rei de todo o territorio de Suecia. Venceu os viquingos en Fyrisvallarna (985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1208-1216), fillo do Rei Knut Eriksson. De nome Eric Knutsson, defendeu os seus dereitos dinásticos fronte a Sverken o Novo coa axuda do rei de Dinamarca Valdermar II o Victorioso. Foi o primeiro monarca sueco en ser coroado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1222-1229 e 1234-1250), fillo póstumo do Rei Eric X de Suecia. De nome Eric Eriksson, foi elixido rei en 1222, aínda que coroado o 31 de xullo de 1224. En 1229 usurpoulle o trono ao seu curmán Canuto Lange e exiliouse en Dinamarca. En 1234, trala morte de Canuto, regresou a Suecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1356-1359), fillo do Rei Magnus Eriksson. De nome Eric Magnusson, foi recoñecido como príncipe herdeiro en 1344. O 17 de outubro de 1356 enfrontouse ao seu pai e proclamouse rei de Suecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eric VII de Dinamarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1560-1568), fillo do Rei Gustavo I de Suecia e de Catarina de Saxonia-Lauenburgo. Introdutor do calvinismo en Suecia, reforzou o poder real e ocupou Tallinn (1561). Na Guerra dos Sete Anos (1653-1670) loitou polo control dos estados bálticos contra Dinamarca, Polonia e Lübec. Enfrontouse ao seu irmán Xoán III, casado cunha católica, aínda que acabou renunciando á coroa no seu favor.

    VER O DETALLE DO TERMO