"TWA" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 18.

  • Cantidade de calorías fisioloxicamente dispoñibles a partir dun gramo nos principios inmediatos dos alimentos, tendo en conta as perdas na dixestión e a excreción. Estes factores, que corresponden a 4 para os hidratos de carbono e as proteínas, e a 9 para as graxas, permiten calcular o poder calórico dun alimento a partir da súa composición, xa que non hai máis que multiplicar a proporción de cada principio inmediato polo seu factor correspondente, e en caso de que leve alcohol, engadirlle 7 calorías máis por gramo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Despois do asasinato do seu marido Salomon Bandaranaike (1959), asumiu o liderado político do Partido da Liberdade de Sri Lanka e converteuse en primeira ministra nas eleccións de 1960, cargo no que continuou a liña política do socialismo moderado iniciada por Salomon Bandaranaike. Estivo na oposición entre 1965 e 1970, neste tempo creou a Fronte Unida cos marxistas e con grupos de esquerdas. En 1972 converteu Ceilán na República de Sri Lanka. Nas eleccións de 1977 sufriu unha derrota que a fixo abandonar o goberno e en 1980 foi expulsada do Parlamento e privada dos seus dereitos civís. No ano 1994 converteuse de novo na primeira ministra, antes do acceso á Presidencia da súa filla Chandrika Bandaranaike Kumaratunga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título levado do s V ao IX por determinados soberanos dos reinos de Inglaterra, que significaba ‘dominador de Britania’ e expresaba a hexemonía exercida sobre os outros reis da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resposta do muftí a unha consulta xurídica, carente de forza executiva, que se emite simplemente a título informativo, para aclarar puntos escuros da lei ou para orientar sobre casos novos non previstos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. En 1933 exiliouse a Francia e en 1941 instalouse nos EE UU. Escribiu novelas históricas e sobre temas políticos. Da súa produción destaca Jud Süss (O xudeu Süss, 1926), Erfolg (Éxito, 1930), Die Geschwister Oppenheim (Os irmáns Oppenheim, 1934) e Goya oder der Weg der Erkenntnis (Goya ou o camiño do coñecemento, 1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político checo. Foi membro fundador do Partido Comunista Checoslovaco e o seu secretario xeral desde 1927. Interveu no golpe de Praga, que deu o poder aos comunistas (1948), e converteuse en presidente da República (1948-1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu a cidade de Zlín, República Checa, entre 1945 e 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Friedrich Stowasser.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exército alemán do aire reconstituído por Göring a partir de 1935, seguindo os principios do aviador italiano Douhet. A derrota de Alemaña na Primeira Guerra Mundial e o posterior Tratado de Versailles limitaron o desenvolvemento da súa industria militar e do seu exército, pero a creación da compañía civil de aviación Lufthansa permitiu a preparación dos pilotos e o desenvolvemento técnico dos aparatos. Participou na Guerra Civil Española e o seu emprego, combinado coas forzas terrestres durante a Segunda Guerra Mundial, foi un dos factores que permiten explicar os éxitos iniciais alemáns. En 1939 contaba con catro flotas aéreas: Leste, Noroeste, Oeste e Sueste, compostas por   corpos do exército encargados da defensa antiaérea, organización do personal e do material auxiliar. As forzas armadas de Alemaña conservan esta denominación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Tanzania (16.707 km2; 1.050.000 h [estim 1994]). A súa capital é Mtwara (48.510 h [1978]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diagrama que se utiliza para determinar as condicións dunha combustión óptima a partir dos datos que proporciona unha análise dos fumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Estudou na Universidade de Dorpat. Estableceu a lei de dilución que leva o seu nome (1888), estudou a catálise e desenvolveu unha nova teoría da cor. Como filósofo da ciencia, recórdase pola súa obra Vorlesunge über Naturphilosophie (Leccións sobre filosofía natural, 1902). En 1909 recibiu o Premio Nobel de Química polo seu traballo sobre catálise e as súas investigacións sobre os principios que gobernan o equilibrio químico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo inglés. Actor frustrado, as súas obras buscaban afastarse das formas máis comúns do teatro británico do s XVII. Da súa produción destacan Alcibiades (1675), The Soldier’s Fortune (1680) e Venice Preserved (1682), e as traxedias heroicas Don Carlos, Prince of Spain (1676) e The Orphan (1680).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra de Malawi situada ao SL do distrito de Mulanje. O cumio máis elevado acada os 3.002 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de programas dun ordenador que permiten realizar as funcións que lle indica o usuario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trans World Airlines.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. De nome Samuel Langhorne Clemens, os recordos da súa infancia e os labores en que traballou na zona do Mississippi foron o elemento principal das súas obras. Destacan The Adventures of Tom Sawyer (1876), Huckleberry Finn (1882) e Life on the Mississipi (1883). Caracterizadas polo humor, escribiu tamén The Innocents Abroad (1869), Roughing It (1872), The Prince and the Pauper (1882) e A Connecticut Yankee In King Arthur’s Court (1889). Tras a morte da súa muller entrou nunha etapa pesimista que o levou a escribir Letters from the Earth (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do Transvaal, Suráfrica, formada por un outeiro rochoso de entre 1.500 e 1.800 m de altitude que separa a conca do Orange, que desemboca no Atlántico, da do Limpopo, que desemboca no Índico. Constitúe unha das rexións auríferas máis grandes do mundo, e tamén ten xacementos de uranio, platino e carbón.

    VER O DETALLE DO TERMO