"Tegra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 37.

  • Organismo creado en 1980 por Arxentina, Bolivia, O Brasil, Colombia, Chile, Ecuador, México, Paraguai, Perú, Uruguai e Venezuela en substitución da Asociación Latinoamericana de Libre Comercio (ALALC), co obxectivo de facilitar os intercambios comerciais entre os seus membros. Limítase a fixar cláusulas de comercio preferencial entre os seus asociados e a propoñer medidas tendentes a dinamizar algúns sectores económicos comúns. Non pretende unha auténtica política común, nin económica nin exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema relativo á integración no campo complexo que afirma que para toda función f(z), de variable z complexa, holomorfa nun recinto simplemente conexo D, e para calquera traxectoria pechada C contida en D, se verifica: ?cf(z)dz=0. Este teorema tamén se pode enunciar dicindo que, nas condicións anteriores, a integral de f(z) entre dous puntos de D é independente do camiño da integración elixida, sempre que este camiño estea contido en D. Este teorema dá lugar á teoría da integración por residuos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa fundada en maio de 1990 en Santiago de Compostela e dirixida por César Conde Cid, que se dedica ao sector da comunicación e da publicidade. Como empresa de servicios integrais de comunicación, encárgase da difusión dos produtos de determinadas empresas, á parte doutros traballos relacionados co márketing e coa comunicación institucional. Organiza tamén eventos, estudios de mercado e conta cun servizo de relacións públicas. Entre os seus clientes figuran diversas empresas do sector comercial, da banca e do mundo editorial, ademais de fundacións, museos, teatros e institucións relacionadas coa Xunta de Galicia. Asesoraron no campo da publicidade e da comunicación a Bodegas Martín Codax e realizaron a campaña de comunicación do proxecto Compostela 2000, Capital Cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode desintegrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de desintegrar ou desintegrarse.

      1. Proceso que provoca un cambio na estrutura interna dun núcleo atómico. Pódese producir de forma espontánea ou pode estar provocado pola interacción con partículas ou fragmentos nucleares de alta enerxía; neste caso recibe o nome de reacción nuclear. Distínguense dous tipos principais de desintegracións, as alfa (α) e as beta (β), que se diferencian en que a primeira ten un espectro discreto de enerxía, mentres que na segunda é continuo. Xunto con estes fenómenos prodúcese a miúdo unha radiación electromagnética (γ). Existen na natureza toda unha serie de núcleos radioactivos: os de número atómico superior a 82, que proveñen das desintegracións do uranio 238, do torio 232 e do uranio 235, e teñen unha vida media moi longa; os de número atómico inferior a 82, coma por exemplo o potasio 40; e, finalmente, os que se forman de xeito espontáneo por mor das reaccións nucleares, coma o tritio e o carbono 14. Hai tamén radionúcleos artificiais, coma o cobalto 60 ou o cesio 137. A...

      2. constante radioactiva/de desintegración

        Coeficiente de proporcionalidade que relaciona o número de núcleos que se desintegran por unidade de tempo co número de núcleos presentes naquel instante. As magnitudes derivadas da constante de desintegración son a vida media e o período radiactivo.

      3. desintegración alfa

        Desintegración dun núcleo por emisión dunha partícula alfa.

      4. desintegración beta

        Desintegración dun núcleo por emisión dunha partícula beta ou por captura dun electrón cortical.

      5. desintegración dobre beta

        Desintegración pola que os neutróns dun átomo se transforman en dous protóns e inxectan dous electróns e dous antineutróns.

      6. desintegración non radiactiva

        Desintegración dun átomo ou molécula dun estado excitado a un estado de menor enerxía sen emisión de radiación electromagnética.

    2. Proceso de redución das dimensións dos sólidos como resultado da aplicación de forzas de compresión ou de cortes efectuados nun desintegrador. Esta operación vai ligada sempre á obtención final dunha medida de partícula controlada, e tamén a unha dispersión estatística das dimensións das partículas.

    3. Proceso ou situación de disgregación dos elementos dun sistema social producido por unha carencia de cohesión interna, da organización funcional, ou pola desaparición dos intereses comúns. No caso dun grupo, a desintegración é consecuencia da perda de identificación co grupo por parte dos membros, ou da disolución da estrutura do grupo pola acción de axentes esóxenos ou endóxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de desintegrar ou desintegrarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que desintegra.

    2. Organismo que utiliza como fonte de alimento a materia orgánica, animal ou vexetal, que descompón e mineraliza mediante a produción de enzimas extracelulares. A maior parte dos desintegradores son bacterias e diversos tipos de fungos que constitúen un grao esencial en calquera cadea de alimentación. Nútrense dos restos doutros membros do ecosistema, fan soluble a materia orgánica e fana apta para a acción dos transformadores.

    3. Aparato que se emprega para pulverizar e moer substancias. Segundo a medida do material de alimentación e do produto que se obtén, pódense clasificar en machucadores, trituradores e muíños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou o que desintegra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dividir algo nas súas partes integrantes ou descompoñelo ata quedar reducido ou practicamente destruído.

    2. Dividirse algo nos elementos que o conforman ou descompoñerse ata quedar reducido ou practicamente destruído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción nuclear que provoca unha radiación γ cando incide nun núcleo atómico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Integrais dadas polas expresións

    FORMULA

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode integrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de integrar ou integrarse.

    2. Cálculo dunha integral. Para calcular integrais indefinidas son útiles o método de integración por substitución e o método de integración por partes. Segundo o primeiro, faise x(t), e substitúe este valor á integral. O método de integración por partes baséase na relación ʃ u dv = dv - ʃ v du e redúcese a resolver esta integral. A regra de Barrow proporciona un método xeral para calcular integrais definidas a partir das correspondentes integrais indefinidas. Segundo esta regra, se F(x) é a integral indefinida de f(x), entón ʃ b a f(x) dx = F(b) - F(a). No cálculo de integrais múltiples utilízase o denominado método de integración reiterada, que consiste en integrar sucesivamente a función respecto a cada unha das variables, mantendo constantes as outras. No caso dunha función continua de variable complexa, emprégase o método dos residuos. Entre os outros métodos para calcular integrais definidas destacan...

    3. Actividade realizada na aplicación do dereito que ten por obxecto cubrir as lagoas, defectos ou eivas na regulación, cando é precisa, dun suposto de feito concreto e determinado, mediante o recurso a elementos do mesmo sistema xurídico ou consuetudinario.

    4. Disposición dos diversos compoñentes e dispositivos electrónicos nun circuíto integrado, de xeito que nun espazo moi reducido pode disporse un número moi elevado destes elementos. As diferentes técnicas de fabricación permitiron conseguir diferentes graos de integración, actualmente moi elevados. Distínguese entre integración a pequena escala (SSI), mediana (MSI), grande (LSI) e moi grande (VLSI).

      1. Operacións de fusión e de absorción de empresas.

      2. integración económica

        Proceso polo que varios mercados se unen para crear un só, a través do incremento das súas relacións comerciais e do establecemento de medidas de política económica comúns. De menor a maior pódense distinguir distintos graos de integración: sistema de preferencias aduaneiras, zona de libre comercio, unión aduaneira, mercado común, unión económica e integración total.

      1. Conxunto de relacións que dan a cada individuo a conciencia da súa identificación co grupo e da súa participación dentro do conxunto social cohesionado.

      2. Proceso polo que unha sociedade asimila os elementos heteroxéneos: inmigrantes e marxinados.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de doutrinas ou de actitudes que propugnan calquera tipo de integración social.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao integracionismo.

    2. Partidario do integracionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que integra.

    2. Aparato ou dispositivo, mecánico ou electrónico, que integra ou totaliza o valor dunha magnitude variable lentamente no tempo, como o caudal dun líquido ou unha corrente eléctrica. Os integradores empréganse nos contadores.

    3. Aparato ou dispositivo, mecánico ou electrónico, destinado ao cálculo de integrais. Os mecánicos poden ser intégrafos ou integrómetros. Os integradores electrónicos poden efectuar a integración directamente sobre un sinal analóxico mediante amplificadores operacionais.

    4. Aparato para determinar o fluxo luminoso mediante unha medida única. Consta dunha esfera de Ulbricht asociada a un fotómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que, recorrendo unha curva f(x) a partir dun punto de abscisa a, debuxa a integral, ou sexa, a función F(t) "Stone Sans PhoneticIPA" >ʃ ta f(x) dx

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que comprende todas as partes e todos os elementos.

      2. Aplícase ao método das escolas modernas de filoloxía e de lingüística estrutural que pretende estudar un fenómeno lingüístico dentro do conxunto total do sistema en que este fenómeno se produce.

      1. Relativo ou pertencente á integración.

      2. Resultado da integración dunha función.

      3. Nome do símbolo c utilizado para indicar unha integración.

      4. No sentido máis xeral, forma lineal μ sobre certos espacios vectoriais de funcións, que asigna a cada función f do espazo un escalar μ(f) nomeado integral de f. Distínguense tres tipos fundamentais: a integral de Riemann, a integral de Riemann-Stieltjes e a integral de Lebesgue. A integral de Riemann ten unha interpretación xeométrica sinxela tal como foi definida co fin de calcular áreas e volumes de figuras xeométricas. Se [a,b] é un intervalo pechado da recta real e f é unha función fixada definida en [a,b], determínase a integral de Riemann superior e a integral de Riemann inferior. Se estes dous termos son iguais, dise que a función f é integrable no sentido de Riemann en [a,b], e o seu valor común denomínase integral de Riemann de f en [a,b] e escríbese ∫ b a fdx ou por ∫ t a f(x) dx. Nesta...

      5. integral curvilínea/de liña

        Dada unha curva C parametrizada por r (t) no espacio, e unha función vectorial f definida e fixada sobre a curva C, o valor dado pola integral


        FORMULA


        cando esta existe. Denomínase integral de f ao longo de C.

      6. integral definida

        Integral oposta a integral indefinida.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen integra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formar parte xunto con outros dun conxunto.

    2. Unir nun todo partes diversas.

    3. Incorporar algo ou a alguén a un todo.

    4. Facer que unha persoa se adapte a algo.

      1. Facer unha integración.

      2. Resolver unha ecuación diferencial.

    5. Entrar algo ou alguén a formar parte dun todo ou dun conxunto.

    6. Adaptarse a un grupo asimilándose a el.

    VER O DETALLE DO TERMO