"Teira" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 119.

    1. Recipiente empregado para gardar aceite, ben para o consumo diario na cociña ou para engraxar as máquinas.

    2. paíño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Plantar as estacas dunha videira.

    2. Facer o morteiro. Termo utilizado principalmente cando, ao facer un muro, se quere distinguir entre a obra seca (pezas colocadas en seco) e a obra amorteirada (pezas unidas con morteiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pedra grande colocada de xeito vertical.

    2. Banco situado detrás da lareira que serve de pousadoiro para os potes, almacén das cinsas e borralla e mesmo asento para a familia ou visitantes que están ao carón do lume.

    3. Cada unha das pedras colocadas a ambos os lados do forno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Lugo. As súas armas levan, en campo de azul, unha anteira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Meis, baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cabaleiro a quen se lle atribúe a fundación do mosteiro de Armenteira. Pertencía a unha ilustre familia do Salnés, a onde se retirou tras loitar ao lado de Afonso VI nunha das campañas da Reconquista. Converteu o seu pazo en mosteiro e a capela en ermida, facéndose el mesmo ermitán. Logo integrouse na Orde do Císter, con catro discípulos que elixiron abade a Ero (1150). Segundo a lenda, Ero oíra a voz de Deus en forma do canto dun paxariño cando paseaba polos arredores do convento e estivo absorto máis de trescentos anos, de xeito que cando volveu ao mosteiro ninguén o coñeceu. O luns de Pascua celébrase na igrexa do mosteiro da Armenteira a romaría da Nosa Señora das Cabezas. Baséase na lenda de santo Ero, quen quedara absorto máis de trescentos tras oír a voz de Deus no canto dun paxariño. Esta lenda está representada nun baldaquino barroco de pedra situado no interior da igrexa conventual, no que Santo Ero aparece ollando cara á Nosa Señora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado no concello de Meis. A súa fundación, na aba do monte Castrove, atribúese ao seu primeiro abade, Ero de Armenteira, nobre galego que abandonou a vida cortesá polo retiro espiritual. Foi fundado no 1150 e rematado de construír no 1212. En 1162 pasou a depender da Orde do Císter. Recibiu numerosas doazóns territoriais, fundamentalmente nos ss XII-XIII, sobre todo por parte dos monarcas, testemuñadas en documentos reais de Afonso VII e Fernando II, así como en confirmacións pontificias de Anastasio IV e Alexandre III. Chegou a abranguer un amplo territorio que incluía o couto que rodeaba o mosteiro, e se estendía polo val do Salnés ata a vila de Cambados. Así mesmo, grazas ao favor real co que contaba, gozaba de prebendas á hora de acoller vasalos propios ou de permanecer exento do pagamento de tributos. Consérvanse no Arquivo Histórico Nacional de Madrid un total de 636 pergamiños dos ss XII-XV con documentación relativa a este mosteiro en lingua latina e romance, na súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘artesa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘lavar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da carteira dunha sociedade formada por accións propias ou de sociedades do grupo empresarial ao que pertence, e tamén polas que están en posesión de terceiros homes de palla. O seu obxectivo é o de permitir xestionar e manipular as cotizacións na bolsa -sostendo os prezos- ou exercer o autocontrol contra intrusións non desexadas (raiders).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave insectívora nocturna que pertence en Europa ao xénero Caprimulgus. Ten ollos grandes e ás e cola longas cunha silueta semellante á dun pequeno falcón. A plumaxe é críptica, cun deseño semellante ao de follas secas que lle serve para camuflarse durante o día no chan ou nunha póla baixa onde permanece inmóbil. Aniña directamente sobre o chan e captura os insectos en voo. As especies que crían en Europa viven en África dende agosto a abril.

    2. Ave de 24 cm de lonxitude, de cola gallada e patentes franxas brancas nas ás, que son, á súa vez, moi longas. O seu voo é máis directo e veloz ca o das especies europeas. Preséntase como divagante dende Norteamerica ao oeste de Europa.

    3. Ave de ata 27 cm, de plumaxe grisalla con riscos e pintas de cor castaña escura. O macho presenta na parte inferior unhas patentes franxas brancas no extremo das ás e da cola. Emite unha voz parecida a un díxome-díxome de intensidade intermitente. De distribución paleártica, dentro da Península Ibérica é máis abundante na metade norte. En Galicia é común en baldíos, beiras de bosque e no monte baixo.

    4. Ave de 25 cm de lonxitude, cunha plumaxe de cor area. Vive nos oasis e aparece como divagante nas costas mediterráneas de Europa.

    5. Ave de 30 cm de lonxitude de plumaxe ferruxenta, especialmente o colar, e cunha patente franxa branca na gorxa. A voz semella un petar repetido nun toro seco. Cría en claros do arboredo mediterráneo, no centro e sur da Península Ibérica, e no noroeste de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Maria Perez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abertura, xeralmente en forma de cruz grega, que se construía nos recintos fortificados para facilitar a acción aos besteiros defensores e mantelos a cuberto dos proxectís inimigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tira de pel suave usada antigamente para tapar o bigote e suxeitalo cando se estaba deitado ou na casa e así manter a forma desexada.

    2. Anaco de coiro ou doutro material semellante que se pon na punta do calzado para reforzalo ou adornalo. Na tradición oral recóllense refráns como: “A zapato vello, bigoteira nova”.

    3. Compás empregado para trazar circunferencias de pequeno diámetro con brazos que se separan pola acción dun resorte cilíndrico. A abertura está regulada por un parafuso.

    4. Asento móbil e estreito que se colocaba, diante da testeira, na berlina e noutros vehículos, e que se podía dobrar e agochar na caixa cando non se utilizaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carteira pequena, de peto, para levar billetes de banco, tarxetas e outros documentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia e concello de Melón, no límite co da Cañiza. O seu cumio atópase a 1.002 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘fonte’.

    VER O DETALLE DO TERMO