"Temes" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 16.

  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘agosto’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e militar. Estudiou na Escola de Estudios Mercantís da Coruña e Periodismo en Madrid. En 1964 ingresou no Corpo de Intervención da Defensa e, en 1996, pasou á reserva activa. Foi colaborador dos xornais El Progreso (1955) e El Pueblo Gallego; en Madrid, de El Alcázar e ABC, amais das revistas Blanco y Negro (1973) e Gaceta ilustrada (1975). Traballou dende 1967 nos servicios informativos de TVE, onde foi editor do programa semanal “Crónicas de Siete Días”, subdirector de “Siete Días”, director do programa “Tribuna Internacional” e colaborador en telexornais. Membro da Misión Técnica da CEE en Paraguai e investigador do Instituto Español de Estudios Estratégicos do Ministerio de Defensa. Publicou, entre outros titulos, Organismos internacionales (1975) e La Doctrina de Paz en Naciones Unidas (1995), e foi coordinador do libro Galicia desde el aire (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e músico. Dende 1959 ata 1966 dedicouse profesionalmente á música jazz como intérprete de batería e guitarra na Alemaña, acompañando en ocasións a músicos de renome como Ella Fitzgerald, Dizy Gillespie, Don Byas e Dexter Gordon, entre outros. Foi correspondente en Madrid do diario El Progreso e na Coruña dos diarios ABC, Ya, La Gaceta del Norte, foi redactor dos xornais Semanario Deportivo Riazor e La Voz de Galicia; traballou en El Ideal Gallego como reporteiro gráfico e a partir do 1981, pasou a ser director. En 1985 exerceu como xefe de redacción de Informativos da TVG, dirixindo asemade o programa “Outra Xeira”. En 1988 ocupou o cargo de xefe rexional de Prensa do PP e, na súa volta á TVG, foi escollido como director do departamento de Programación e Emisións ata que, no ano 1994 pasou a ser xefe do Servicio de Prensa da CRTVG. Dirixe dende 1987 a revista Furada. Editou un disco de música popular española...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘este’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote e escritor ourensán. Foi autor dunha Historia civil y genealógica de Galicia (inédita) e, segundo M. Murguía, da falsificación, xunto co seu irmán, da Historia Gótica ou Cronicón do bispo Servando, publicada co nome do seu criado Juan de Evia y Bolaños. Traduciu as Xeórxicas de Virxilio (1686).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto. Licenciado en Canons e Leis pola Universidad de Salamanca, foi bolseiro do colexio de Fonseca antes de obter a cátedra de Clementinas (1586). Elixido membro do Consello de Indias, participou na elaboración das Leis de Indias. Foi autor, segundo M. Murguía, xunto co seu irmán, da falsificación da Historia Gótica ou Cronicón do bispo Servando e da Curia Filípica, publicada co nome do seu criado Juan de Evia y Bolaños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu en Arcos (Chantada) e en Cartelos (Carballedo). Unha rama pasou a Andalucía e deu orixe aos Fernández de Córdoba. As súas armas primitivas levaban cinco taus, pero as máis estendidas traen, en campo de goles, tres faixas de ouro, superadas por unha tau (ou cruz de santo Antón), do mesmo metal; ás veces, invirten os esmaltes, en campo de ouro, tres faixas de goles, superadas por unha tau, de goles. Outra variante presenta, en campo de ouro, tres bastóns de goles, arrimados e postos en pao, superados dunha cruz de santo Antón, da mesma cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Crítico musical. Licenciado en Dereito, exerceu a avogacía e estableceuse en Madrid. Foi crítico musical do ABC, Tarea, Informaciones e Arriba, así mesmo, colaborou con La Estafeta Literaria, Blanco y Negro, Mundo Hispánico, La Vanguardia e Diario de las Américas. Escribiu, entre outras obras, Cien años de teatro musical en España (1875-1975) (1975), Panorama de la música en España (1949), La música española en el siglo XX (1973), Pucini. El hombre, la obra, la estela (1974), La ópera (1976), Músicos que fueron nuestros amigos (1967), Ataúlfo Argenta (1971), Granada, historia de un festival (1984) e Historia del Teatro Real como sala de conciertos (1966-1988) (1991). Académico de honor da Institución Fernán-González, membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, da Real Academia Galega e membro correspondente da Real...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Dirixiu a Unión Republicana (1897), El Combate (1899) e La Acción (1905), principais voceiros da prensa republicana. Formou parte da Confederación Regional de Agricultores Gallegos (CRAG) e interveu nas campañas antiforais e obreiristas do primeiro terzo do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ómito de sangue procedente do aparato gastrointestinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘rato’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen nace ao cabo de sete meses de xestación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, tres bandas de goles. Outro trae, en campo de ouro, un tau de goles, sostido de tres faixas do mesmo, recortadas e abaixadas. Outro, en campo de goles, un T de ouro, sostido de tres faixas do mesmo, abaixadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Carballedo. A súa igrexa consagrouse en 824 e o mosteiro está documentado desde 964. A igrexa parroquial que se conserva é de nave e ábsida de planta rectangular, con cuberta a dúas augas. Conserva a tapa dun sarcófago paleocristián de forma rectangular que está realizado en mármore branco, empotrado no muro sobre o arco triunfal. Dividido en tres compartimentos, representan a Adoración dos Reis Magos e o pecado de Adán e Eva á dereita, e a historia de Xonás á esquerda, cunha tabela no centro sen inscrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten ou amosa timidez.

    VER O DETALLE DO TERMO