"Tenorio" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Obra dramática estreada por José Zorrilla o 28 de marzo de 1844. Considérase a peza máis representativa do teatro romántico español. É unha recreación do mito de don Xoán, arquetipo do sedutor temerario e inconstante. Divídese en dúas partes, a primeira adapta o esquema das comedias de capa e espada coa historia do libertino, mentres que a segunda se centra nos principios do drama relixioso, que culmina coa salvación do pecador. A acción concéntrase en dúas noites, separadas por un intervalo temporal de cinco anos. A primeira parte presenta un protagonista ousado coas mulleres e valente cos homes, precedido por un longo historial de duelos e pelexas. A aparición de don Luis Mejía, o seu antagonista, é un elemento central da trama. Entre eles establécese unha rivalidade que se resolve na enumeración dos mortos e conquistas respectivas ante os partidarios de cada un, seguida dunha dobre aposta: a sedución de dona Ana, a prometida de don Luis, e de dona Inés, a de don Juan. No espazo de poucas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cotobade baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, tres faixas axadrezadas de azul e prata, e brochante sobre o todo un león rampante de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido por Filipe IV en 1462 a Juan Fernández de Lima y Brito , vizconde de Vilanova de Cerveira e marido de Francisca Luisa de Sotomayor. Permaneceu unido ao ducado de Sotomayor e ao condado de Crecente ata o falecemento da VI duquesa de Sotomayor, Mariana Nin Zastrillas Sotomayor y Lima en 1847. Herdouno entón o seu neto Vicente de Alcántara y Vera de Aragón , VIII marqués de Tenorio (1867) e, sucesivamente, os seus descendentes: Santiago de Alcázar y del Nero (1879) e María de la Concepción del Alcázar y del Nero (1892). Unha das fillas desta, María de la Concepción Blanca de Collado y de Alcázar converteuse na XI marquesa de Tenorio en 1898. Morta sen descendencia, o título permaneceu vacante entre 1955 e 1984, cando foi rehabilitado pola súa sobriña--bisneta, María Eugenia Fitz-James Stuart , XII marquesa de Tenorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Foi xuíz de primeira instancia e instrución en Viana do Bolo (1900-1914). Escribiu La Aldea gallega: Estudio de derecho consuetudinario y economía popular, hecho en el partido judicial de Viana del Bollo (1914), que foi o primeiro intento de recompilación de datos etnográficos da comarca de Viana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado en Cotobade. A súa orixe é medieval, quizais fundado a partir da ampliación do mosteiro de San Salvador de Lérez. Na desamortización de 1835 foi exclaustrado e quedou o templo como parroquia. A igrexa foi construída en varias épocas e a actual data do s XVIII. Ten unha soa nave con cuberta de madeira. A capela maior está separada polo arco triunfal e a cuberta de pedra. Na fachada principal destaca o rosetón e das dependencias monacais, o claustro de dúas alturas (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO