"Terni" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 29.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada empregada principalmente en botánica para significar ‘alterno, alternado, alternante’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comunidade indíxena da Gallaecia romana, posiblemente no conventus bracarense. Coñécese por unha inscrición sobre unha prancha de bronce atopada en Viana do Bolo. A prancha recolle unha dedicación á divindade de nome Aegiamunniaego por Antistius Placidus dos Alterniaicinos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten as flores alternas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
De follas alternas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Número hipercomplexo de forma A + iB, onde A e B son cuaternións e i é un símbolo que cumpre a igualdade i2=-1.
-
Bulla indulgentiarum confraternitati Crucifixi Redemptoris in ecclesia cathedrali Auriensi concessarumVER O DETALLE DO TERMO
Folla voante en dobre folio editada por Xoán Gherlinc aló polo ano 1496 en Monterrei. Presenta letra gótica, capitais lombardas a dous tamaños e cincuenta e unha liñas. Atópase na biblioteca da Hispanic Society en Nova York.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado ao SL de Valladolid e drenado polo Pisuerga (2.488 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de coeterno.
-
-
Relación ou trato fraternal que se establece entre as persoas.
-
Unión confraternal entre persoas ou comunidades.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de catro persoas ou cousas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Número hipercomplexo do tipo a+bi+cj+dk, onde a, b, c, d son números reais e i, j, k seguen as regras formais alxébricas: i2=j2=k2=-1, i·j=-j·i=k, j·k=-k·j=i, k·i=-i·k=j. Os cuaternios pódense operar alxebricamente (suma e produto) como os complexos, dos que son unha extensión. O conxunto dos cuaternios, introducidos e estudiados por Hamilton, ten estrutura de corpo non conmutativo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caderno de manuscritos composto por catro follas de pergamiño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Placa do esqueleto externo que cobre a rexión ventral de calquera segmento corporal dos artrópodos.
-
-
Calidade de eterno.
-
Espacio de tempo moi longo.
-
Termo empregado para designar a totalidade do tempo ou para referirse a unha rexión intemporal na que Deus vive. Na filosofía presocrática empregouse o concepto de perduración infinita ou duración sen interrupción a través de todo o tempo. Platón distinguiu entre o eterno e o perdurable, e na Idade Media a escolástica definiuna como a duración dun ser que exclúe todo principio e fin sen ningunha mutación.
-
Carácter de algo que está fóra do tempo. É un dos atributos divinos na teoloxía cristiá e noutras relixións monoteístas.
-
-
-
Facer algo moi duradeiro ou eterno.
-
Durar algo moito tempo.
-
Tardar ou demorarse moito tempo en facer algo.
-
Facerse célebre para sempre.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Duración dos espíritos puros finitos. Para a escolástica, era a duración do que substancialmente é inmutable, aínda que non accidentalmente, posto que a súa actividade é mutable.
-
-
Unión, entendemento e cariño entre irmáns ou entre os que se tratan como tales.
-
Asociación relixiosa creada ao redor dunha igrexa, santuario ou comunidade monástica para facer participar os seus membros, laicos ou relixiosos, dos seus bens espirituais e temporais.
-
Relación que existe entre aquelas persoas que están colectivamente comprometidas nun proxecto común. Considérase un vínculo emocional que relaciona de diversos modos os individuos que comparten un mesmo sentimento nacional ou no caso do marxismo un mesmo sentimento de clase.
-
-
ínculo que se establecía entre dous cabaleiros, ás veces solemnizado cunha cerimonia relixiosa, e polo que se xuraban defensa mutua, o reparto do botín e fidelidade recíproca.
-
Relación que une os que combateron xuntos por unha mesma causa.
-
-
-
-
Ter unha relación de afecto e confianza coma irmáns.
-
Simpatizar ou trabar amizade con alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en enfermidades que afectan aos órganos internos.