"Teruel" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

    1. Lenda española creada a partir dun dos contos do Decamerón de Boccaccio, Girolamo e Salvestra, que relata os amores desafortunados entre Diego Marsilla e Isabel de Segura. Aparece documentada por vezprimeira en El peregrino curioso y grandeza de España (1577), de Villalba y Estaña. A primeira adaptación de teatro data do 1581, coa obra de Rey de Artieda Los amantes de Teruel, de grande éxito nas letras castelás a través, principalmente, da refundición que publicou Pérez Montalbán no 1638 e, sobre todo, do drama romántico do mesmo nome que Hartzenbusch estreou no 1837.

    2. Drama histórico en cinco actos de Juan Eugenio Hartzenbusch, escrito no 1836 e estreado no 1837. Baséase na lenda tradicional e conta os amores contrariados entre a nobre Isabel de Segura e o plebeo Diego Marsilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio e capital da provincia de Teruel, Aragón (31.158 h [2001]). Está situado no altiplano de Teruel, na ribeira do Turia, preto da confluencia coa Alfambra. É un centro administrativo e comercial, que se desenvolveu grazas a ser capital provincial e ter un polígono de industrias fariñeiras, da madeira e de materiais de construción. É sé episcopal. Antiga Turba, foi rival de Sagunto, e destruída polos romanos, foi reconstruída polos árabes. En 1171 foi conquistada por Afonso II de Aragón, que cinco anos despois lle concedeu un amplo foro que permitiu a convivencia pacífica entre musulmáns e cristiáns. Grazas á súa situación desenvolveu unha importante industria de panos e armas. Interveu na conquista de València, e en 1264 viviu unha revolta social do pobo. En 1347 Pedro III de Aragón elevou o seu rango a cidade para atraer aos seus habitantes na guerra contra os unionistas, pero durante a guerra contra Pedro Enríquez de Castro (1362), caeu en mans do rei de Castela. Na corte de 1427...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Aragón, formada por 236 municipios (182.072 km2; 135.858 h [2001]). A súa capital é Teruel. O hábitat é concentrado, e destacan a cidade de Teruel (31.158 h [2001]) e núcleos de menor poboación como Alcañiz (13.431 h [2001]), Andorra (7.816 h [2001]), Calamocha (4.040 h [2001]), Calanda (3.474 h [2001]) ou Alcorisa (3.339 h [2001]). A súa economía baséase na gandaría na rexión da serra, e na produción de cereais de secaño nas terras máis baixas. A minaría é importante en toda a provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento librado en Teruel desde o 15 de decembro de 1937 ata o 23 de febreiro de 1938, durante a Guerra Civil Española. Foi iniciada polos republicanos, liderados polo xeneral Vicente Rojo, co fin de evitar un ataque inminente das tropas franquistas a Madrid. As forzas republicanas infiltráronse e cercaron por sorpresa Teruel (entre o 15 e o 16 de decembro), onde entraron o 21 de decembro. Despois de varios intentos, a contraofensiva franquista, liderada polos xenerais Aranda e Varela, conseguiu levantar o cerco de Teruel (entre o 17 e o 23 de febreiro) e facerse coa cidade tras a rendición dos republicanos.

    VER O DETALLE DO TERMO