"Tirān" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 20.
-
VER O DETALLE DO TERMO
mentireiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club de remo fundado en Moaña en 1993 tras a fusión dos clubs San Xoán e Nosa Señora dos Remedios. Gañou tres campionatos de España de traiñeiras (1961, 1996 e 1997) e dous de traiñeiriñas (1997 e 1998).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito do Mar Vermello que comunica co golfo de ‘Aqaba, entre o extremo meridional da península do Sinaí e Arabia.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Moaña. Construída en estilo románico no s XIII, ten unha soa nave e ábsida de planta rectangular, que é do s XVIII. O arco triunfal é de directriz apuntada e con aresta viva. A portada principal está formada por tres arquivoltas de sección cuadrangular que se apoian en columnas acobadeladas con capiteis vexetais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade Deportiva Tirán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canción e danza popular española, de compás 3/4 ou 6/8, que foi moi difundida na segunda metade do s XVIII.
-
CAPITAIS
Capital de Albania e do rrethi homónimo (300.000 h [estim 1991]). Está situada ao pé do Dajt, no inicio dunha chaira suavemente descendente ata o mar. É un centro cultural e económico. Ten fábricas de cemento, de maquinaria, de vidro e porcelana, de papel, téxtiles e alimentarias. Non se converteu nun centro importante ata que foi erixida en capital do novo estado de Albania en 1920.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rrethi de Albania (1.238 km2; 384.010 h [estim 1993]). A súa capital é Tirana.
-
-
Relativo ou pertencente a Tirana ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Tirana.
-
-
-
Poder dunha soa persoa exercido dunha maneira opresiva. Na evolución social e política da Grecia antiga representa un estadio de transición entre o dominio da nobreza (aristocracia) e o estado popular (democracia). O fenómeno da tiranía produciuse dunha maneira xeneralizada en todas as cidades gregas, a excepción de Argos e Esparta, a finais do s VII e durante o s VI a C, e en Sicilia no s V a C. A perda de poder da aristocracia terratenente, fronte a unha nova clase enriquecida pola industria e o comercio, a depauperación dos pequenos propietarios e a presenza de numerosos refuxiados provenientes de Xonia favoreceron que algún nobre, co apoio das clases máis desherdadas, tentase reunir nas súas mans todos os poderes efectivos. Para contrarrestar este feito, os tiranos protexeron os campesiños, diminuíron os impostos para favorecer os máis pobres e chegaron a cancelar as débedas. Destacaron as tiranías de Periandro en Corinto, de Clístenes en Sición, de Teáxenes en Megara, de Pisístrato...
-
Abuso opresivo de poder ou autoridade.
-
Dominio irracional que exerce unha paixón ou un afecto sobre a vontade de alguén.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao tiranicidio ou ao tiranicida.
-
Persoa que mata a un tirano.
-
-
-
Acción de matar a un tirano.
-
Doutrina que sostén a licitude da morte violenta do tirano. Admitida por escritores gregos e romanos, no s XII foi recollida por Xoán de Salisbury. Tomé de Aquino afirmou a súa ilexitimidade, pero pensaba que o castigo do tirano era competencia exclusiva das autoridades públicas. O pensamento político e xurídico do Renacemento distinguiu entre o exercicio opresor da tiranía e a súa falta de lexitimidade (ex defectu tituli). Os teólogos xesuítas precisaron a definición de tirano en función do deber de exercer o poder polo ben dos seus súbditos e xustificaron a resistencia armada contra o monarca tirano e o tiranicidio.
-
-
-
Relativo ou pertencente á tiranía.
-
Que exerce a tiranía.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos tiránidos.
-
Ave da familia dos tiránidos.
-
Familia de aves, da orde dos paseriformes, co corpo de tamaño medio e o peteiro agudo e forte. Son fruxívoras e insectívoras, alimentándose principalmente de insectos que cazan, a maioría das veces, agardando desde un poleiro. Habitan en espazos abertos e é unha das familias máis numerosas de aves do trópico americano.
-
-
-
Gobernar de maneira tiránica un territorio.
-
Tratar a alguén con tiranía.
-
-
-
Que ou quen abusa do seu poder e exerce a súa autoridade dunha maneira opresiva, inxusta e cruel.
-
Que ou quen impón a súa vontade de maneira autoritaria sobre os demais.
-
Persoa que exerce unha tiranía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Réptil fósil diápsido saurisquio, da suborde dos terópodos, que podía acadar 15 m de lonxitude e 8 toneladas de peso. O Tyrannosaurus rex foi un dos maiores dinosauros carnívoros, que posuía grandes patas posteriores provistas de garras, grandes mandíbulas con afiados dentes e unha enorme e grosa cola. Alimentábase de dinosauros herbívoros e prea. Viviu hai 100 e 60 millóns de anos, a finais do Cretáceo
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela escrita por Joanot Martorell e rematada por Martí Joan de Galba, impresa en València en 1490, nos obradoiros de Nicolau Spindeler. Consta de 487 capítulos en que conta a biografía dun cabaleiro bretón que se dá a coñecer en festas e combates en Inglaterra. Converteuse en xefe das forzas armadas que socorreron a illa de Rodas e o imperio grego dos turcos, e, despois dunha longa campaña no N de África, volveu a Constantinopla onde morreu. As aventuras están acompañadas da narración dos amores de Tirant e Carmesina, filla do emperador grego, que morre ao coñecer a sorte do seu namorado.
-
-
Que está sometido á tensión dunha ou varias forzas.
-
Aplícase á relación entre persoas que se caracteriza por unha situación de distanciamento emocional e a súa proximidade cara a unha ruptura.
-
Cada unha das dúas tiras que sosteñen desde os ombros unha peza de vestir e que poden ser de material elástico. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
Corda ou correa que une a gornición dunha cabalaría á carruaxe ou a outro obxecto do que tira.
-
-
Peza de ferro, de madeira ou doutro material, que traballa por tracción e que, fixada polos seus extremos a outras dúas pezas que tenden a separarse, impide o seu distanciamento.
-
iga que une e mantén inmóbiles dúas paredes paralelas que tenden a derrubarse.
-
Peza horizontal que nunha armadura de cuberta une os pés de cada dous elementos verticais consecutivos para impedir que se separen a causa da carga.
-
Peza de ferro que une e separa dúas pezas opostas dunha máquina.
-
-