"Tito" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 46.

    1. Que actúa contra unha substancia tóxica ou velenosa.

    2. Medicamento que neutraliza a acción dunha substancia tóxica ou velenosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anticorpo detectable no plasma sanguíneo dos animais trala inxección de doses repetidas e suficientemente espalladas de antíxenos con función tóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (138-161) de orixe itálica. Sucedeu a Adriano e impuxo disciplina no estado. Gobernou como un déspota ilustrado, gañando a confianza das clases cultas. Promoveu unha execución humanitaria do dereito e mantivo a relixión tradicional. Preocupouse pola prosperidade económica e reprimiu as rebelións nas provincias por medio de legados. Baixo o seu goberno o Imperio chegou ao seu máximo apoxeo. No 139 adoptou a Marco Anio Vero, o futuro Marco Aurelio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fluofosfato de calcio (PO4)3FCa5, ás veces con parte de clorofosfato de calcio (PO4)3ClCa5 en mestura isomorfa. Cristaliza no sistema hexagonal e toma formas prismáticas ou tubulares. Ten aspectos diferentes, desde incoloro e transparente ata moi escuro e opaco. As variedades amarela verdosa (esparragolita) e verde azulada (moroxita) son as máis importantes. Presenta un brillo vítreo. É fosforescente ao quentarse. É a materia prima principal para a obtención de ácido fosfórico. Atópase asociada a rochas magnéticas diversas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia a algo que satisfaga as propias necesidades.

    2. Ganas de comer.

    3. Segundo a filosofía escolástica, potencia da alma e acto correspondente que ten por obxecto algún ben, na medida en que é percibido por algunha facultade cognoscitiva. Como a escolástica distingue entre coñecemento sensible e coñecemento intelectual, tamén afirma a existencia do apetito sensible e o apetito intelectual.

    4. Tendencia a satisfacer certas funcións fisiolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que excita o apetito, o desexo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo latino. Foi un dos principais autores de teatro cómico, pero das súas obras só se conservan algúns títulos e fragmentos illados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: nitrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é froito da participación de dúas partes ou de dous partidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Carmelita e xornalista holandés. O seu nome de familia é Arno Sjoerd Brandsma. Fundou a Unión de Escolas Católicas (1925). Opúxose ao Nazismo. Por este motivo estivo no campo de concentración de Dachau, onde morreu a causa dunha inxección letal. Foi beatificado por Xoán Pablo II en 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Compuxo sete églogas nas que influíu decisivamente Virxilio e que fan alusión á vida coetánea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Representante da escola pollencina, residiu en París (1910) e en 1913 estableceuse en Mallorca seguindo a Anglada i Camarasa. A súa estética inicial orientalizante evolucionou cara ao gusto fauve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que é titora xuntamente con outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está dividido en catro partes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (81-96). Fillo de Vespasiano, sucedeu o seu irmán Tito. Venceu os catos (83) e iniciou a construción dunha liña de fortificacións ao longo da fronteira romana, os Campos Decumanos, entre o Rin e o Danubio. Enfrontouse a Decébalo (86) e aos xermanos, e tivo que asinar un acordo de paz (89). No interior do Imperio emprendeu a reorganización e a centralización da administración e designou a membros da orde ecuestre para os principais cargos públicos. Loitou contra a corrupción dos gobernadores provinciais e legalizou a ocupación de terras. Para financiar os gastos do exército e a construción de grandes obras aumentou os impostos e promoveu a confiscación dos bens da aristocracia, que viu limitados os seus poderes no Senado. Acumulou os títulos de cónsul (82-88) e de censor perpetuo (85-96). A súa política de ataques e confiscacións á aristocracia provocou a revolta de Lucio Antonio Saturnino, lugartenente na Xermania Superior, durante a guerra na Dacia (89). Sufocou a revolta...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de dar ou recibir algo emprestado.

    2. Préstamo que un goberno, unha institución pública ou unha empresa privada obtén por subscrición dun particular, obrigándose a pagar os xuros e a devolver o importe nun período determinado. Xeralmente, establécese a partición da débeda a través de títulos xenéricos, denominados obrigacións, cando o financiamento fai referencia á empresa e bonos ou títulos de débeda pública se se trata de organismos públicos. É unha fonte clásica de financiamento a longo prazo das grandes empresas e do Estado.

    3. Cantidade de diñeiro que se presta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Cónsul no 198 a C, dirixiu as tropas romanas na Segunda Guerra Macedonia e derrotou a Filipo V en Cinoscéfalos (197 a C). Enfrontouse con Antíoco III e venceuno nas Termópilas (191 a C). Embaixador fronte ao Rei Prusias de Bitinia esixiu a extradición de Aníbal (183 a C). Destacou polo seu filohelenismo e a defensa da autonomía de Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo extremo da serie dos apatitos, de fórmula Ca5(PO4)3. É o mineral máis corrente da serie, e por iso ás veces fáiselle referencia cando se fala de apatitos. A cor é totalmente variable e depende das impurezas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral romano. Tribuno da plebe en 63 a C, foi legado de César na Galia e gobernador da Cisalpina en 56 a C. Aliñado con Pompeio, despois da desfeita de Farsalia organizou un exército que foi derrotado en Tapsos e Munda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador romano. Membro dunha familia aristocrática, recibiu unha esmerada educación. Interesouse pola retórica e a filosofía, e escribiu diálogos morais. Trasladouse a Roma e cara a 27 a C iniciou a redacción dunha historia do pobo romano en 142 libros, desde a súa fundación ata a morte de Druso en 9 a C, denominada Ab Urbe condita. Con esta obra acadou a celebridade e a amizade do Emperador Augusto. Consérvanse só 35 libros, onde destacan os aspectos moralizantes e didácticos.

    VER O DETALLE DO TERMO