"Torrent" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
PERSOEIRO
Pintor e miniaturista. Activo entre 1351 e 1362, sucedeu a Ferrer Bassa como pintor da corte catalanoaragonesa. Realizou os retablos da capela real do palacio da Almudaina, en Palma de Mallorca (1353-1358), e da capela real de Zaragoza (1358). O seu fillo ou neto, Rafael Destorrents , pintor e miniaturista documentado entre 1391 e 1425, realizou as pinturas do Missal de Santa Eulàlia da catedral de Barcelona (1403) e do perdido Missal dels Consellers para a capela da casa da cidade (1410).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Editor e escritor. Con 18 anos fundou L’Avenç, editorial que axudou a orientar a modernización cultural e política do catalanismo. Foi membro fundacional do Institut d’Estudis Catalans e organizou o Primer Congrés Internacional de la Llengua Catalana (1906). Publicou narracións, como Croquis Pirinencs (1896), poesías, a novela Desil-lusió (1904) e o drama lírico La fada (1897). Doutor honoris causa pola Universitat Autònoma de Barcelona (1934), publicou tamén as memorias Cinquanta anys de vida literària (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (65.417 h [2001]). Ten agricultura de secaño e regadío e establecementos industriais de transformados metálicos, de coiro e calzado,de caucho e plástico,de materiais de construción e de téxtil e confección.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Curso de auga xeralmente intermitente, de réxime irregular, característico das pendentes pronunciadas e das vertentes de montaña polas que descende, en función das precipitacións estacionais ou ocasonais.
-
Barranco de montaña que constitúe o leito, case sempre seco, dun curso de auga ocasional. Distínguense tres partes: a conca de recepción, especie de funil onde se reúnen as augas de cabeceira; o canal de desaugadoiro, que serve para evacuar a auga e os materiais; e o cono de dexección, formado pola acumulación de materiais depositados polas augas ao pé da vertente.
-
-
Grande abundancia de algo que flúe con violencia.
-
-
GALICIA
Escritor, pai de Gonzalo Torrente Malvido. Autor dalgunhas das obras máis representativas da literatura española do s XX, deuse a coñecer nas décadas de 1940 e 1950. A súa narrativa está marcada inicialmente pola súa orixe rural e, co tempo, polas lecturas de lord Byron, R. Darío, H. Heine, V. Hugo, Mussett, Ortega y Gasset e Shelley, entre outros. Durante a súa etapa universitaria, en Oviedo, colaborou no periódico El Carbayón e, posteriormente, en Madrid, no anarquista La Tierra. Durante a súa estadía na capital asistiu ao parladoiro de Valle-Inclán e coñeceu a diferentes intelectuais, como Rafael Dieste e Carlos Maside. Licenciouse en Filosofía e Letras en 1935 e en 1936 accedeu a unha praza de profesor de historia da idade antiga na Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente obtivo unha bolsa para viaxar a París e durante a súa estadía alí estalou a Guerra Civil en España e decidiu regresar a Galicia. Afiliado a Falange Española, formou parte do “bloque...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premio literario, en galego e castelán, instituído pola Deputación Provincial da Coruña en 1989 para homenaxear o escritor ferrolán. Algúns dos gañadores foron Pedro Crespo con La muerte en la boca (1989), Víctor Freixanes con A cidade dos Césares (1992), Manuel Rivas con Que me queres, amor? (1995), Luisa Castro con Una patada en el culo (2004) e Andrés Barba con Versiones de Teresa (2005).
-
GALICIA
Escritor, fillo de Gonzalo Torrente Ballester. Licenciado en Filosofía e Letras e en Dereito, foi coguionista do filme El rey pasmado (1991), tradutor e colaborador en diversas editoriais. Da súa produción literaria destacan Hombres varados (1964), en que apunta cara ao realismo social; La raya (1965, Premio Café Gijón), Tiempo provisional (1968, Premio Sésamo), Cuentos de la mala vida (1980), Introdución al crimen de la Herradura (1985), en que recrea de forma esperpéntica algúns trazos da Compostela de principios de século; Teorema del mal (1986), Cuentos recuperados de la papelera (1986) e a biografía Torrente Ballester, mi padre (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no N da parroquia de Gundriz (Samos). O seu cumio acada os 1.382 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Misioneiro en América e Asia, especializouse en relixións comparadas. Perseguido pola Congregación do Santo Oficio por modernista e liberal, abandonou a Igrexa. Militou no PSOE e foi vicepresidente do Comité Municipal de Unión Republicana e da Fraternidad de Cultura Ferrolana, e director da Escuela Racionalista de Ferrol, de carácter anarquista. Escribiu Democracia y cristianismo (1930), El peligro religioso (1932) e La Iglesia y su política (1934). Foi excomungado e as súas obras foron incluídas no índice de libros prohibidos. Fusilárono en 1936, durante o levantamento militar.
VER O DETALLE DO TERMO