"Tui" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 81.

    1. Obstruír un conduto ou vía dificultando a condución dun fluído.

    2. Cubrir con terra ou algo semellante.

    3. Obstruírse unha canle ou conduto.

    4. Quedar cuberto de terra ou algo semellante.

    5. Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘esconder’ e ‘gardar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na parroquia homónima, concello de Tui, o primeiro testemuño escrito da existencia desde balneario data do s XVII; en 1880 inaugurouse oficialmente e no ano 1928 foi declarado de Utilidade Pública. En 1992 construíuse un hotel novo engadido ao vello, que data de mediados do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en 1888 na cidade da Coruña. Cesou tralo número 800 que correspondía a agosto-setembro de 1969. Debaixo do título da portada aparecía o texto “Centro de primera Enseñanza. Fundado en 1888”. Dende decembro de 1966 figuraba como director Eduardo R. Losada. A revista, de tendencia católico-conservadora, era de periodicidade mensual e, ás veces, bimestral. Dende 1958 esta revista estivo dedicada sobre todo á beneficencia e o tema principal das publicacións era a recollida de doazóns. Case todos os exemplares levaban un artigo amodo de editorial no que en moitas ocasións se introducían apuntamentos de carácter político, como as críticas contra os apóstatas e contra os países de réxime comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da familia dos cacatúidos.

    2. Familia de aves da orde dos psitaciformes á que pertencen as cacatúas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da subfamilia dos cacatuínos.

    2. Subfamilia de aves da familia dos cacatúidos ao que pertencen a maioría das cacatúas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tui baixo a advocación de san Martiño, coñecida polo seu balneario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de constituír ou constituírse.

    2. Que ten os seus órganos e membros debidamente conformados e proporcionados. OBS: Emprégase normalmente cos adverbios ben ou mal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que constitúe algunha cousa.

      2. constituínte descontinuo

        Constituínte que non se sitúa ao lado doutro na cadea de palabras, pero que non obstante se relacionan sintáctica ou semanticamente. Ao segmentar a construción compróbase que a disposición lineal dos seus compoñentes non coincide coa estrutura sintáctica (

      3. constituínte inmediato [CI]

        Cada un dos elementos de nivel máis baixo que forma parte dunha construción sintáctica ou morfolóxica, de tal xeito que entre o elemento e a construción enteira non se interpón ningunha construción parcial de nivel intermedio. A análise de constituíntes inmediatos baséase en pasos sucesivos sobre os distintos niveis da estrutura dentro dunha oración. En cada nivel, a construción divídese en constituíntes principais, e o proceso segue ata que xa non é posible realizar ulteriores divisións. Así, na construción Os meus mellores amigos están aquí, os constituíntes inmediatos son os meus mellores amigos e están aquí; os de os meus mellores amigos son os meus e mellores amigos; os de os meus son os e meus; e así sucesivamente. O concepto deriva dun procedemento de análise gramatical, no fondo moi tradicional, pero que L. Bloomfield e os seus discípulos fixeron explícito por primeira vez, ata que N. Chomsky o formalizou...

    1. Que ou quen ten poder para establecer ou reformar unha constitución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecer, formar ou dar existencia a unha institución política, social ou a outra cousa inmaterial.

    2. Ser algo ou alguén un elemento constitutivo ou parte de algo.

    3. Ser algunha cousa aquilo que se indica.

    4. Estar composta algunha cousa polas partes que se indican.

    5. Converterse naquilo que se indica.

    6. Xuntarse as persoas que conforman un organismo que preside algunha reunión ou algún acto oficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de destituír.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Botar a alguén do seu cargo, emprego ou función.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Coleccionista e crítico de arte francés. Foi autor, entre outras obras, de Manuel de l’Amateur d’Estampes (Manual do afeccionado ás estampas, 1881) e L’oeuvre complet de Rembrandt (A obra completa de Rembrandt, 1883).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecer as normas que rexen a vida interna dun organismo social ou empresarial.

    2. Probar que algo é verdadeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de fatuo.

    2. Acción ou expresión de presunción ou vaidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deportista. Proclamouse campioa de España de taekwondo en 1994, 1999 e 2000. Nos Campionatos Mundiais Universitarios obtivo a medalla de prata en México 1998 e o título de campioa en Taiwán 2000. En categoría absoluta proclamouse en 2001 campioa da Copa do Mundo, celebrada en Vietnam, e subcampiona do Mundial disputado na República de Corea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que sucede por mor da casualidade, sen que ninguén o espere.

    VER O DETALLE DO TERMO