"Turín" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 16.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de cuarzo ou feldespato con finas láminas de hematita ou doutros minerais que lle dan reflexos avermellados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
hiosciamina.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Monagas, Venezuela (257.841 h [1997]). Está situada no centro da rexión petrolífera do L do país.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Coñecido tamén como “o derradeiro dos góticos” pola súa novela Melmoth the Wanderer (1820), converteuse nun especialista do xénero de terror. Publicou as novelas The fatal revenge or the Family of Montorio (1807), The Wild Irish Boy (1808), The Milesian Chief (1812) e a traxedia en verso Bertram (1816).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso e escritor. Segundo algunhas fontes foi o primeiro bispo de Turín. Fóronlle atribuídas obras que deron a coñecer puntos de vista eclesiásticos e teolóxicos novos, e tamén foron interesantes as súas notas sobre as condicións sociais e relixiosas da Italia do s V. A súa festividade celébrase o 25 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Piemonte, Italia (6.830 km2; 2.122.704 h [2001]). A súa capital é Turín.
-
CAPITAIS
Capital de Piemonte, Italia, e da provincia homónima (857.433 h [2001]). Está situada na confluencia do Po e do seu afluente, o Dora Riparia, nunha chaira ao pé dunha zona de outeiros morénicos. A comezos do s XX comezou o desenvolvemento industrial, ligado á industria metalúrxica, principalmente á rama automobilística e orixinou unha industria subsidiaria e auxiliar. Antiga Augusta Taurinorum romana, foi ocupada polos longobardos (s VII) e foi sede dun inmenso ducado. A casa de Savoia ocupou a cidade en 1280. Capital do ducado de Savoia (1563), foi ocupada (1798 e 1800) polos franceses. Restituída a casa Savoia durante a Restauración, tivo unha grande importancia entre 1848 e 1865, aínda que coa unificación de Italia deixou de ser sede da corte. É unha cidade renacentista e barroca. Destaca a catedral (s XV) e as construcións de F. Juvara. En 1863 A. Antonelli iniciou a Mole Antonelliana, que domina o panorama da cidade. Entre os ss X e XV destacou a capela de música da catedral.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado entre Vítor Manuel II de Italia e Napoleón III o 24 de marzo de 1860. O rei italiano renunciou aos seus dereitos sobre Savoia e Niza, pero esixiu a aprobación da cesión por parte dos seus habitantes, que tivo lugar o 24 de abril do mesmo ano.
-
PERSOEIRO
Compositor. Estudou con Moszokowski e D’Indy en París. Foi nomeado profesor do conservatorio de Madrid en 1931. As súas obras máis destacadas son Sevilla (1909), Sonata romántica (1910), Sinfonía sevillana (1920) e Rapsodia sinfónica (1931) para piano e orquestra. Das súas obras teóricas cómpre salientar un Tratado de composición musical (1947-1950). Recibiu o Premio Nacional de la Música (1926) por Trío para piano.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Turín ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Turín.
-
-
PERSOEIRO
Matemático. Ideou o concepto teórico dunha máquina calculadora universal, chamada máquina de Turing, traballou especialmente no campo da lóxica matemática e interesouse pola intelixencia artificial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Land de Alemaña, situado arredor da selva homónima, entre o río Werra ao O e o Weisse Elster ao L (16.172 km2; 2.431.000 h [estim 2001]). A súa capital é Erfurt. Habitada pola tribo xermánica dos turinxios (s IV), foi conquistada polos hunos (s V). Despois do 500 os turinxios estableceron un vasto reino desde as montañas Harz ata o Danubio, pero foron derrotados polos francos (531). En 908 a marca de Turinxia, erixida por Carlomagno contra os eslavos, foi tomada polo duque Odón I de Saxonia, cuxo fillo, o duque Enrique I de Saxonia foi rei de Xermania. Ao extinguirse a liña directa da dinastía saxoa (1024), os ludovinxios, por medio de Luís o Barbudo, controlaron Turinxia. O landgrave Enrique I de Turinxia foi elixido rei de Xermania, en oposición a Conrado IV (1246), mais morreu ao ano seguinte. No s XV Turinxia foi dividida entre a liña Ernestina de Saxonia, Hessen-Kassel e algúns pequenos estados. A República de Weimar creou o land de...
-
MACIZO
Macizo herciniano de Alemaña, paralelo ao Werra (afluente do Wesser). Constitúe un horst longo e estreito, formado por xistos primarios e arrasado por unha superficie de erosión terciaria, e que ten o punto máis alto no Grosser Beer (982 m).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Terceiro estadio do Permiano, mantido especialmente polos autores franceses, por riba do Saxoniano e por debaixo do Triásico.
-
-
Relativo ou pertencente a Turinxia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Turinxia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de cuarzo compacto e avermellado que ten pebidas de mica na súa masa. Foi empregada en bixutería polos seus reflexos dourados característicos.