"Turís" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 29.

  • Modalidade de turismo rural que consiste no aloxamento dos turistas nunha casa, situada no campo, e que acostuma acompañarse da súa participación nas actividades agropecuarias ou forestais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ontade de mudar unha determinada situación política, social, relixiosa, etc, para facela menos restritiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Propio do aperturismo.

    2. Seguidor ou defensor do aperturismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que representa edificacións ou outros motivos arquitectónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación aguda ou crónica polo hábito ou abuso de barbitúricos. O barbiturismo agudo prodúcese por doses moi fortes de barbitúricos en tentativas de suicidio ou por accidente; pode conducir ao coma e á morte. O barbiturismo crónico, chamado tamén toxicomanía barbitúrica, prodúcese pola inxestión de pequenas doses diarias durante anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu na Coruña no ano 1930. Levaba como subtítulo “Órgano oficial del ayuntamiento de La Coruña”. Aínda que nun principio tiña periodicidade mensual, logo saíu bimestralmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai caricaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Práctica do turismo con bicicleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación do sector turístico que saíu por primeira vez na Coruña en agosto de 1991, subtitulado “Boletín Social”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina deportiva que consiste na realización de exercicios destinados ao desenvolvemento muscular. Nas competicións desta especialidade, os participantes exhiben a súa musculatura adoptando posturas previamente codificadas que permiten apreciar a harmonía do seu desenvolvemento. A Federación Internacional de Body-Building (IFBB) regulamenta e organiza as competicións de culturismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao culturismo.

    2. Que ou quen practica o culturismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade de turismo, ambientalmente responsable, que consiste en viaxar ou visitar áreas naturais sen alteralas, co fin de gozar, apreciar e estudar os atractivos naturais, que se poida localizar a través dun proceso que promova a conservación, cun baixo impacto ambiental e cultural, e que propicie un compromiso activo e socioeconomicamente benéfico para as poboacións locais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa versada nas Sagradas Escrituras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia as Sagradas Escrituras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á escriturística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente artística baseada na creación dunhas formas tridimensionais, regulares e pintadas con cores planas, e estruturadas sobre un soporte. Propúxoa Charles Biederman fronte ao expresionismo abstracto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro con sede en Pontevedra creada en 1991 coa finalidade de promover actividades culturais e deportivas que contribúan ao coñecemento do patrimonio cultural, histórico e artístico de Galicia e da realidade cultural española. Naceu co propósito de dar continuidade e impulso ao labor que desenvolveron as Rutas Cicloturísticas del Románico-Internacionales. Das súas actividades destacan, ademais da organización das Rutas Cicloturísticas, a celebración de conferencias, concertos, exposicións e cursos, e a edición de libros sobre poesía, arte e historia. Concede un premio de escultura e pintura para alumnos da facultade de Belas Artes de Pontevedra, e colabora en actividades análogas con outras fundacións, asociacións e particulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento artístico, literario e musical de vangarda. Foi dado a coñecer mediante o Manifeste du futurisme, publicado en Le Figaro (22.2.1909) e redactado polo poeta Filippo Tommaso Marinetti. Postulaba o rexeitamento da tradición e da conservación do pasado e unha exaltación das innovacións, sobre todo mecánicas, presentes e futuras. O programa degradouse pouco a pouco e en Italia chegou ata a colaboración co fascismo. En 1920 iniciouse un período de loita e publicáronse os seus voceiros. Na arte, significou unha reacción contra o simbolismo e contra o modernismo e unha vontade de violencia, que foron ben acollidas por Umberto Boccioni, Gino Severini, Giacomo Balla, Carlo Carrà e Luigi Russolo, que asinaron o Manifesto della pittura futurista (11.2.1910) e dous meses máis tarde o Manifesto tecnico della pittura futurista. Negaban o academicismo, opoñíanse aos críticos da arte e, sobre todo, exaltaban a orixinalidade e a afirmación do dinamismo universal....

    2. Actitude vital orientada cara ao futuro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao futurismo.

    2. Que ou quen é partidario do futurismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado na Coruña a partir dos anos sesenta do s XX. Subtitulouse “Revista anual de turismo” e dende 1984 “Publicación de la Consellería de Turismo, Juventud y Deportes en colaboración con CEHOSGA”. Dirixido por José L. Dorrego, dende 1984 ocupou o cargo Ezequiel Pérez Montes. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de El Ideal Gallego. Incluíu información sobre turismo, museos e gastronomía, ademais dunha guía de cámpings e hoteis.

    VER O DETALLE DO TERMO