culturismo

culturismo

(< cultura)

s m

Disciplina deportiva que consiste na realización de exercicios destinados ao desenvolvemento muscular. Nas competicións desta especialidade, os participantes exhiben a súa musculatura adoptando posturas previamente codificadas que permiten apreciar a harmonía do seu desenvolvemento. A Federación Internacional de Body-Building (IFBB) regulamenta e organiza as competicións de culturismo.

Palabras veciñas

Cultura, La | cultural | culturalismo | culturismo | culturista | culturización | culturizar