culturalismo

culturalismo

(< cultura)

  1. s m

    Doutrina ou sistema sobre a cultura.

  2. s m [ANTROP/CULT]

    Corrente de pensamento antropolóxico estadounidense. O seu precedente está nos traballos de F. Boas, C. Wissler, A. L. Kroeber, R. H. Lowie e o lingüista E. Sapir, que entendían que a cultura era o fundamento tanto das estruturas sociais coma do comportamento humano individual, adquirido a partir dun proceso previo de socialización. Margaret Mead, Ralph Linton e Ruth Benedic22t recolleron e desenvolveron estas ideas. Compartiron como premisa básica a crenza de que calquera cultura comporta un tipo de personalidade predominante, no sentido de que os individuos veñen a ser como un reflexo da totalidade desta cultura, coma se cada individuo achegase ao nacer diversas potencialidades e o medio social seleccionase unhas cantas para presentar no individuo modelos de comportamento que ten que seguir para adaptarse (R. Benedic22t); a cultura entón é un proceso que vai dende o individuo ata a sociedade, e as diferentes culturas responden a unha evolución desde as máis simples ata as máis complexas (R. Linton). Entendida como unha totalidade e examinada no seu aspecto estático, a cultura tampouco comporta a posibilidade de cambio radical. Como a personalidade non pode reducirse a aprendizaxes motores, para explicar a interiorización de valores e normas recorreron á psicanálise: nocións coma as de identificación e introspección permiten comprender como o individuo se desenvolve parcialmente conforme aos modelos do grupo; así, os condicionamentos institucionais e os mecanismos de defensa contribúen a formar condutas diferentes, subliñan a importancia do papel da nai e do pai, das frustracións, etc. Entre os representantes desta conexión entre psicanálise e antropoloxía destacan Erich Fromm e Abram Kardiner.

Palabras veciñas

Cultura Proletaria | Cultura, La | cultural | culturalismo | culturismo | culturista | culturización