"UDR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28.
-
PERSOEIRO
Anarquista. Desde 1916 traballou activamente nos sindicatos anarcosindicalistas. Foi prendido baixo a acusación de atentar contra o redactor xefe do periódico El Heraldo de Aragón, contrario ás reivindicacións obreiras. Trasladouse a Barcelona e con Durruti, G. Oliver e outros constituíu o grupo Los Solidarios (1922). Tiñan como misión a loita terrorista contra a patronal, a policía e os sindicatos libres. Ao ano seguinte participou no asasinato do cardeal Soldevila, feito que provocou a súa detención e a posterior fuxida a Francia. En 1924 xunto con Durruti percorreu diversos países americanos onde realizaron diversas expropiacións para acadar fondos para a organización anarquista. Participaron no intento de asasinato de Afonso XIII en París e contribuíron á publicación da Encyclopédie anarchiste (Enciclopedia anarquista) de Sebastián Faure. Foi un dos fundadores da Federación Anarquista Ibérica (FAI) en 1927 e defendeu o putsch (sublevación) como medio de chegar...
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de gravadores, pintores e tapiceiros franceses dos ss XVII-XVIII. De entre os seus membros destacan: Claude II Audran (Lyon 1639 - París 1684), pintor e colaborador de Charles Lebrun na ornamentación do Louvre e de Versalles; Gerard II Audran (Lyon 1640 - París 1703), gravador de Luís XIV no taller dos Gobelinos, que realizou reproducións a buril con moita precisión e finura; Claude III Audran (Lyon 1658 - París 1734), pintor de arabescos que contribuíu en boa medida á creación do estilo ornamental do s XVIII e que traballou na decoración dos palacios reais; e Benoit II Audran (París 1698 - 1772), gravador, intérprete das obras de Watteau.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz de cine francesa. O realizador Claude Chabrol, o seu marido desde 1964, dirixiuna en 19 películas. Traballou tamén en Le signe du Lion (O signo de León, 1959) de E. Rohmer e Le charme discret de la bourgeoisie (O encanto discreto da burguesía, 1972) de Luis Buñuel, entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica francesa. Comezou a súa carreira en 1933 como asistenta de dirección de Pabst, Delannoy e Ophüls. Dirixiu, entre outras, Les malheurs de Sophie (1945), Olivia (1951), Huis-clos (1954) e Le lis de la mer (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés en lingua latina. Monxe e abade do convento de Bourgueil, compuxo un Itinerarium (Itinerario), a Historia hierosolymitana (Historia de Xerusalén) e numerosos poemas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Fundou, xunto con Oliver Messiain, Daniel Lesur e André Jolivet, o grupo de compositores La Jeune France no ano 1936. Aínda que a súa produción máis salientable son os poemas sinfónicos (Raz de sien, 1935, Le grand voilier, 1939 e Le musicien dans la cité, 1947), tamén realizou música de cámara e música para o cine.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo francés. O seu pensamento analiza a noción de consumo, clave para a comprensión da sociedade posterior á Segunda Guerra Mundial. Cunha reflexión paralela á de Marx, substitúe a noción de mercadoría pola de signo. Entre as súas obras destacan: Le système des objets (O sistema dos obxectos, 1968), La societé de consommation (A sociedade de consumo, 1970), Pour une critique de l´economie politique du signe (Por unha crítica da economía política do signo, 1972), Le miroir de la prodution (O espello da produción, 1973), L’échange symbolique et la mort (O cambio simbólico e a morte, 1978) e De la sédution (Da sedución, 1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Paul Émile Lecoq de Boisbaudran.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cancereixo.
-
PERSOEIRO
Pintor. Formouse na Accademia di Brera e en París (1906-1907), onde coñeceu a Severini. Evolucionou dende o naturalismo, pero en 1910 interesouse polo futurismo e fundou o grupo Nuove Tendenze (1912). Con Un caduto (Un caído, 1918) retornou á realidade obxectiva. Participou no grupo Novecento pero rexeitou o carácter fascista de M. Sarfatti. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Rotare Italiano (1928) e o premio de pintura da Accademia d’Italia en Roma (1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que escudriña.
-
-
Intentar averiguar o maior número de detalles ocultos ou non manifestos dalgunha cousa.
-
Examinar ou mirar algo ou a alguén detidamente para descubrir algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hedda van Heemstra Hepburn-Ruston.
-
PERSOEIRO
Químico francés. Colaborou no establecemento dos fundamentos da análise espectroscópica. Descubriu o samario, o galio o holmio e mailo disprosio, e considérase un dos fundadores da electroscopia. É autor de Spectres lumineux destinés aux recherches de chimie minérale (1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘baralla’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘xogar (á baralla ou ao dominó)’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
lidrento.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Brillar o pelo ou a pel por mor da sucidade ou da graxa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
lidro.