"UEO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 62.

    1. Relativo ou pertencente á lingua abkhazo-adigueo.

    2. Grupo occidental das linguas caucásicas setentrionais. Comprende o adigueo, o kabardino e o cherkés, que poden agruparse baixo o antigo nome de circasiano; o abkhazo, coa variante abazí, e o ubikh. Estas linguas caracterízanse pola pobreza do seu sistema vocálico, dous ou tres fonemas, compensada pola riqueza do seu consonantismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Adiguesia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Adiguesia.

    3. Pobo que habita na oblast autónoma de Adiguesia. Nas aproximacións que se fixeron no ano 1959 eran sobre 80.000 habitantes. É o nome autóctono do antigo pobo circasiano ou cherkés -polo que tamén é coñecido como circasiano occidental ou cherkés inferior, que, a raíz das guerras entre os imperios ruso e otomano do s XIX, foi obrigado a dispersarse fóra do seu territorio tradicional, por Rusia e Turquía.

    4. Lingua caucásica do grupo noroccidental ou grupo abkhazo-adigueo, falada polos adigueos de Adiguesia e polos dispersados por Rusia e Turquía. O alfabeto foi creado no ano 1918. A partir dese momento foise desenvolvendo unha literatura escrita baseada tanto nas tradicións orais do país como na súa nova realidade social. Destacan literariamente o poeta nacional de Adiguesia, Cug Alievic Teucez, o novelista Tambot Magometovic Kerasev e o iniciador da poesía escrita, Akhmed Katkov.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Acaia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Acaia.

    3. Pobos que desenvolveron a civilización micénica. Semella corresponder a unha das etnias preponderantes entre as inmigracións indoeuropeas á península helénica posteriores ao 2000 a C. Semella que están relacionados cos pobos do mar citados nos xeroglíficos exipcios do s XII a C, así como as inscricións hititas, se ben cun significado pouco claro. Probablemente colonizaron a Eolia, na costa NO de Anatolia. Con posterioridade, só se consideran aqueas Tesalia e Acaia, no Peloponeso.

    4. Lingua dórica de Acaia, no Peloponeso, e das colonias da Magna Grecia que substituíu ao aqueo antigo despois das invasións dóricas.

    5. Grupo de dialectos gregos dóricos da época micénica, chamado tamén grupo arcádico-chipriota, do que se coñecen, por inscricións, o arcádico, o panfílico e o chipriota. O máis antigo de todos os dialectos coñecidos do grego común, presenta os trazos máis arcaicos da lingua grega.

    6. Nos poemas homéricos, un dos termos máis usuais que designaba os gregos da chamada Idade Heroica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de medir un navío.

      2. olume ou capacidade dun navío. Ten por función expresar a capacidade de aproveitamento comercial do navío e é moi importante dende o punto de vista fiscal. Pódese considerar o arqueo total ou tonelaxe de rexistro bruto (TRB), que é o volume dun navío comprendido entre o chan e a cuberta de arqueo máis o de todos os espacios pechados situados enriba desta cuberta, excluídos os tanques de lastre; ou ben o arqueo neto ou tonelaxe de rexistro neto (TRN), que se obtén ao restar ao anterior os espacios necesarios para os diferentes servicios do navío. Do arqueo total dependen o número de homes da dotación, as primas e as limitacións na construción, as limitacións ao mando e os dereitos de dique e carena. Do arqueo neto dependen as tarifas de practicaxe, os dereitos de porto, as estatísticas de navegación e os dereitos de paso polos canais de Suez e Panamá.

      3. certificado de arqueo

        Documento en posesión do capitán do navío e entregado polas autoridades marítimas no que constan as principais características do navío: tonelaxe de rexistro bruto, tonelaxe de rexistro neto, espazo a descontar, etc.

    1. Acción e efecto de arquearse algún obxecto ou de dar forma de arco a algunha cousa.

    2. Inventario dos cartos e os valores existentes na caixa dunha casa de comercio, dunha corporación, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefixo de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘primitivo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade interdisciplinaria que agrupa astrónomos, arqueólogos e outros especialistas e que estudia os coñecementos astronómicos da Antigüidade. Intenta desenvolver interpretacións e explicacións de estruturas arqueolóxicas supostamente baseadas no astronómico (monumentos megalíticos, pirámides exipcias, etc) así como avaliar os coñecementos e os métodos orientados á Astronomía das culturas do pasado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Individuo do grupo das arqueobacterias.

    2. Conxunto de bacterias que, polas súas características bioquímicas, cómpre considerar un grupo á parte das outras bacterias ou eubacterias. Morfoloxicamente parécense aos organismos procariotas pero polas súas características metabólicas e xenéticas únicas moitos autores considéranas un grupo particular, con categoría de reino. As secuencias de ARN ribosómico que presentan son moi diferentes das secuencias doutros procariotas (as eubacterias) ou das eucariotas. A este grupo pertencen as bacterias produtoras de metano (metanoxénicas), as halófilas estritas (halobacterias) e as termófilas estritas (termobacterias).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudios e técnicas de análise e identificación de restos orgánicos vexetais recuperados en xacementos arqueolóxicos, ben directamente (restos de madeira: antracoloxía), mediante o peneirado fino ou flotación das terras en auga (sementes: carpoloxía) ou mediante a extracción no laboratorio de mostras do sedimento (fitolitos, pole: palinoloxía). Así mesmo, cómpre distinguir entre restos microbotánicos (pole, cutículas, fitolitos ou diatomeas) e restos macrobotánicos (sementes, froitos, madeira e outros vestixios vexetais). O principal obxectivo da arqueobotánica é a reconstrución do medio ambiente no que se inserían os restos contidos no rexistro arqueolóxico. Posto que as plantas se encontran na base da cadea alimenticia, a análise da comunidade vexetal dunha rexión é unha boa metodoloxía para o coñecemento de datos sobre a dieta alimenticia e as actividades económicas dos ocupantes dun xacemento. A comunidade vexetal dunha rexión e dunha época determinadas, ademais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • exetal introducido dende a antigüidade en rexións que non lle son propias debido á acción antrópica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Investigación arqueolóxica que inclúe de maneira significativa ferramentas informáticas (ordenadores e programas) na súa metodoloxía. Desenvólvese fundamentalmente no campo da Estatística, clasificando e organizando a información cuantificada para a súa interpretación; no das bases de datos, organizando e resumindo grandes masas de información codificada; no das aplicacións gráficas para procesar planos de escavación e materiais; no do tratamento dixital de imaxes por teledetección; no da simulación para reconstruír estruturas e sistemas; ou no dos sistemas expertos para automatizar labores descritivas e analizar os procesos de razoamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica ao estudo da Arqueoloxía. Como profesión que afecta á situación do patrimonio cultural, os estados tenden a regulamentar o seu exercicio, principalmente para levar a cabo escavacións e outros tipos de intervención irreversibles sobre o patrimonio cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina que se interesa polo coñecemento global da experiencia humana no pasado: cómo se organizaba a xente en grupos sociais e cómo explotaba o entorno; qué comían, facían e crían; cómo se comunicaban e por qué cambiaron as súas sociedades. Consiste, tamén, no descubrimento dos restos e obxectos do pasado, no traballo meticuloso do analista científico e no exercicio da imaxinación creativa e, así mesmo na escavación dun depósito ou xacemento e na busca de depósitos submarinos. A Arqueoloxía é, pois, tanto unha actividade física de campo como unha busca intelectual no estudo ou no laboratorio, residindo na súa historia a mellor explicación do seu obxecto e finalidade. A súa orixe estivo en Italia, especialmente en Roma, dende onde se espallou polo resto dos países europeos; sen embargo, foi no s XIX cando se configurou como campo de estudio. A Arqueoloxía anticuarista (defendida por Aubrey), moi vinculada ao crecemento do concepto de nacionalidade, tendeu ao descubrimento e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á Arqueoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de datación baseada na comparación entre o magnetismo remanente (orientación das partículas de ferro e intensidade do campo magnético terrestre) que permanece fixo en certos materiais (cerámicas cocidas a 650º non requecidas con posterioridade, fornos, fogares, etc), coas variacións rexistradas ao longo do tempo no campo magnético terrestre. Deste xeito pódese elaborar un esquema das variacións temporais na dirección magnética, que se pode empregar para datar outras estruturas de arxela cocida e idade descoñecida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio metalúrxico de materiais arqueolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de técnicas empregadas polas ciencias auxiliares da Arqueoloxía como axuda na interpretación do pasado: análises físico-químicas (raios X ou isótopos, etc), estatísticas (arqueoinformática), paleontolóxicas (arqueozooloxía) ou métodos de datación (carbono 14, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da subclase dos arqueornitas.

    2. Subclase de aves extintas do Xurásico tardío e principios do Cretácico á que pertence o xénero Archaeopteryx.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Arqueozoico.

    2. Precámbrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tamén chamada Zooarqueoloxía, o termo inclúe as técnicas de análise e identificación dos restos óseos (tafonomía) recuperados nos depósitos arqueolóxicos. O seu obxecto é a reconstrución do medio ambiente circundante ao depósito arqueolóxico e das actividades económicas, e dieta alimenticia dos seus ocupantes. Para utilizar os restos faunísticos como indicador do contorno, débese observar a evidencia cun enorme senso crítico; así, debemos comprender as complexas relacións entre os animais actuais e o seu medio e estudar cómo chegaron os restos de animais a un depósito (ben de xeito natural, ben debido á actividade humana ou dos preeiros), para así descubrir ata que punto son representativos da fauna desa época. Logo destas precaucións, poderase cuantificar e valorar a presenza dos diferentes animais que configuraban o contorno das sociedades pasadas. Así mesmo, o estudo dos ósos tamén pode constituír unha base xeral para a cronoloxía; neste sentido, os restos animais foron a primeira...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de bloquear.

    2. Alteración fisiolóxica ou patolóxica que dificulta ou impide o funcionamento normal dunha estrutura ou dun corpo.

    3. Operación militar dirixida a illar unha praza ou fortificación, impedindo que se comunique co exterior e que saian ou entren forzas (ou outros auxilios). Diferénciase do sitio en que non se emprenden accións ofensivas dedicadas a tomar a posición bloqueada.

    4. Sistema de sinalización empregado nas liñas de ferocarril para impedir que dous trens, dúas máquinas, etc, que circulan por unha mesma vía entren en colisión. Os sistemas empregados actualmente son o telefónico, o CTC (Control de Tránsito Centralizado), o automático e o de control por ordenador. No bloqueo telefónico, antes de dar a un tren a saída dunha estación, cómpre preguntar por vía telefónica á seguinte se o pode recibir. O bloqueo CTC consiste en gobernar todos os sinais e as agullas dun tramo moi longo de vía dende un lugar único de mando. No bloqueo automático, o mesmo tren, ao entrar e saír dun sector, pecha e abre, respectivamente, o circuíto correspondente aos sinais luminosos. No bloqueo controlado por ordenador recíbese información da velocidade, da distancia do tren precedente e das indicacións das estacións que o ordenador transforma na velocidade máxima permitida.

    5. En diferentes deportes, inmobilización da pelota ou dun golpe por parte dun xogador. Nalgúns deportes de equipo, obstrución regulamentaria que fai un xogador a un adversario, xeralmente para favorecer a un compañeiro de equipo. Nalgunhas artes marciais, acción de impedir que o adversario emprenda un ataque.

    6. Operación pola que as forzas navais e, eventualmente, as aéreas e as terrestres dun estado, interceptan as comunicacións no territorio doutro estado. Dende o punto de vista xurídico, o bloqueo pode ser bélico ou pacífico. O bloqueo bélico tense que declarar por parte do estado belixerante, precisando os límites territoriais e temporais, e notificarse aos estados neutrais que terán que observalo mentres sexa efectivo. En caso de ruptura do bloqueo bélico, o país que o exercía ten o dereito de capturar os barcos infractores e capturar a carga. O bloqueo pacífico, chamado tamén bloqueo económico ou bloqueo económico internacional, adóptase como represalia en tempos de paz para impedir as relacións comerciais do país bloqueado con outros países. A súa licitude é discutida e non hai a obriga de respectalo por parte dos outros estados. En case todos os casos isto obedece a razóns políticas e ten como fin...

    7. Acción do estado para limitar o crecemento dunha ou de diversas variables económicas mediante a conxelación ou a limitación dos seus aumentos. Utilízase en situacións graves e adoita formar parte de plans de estabilización de maior alcance. Dentro dos países de economía de mercado, a aplicación do bloqueo implica un forte grao de intervención estatal. As variables bloqueadas máis usuais son os prezos, os salarios, as rendas de capital, as importacións, etc. O levantamento do bloqueo pretende retornar ao mercado a súa capacidade, e adoita levarse a cabo de xeito gradual, para evitar alzas repentinas nos prezos. O bloqueo de prezos, que pode ser xeral ou limitarse a algúns bens, ten como finalidade a loita contra os procesos inflacionistas que minguan a capacidade adquisitiva dos consumidores. Pero, xunto co bloqueo de prezos, e coa mesma finalidade, limítanse as elevacións dos salarios. O bloqueo das rendas do capital obedece a razóns tanto económicas...

    8. Nun tubo electrónico ou nun dispositivo semicondutor, estado de interrupción da corrente que se obtén ao aplicar unha polarización axeitada ao electrodo de control.

    9. Emprego de pintura opaca sobre a superficie dun negativo (cun gran formato) para escurecer aqueles trazos non desexados na imaxe. Emprégase en fotografía comercial para illar un produto, resaltándoo. Á hora de positivalo, o resultado é un fondo completamente branco.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO