"UVI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 118.
-
-
Dise do terreo formado por aluvións e dos fenómenos relacionados cos aluvións.
-
Serie de solos que teñen unha evolución no medio aéreo interrompida por achegas intermitentes orixinadas por inundación superficial.
-
-
-
Aumento importante da cantidade de auga dun río, regato ou lago.
-
Conxunto de sedimentos transportados e depositados por augas correntes. Os aluvións atópanse nos vales fluviais, deltas, esteiros, lagos e, en xeral, alí onde o poder de transporte da corrente decae a causa dunha diminución da velocidade ou do volume das augas. Están constituídos por arxilas, lama, area, grava, croios, etc, procedentes das rochas da conca fluvial, pero modificados a miúdo a causa do transporte. Os cursos de auga máis ou menos torrenciais depositan os materiais no punto de transición entre a vertente e a chaira, e dan orixe a un cono de dexección. Nos ríos, a medida que se establece un perfil de equilibrio, os aluvións estabilízanse e forman unha chaira aluvial ou de inundación. A medida que diminúe a velocidade ou o volume das augas, os primeiros en depositarse son os aluvións de medida máis grande; así adoita establecerse unha secuencia de materiais aluviais de medida decrecente tanto en sentido horizontal (no curso medio se depositan aluvións de medida máis grande...
-
Tipo de accesión natural dos bens inmobles que consiste no crecemento sucesivo e lento de terras producido nas leiras afíns ou ríos, como consecuencia da corrente das augas.
-
-
-
Matogueira especialmente mesta que impide ou dificulta o paso.
-
Terreo poboado de arbustos ou árbores novas.
-
Persoa dada ás faladurías ou críticas pouco fundamentadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anterior ao diluvio.
-
-
Acougar ou sosegar a alteración do humor.
-
Abater o vento con forza os cereais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina de François Noël Babeuf que proclama a igualdade política, social e económica de todos os homes: a sociedade debe garantir o dereito que todos os homes teñen a satisfacer as súas necesidades e a gozar dos bens da natureza; os bens teñen que estar postos en común; a terra non é de ninguén; os froitos son de todos; os salarios teñen que ser iguais; o goberno ten que controlar a economía para manter a igualdade, confirmada por unha educación común. Herdeiro do comunismo moralista de Kant, este igualitarismo, sintetizado a finais do s XVIII no Manifesto dos Iguais, de formulación e solucións utópicas, representa non obstante o primeiro intento de converter unha filosofía socialista nunha acción política: o primeiro partido comunista operativo, segundo Marx. Esquecido despois da desaparición do fundador, renaceu como neobabuvismo entre 1830 e 1868 como a última axitación dos xacobinos.
-
PERSOEIRO
Cociñeiro. Fundador do primeiro gran restaurante de París entre 1782 e 1786 chamada Gran Taberna de Londres. É autor do tratado de gastronomía L’art du cuisinier (A arte do cociñeiro, 1814).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Participou na loita pola separación entre Holanda e Bélxica. Estivo exiliado en Barcelona en 1835 e pouco tempo despois trasladouse a Mallorca. Fixo explotacións mineiras e dirixiu a desecación do prat de Sant Jordi (1846 - 1849). Foi membro do Ateneo Balear e publicou obras acerca de Mallorca como Reseña geognóstica de la isla de Mallorca (1852).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar acontecida preto de Bouvines (Flandres valón) o 27.7.1214 entre o exército de Filipe II Augusto de Francia e as tropas da coalición formada polo Rei de Inglaterra Xoán sen Terra, o Emperador Otón IV, os condes de Flandres e Boulogne e o duque de Brabante. Gracias á vitoria de Filipe II Augusto, Flandres recibiu unha forte influencia francesa, así mesmo Francia asegurouse a conquista de Normandía, Maine e Anjou, e obrigou a Otón IV a aceptar o triunfo do seu rival Federico II.
-
-
Planta herbácea bienal, de ata 120 cm de altura, pubescente, de follas pinnaticompostas con folíolos ovados e festonados, e de flores amarelas dispostas en umbelas compostas. Hai formas de cultivo (subespecie sativa), de talo anguloso, folíolos agudos e raíz axonomorfa, grosa e branca, empregadas como verdura e como forraxe. En Galicia tamén se poden atopar formas silvestres en lugares herbosos e camiños, que se caracterizan por ter o talo cilíndrico ou pouco anguloso e os folíolos obtusos.
-
Raíz carnosa e comestible da planta homónima. Ten forma alongada e polpa branca e cremosa. Emprégase, principalmente, na preparación de potaxes e sopas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sentimento que se manifesta ao atribuírlle calidades admirables de xeito esaxerado ao que é propio (país, rexión, cidade, etc) e ocultar os aspectos negativos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que mostra chauvinismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pierre Puvis de Chavannes.
-
-
-
Precipitación en forma de pingas de auga procedente das nubes. No complexo proceso de formación da chuvia resulta indispensable a presenza de núcleos de condensación para que a humidade contida na atmosfera se poida agrupar nas nubes e que a temperatura sexa inferior ao punto de rosada; así o tamaño das pingas pode superar o necesario para provocar a súa precipitación. O diámetro das pingas de chuvia é moi variable, entre 0,5 mm e 1,5 mm, e depende da velocidade das correntes ascendentes que teñen lugar no interior das nubes ou nas capas atmosféricas por debaixo destas. Cando as gotas teñen un diámetro inferior a 0,5 mm e son numerosas, a precipitación denomínase chuvisca. Unha chuvia deste tipo indica que as gotas se formaron nunha nube de altura considerable e que caen a través dunha capa de aire relativamente seco, de xeito que algunhas se evaporan e outras diminúen o seu diámetro durante a caída. Cando as gotas son moi grandes, de diámetro superior a 1,5 mm, e abundantes, como...
-
chuvia ácida [port: chuva ácida; cast: lluvia ácida; ingl: acid rain]
Precipitación de auga dun pH inferior a 4,5 (o pH normal da auga é 5,6) porque contén en disolución os ácidos sulfúricos e nítricos producidos pola combinación dos óxidos de xofre e nitróxeno desprendidos nos procesos industriais co vapor de auga atmosférico. Ten efectos altamente corrosivos e provoca un aumento fortísimo da acidez dos ríos e lagos e tamén dos solos, feito que implica unha fonda alteración da súa actividade biolóxica. A cuberta vexetal resulta especialmente sensible á súa acción e pode chegar ata a morte. A presenza na atmosfera deses compostos experimentou un incremento exponencial dende a primeira Revolución Industrial. Por mor da dinámica das masas de aire, os efectos da contaminación son perceptibles en lugares situados a moitos quilómetros dos centros emisores. Deste xeito, a xestión do problema converteuse nun problema global: na década de 1970 a comunidade científica tomou consciencia da dimensión do asunto e trasladouno á opinión pública e aos gobernos. Dende os...
-
chuvia artificial
Precipitación estimulada artificialmente mediante a proxección de neve carbónica, ioduro de prata e outras substancias na parte superior das nubes, de xeito que estes elementos actúen como núcleos de condensación. Os métodos utilizados precisan de condicións atmosféricas propicias e os resultados obtidos son discretos.
-
-
Feito de caer sobre alguén unha gran cantidade de algo. Ex: Unha chuvia de confeti caía enriba dos asistentes á festa. Unha chuvia de flashes cegaba os autores.
-
Aparición nun momento determinado de gran cantidade de estrelas fugaces nunha rexión concreta do ceo.
-
Descenso cara ao chan de po composto por partículas que se volveron radioactivas como consecuencia dunha explosión nuclear. Distínguese a chuvia local, que ten lugar xusto despois da explosión e nunha área máis ou menos achegada; e a chuvia mundial, que ten lugar logo de meses ou anos da explosión e abarca unha zona máis ampla e de localización imprevisible, aínda que cunha diminución da radioactividade notable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
chuvasco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
chuvisca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
chuviscar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
chuvioso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
chuvioso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é abundante en chuvias.