"Ulloa" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 27.
-
GALICIA
Segundo conde de Monterrei, fillo do Arcebispo compostelán Alonso de Fonseca. Casou con Francisca de Zúñiga e Ulloa, herdeira do Condado de Monterrei. Foi o introdutor da imprenta en Galicia a finais do s XV e o responsable da edición do Misal de Monterrey. Faleceu na loita contra os franceses en Salsas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico formado no Colexio de Santiago Alfeo, onde desenvolveu a súa actividade como profesor da Universidade ata que en 1658 acada o cargo de Rector da mesma. En 1668 abandonou Galicia para facerse cargo do Bispado de Guadalajara (México) primeiro, e no ano 1677 de Mechoacán. Catro anos máis tarde converteuse en Arcebispo da capital, México, onde fundou o Colexio San Miguel, un hospital e outras institucións docentes e benéficas. A súa caridade e a atribución de certos prodixios entre os fieis, convertérono nunha persoa moi valorada en México, mesmo tendo solicitada a súa beatificación o cabido mexicano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Foi Catedrático de Astronomía na Universidade de Santiago de Compostela e sacerdote. En 1948, na Asemblea Xeral da Unión Astronómica Internacional, reunida en Zúric, resulta elixido membro da Comisión encargada do estudo das estrelas dobres, onde deixou pegada. A súa obra Introdución a la Astronomía (1943) constituíu unha achega trascendental a ese eido científico, en tanto que Astronomía a simple vista (1948) é un interesante libro de divulgación. Aínda que destacou como astrónomo, tamén realizou unha importante contribución no ámbito matemático. No seu libro Algoritmia: principios fundamentales de la ciencia de los números (1918), recolle con claridade os fundamentos da análise matemática. Tamén foi importante a súa contribución á teoría parabólica dos erros e dos conxuntos e números finitos, indefinidos e transfinitos. En 1912 construíu un observatorio en Lalín e logo foi director do Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago. Como mostra...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Queixo procedente dunha das zonas de maior tradición queixeira e amparado pola Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa (recoñecida por Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 20 de outono de 1995/DOG 07-11-95). Está feito con leite de vaca, de pasta branda e codia lavada cunha maduración mínima de seis días. A zona de produción abrangue as comarcas de Arzúa, Melide, Ulloa e varios concellos limítrofes. No mercado hai tres variedades distintas: Arzúa-Ulloa, Arzúa-Ulloa de Granxa e Arzua-Ulloa Curado, con diferentes matices de sabor, proporcionados polas súas variantes na maduración ou procedencia do leite (sempre de gando vacún de razas rubia galega, parda, alpina e frisona). O queixo elabórase con leite enteiro pasteurizado e presoiro animal, presentando unha forma lenticular, cun contido de materia graxa mínimo do 45% e un peso entre 0,5 e 3,5 kg. A pasta é branda e cremosa, a codia fina, amarela e sen mofos, e o sabor lácteo suave. Pode empregarse, pola súa facilidade para...
-
PERSOEIRO
Político. Vicerrei de Nova España (1568-1580) e do Perú (1581-1583). No vicerreino de Nova España limpou as costas de piratas ingleses, combateu os indios huachís e creou os fortíns de San Felipe, Ojuelos e Portezuelos. No Perú instaurou o servizo postal e fundou San Luis de Potosí.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Membro dos agostiños, foi prior dos conventos das cidades de Santiago de Compostela e Arenas de Iguña. Nomeado en 1654 cronista xeral do Reino de Galicia, destacan as súas obras Tabla de libros y capítulos de la historia eclesiástica de Galicia (1646), Descripción, origen y descendencia de la mui noble y antigua casa de Calderón de la Barca [...] (1661), Origen y antiguedad de la casa de Oca (1673), Nobiliario, armas y triunfos de Galicia (1677) e El cisne occidental (1678).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade municipal situado en Lalín. Dedicado ao sacerdote e astrónomo Ramón María Aller Ulloa, os seus fondos están formados polo conxunto dos seus documentos, fotografías, instrumentos e libros. Acolle tamén unha colección de obras de Xosé Otero Abeledo, Laxeiro. Organiza a Bienal Laxeiro, exposicións temporais e outras actividades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela publicada por Emilia Pardo Bazán en 1886. Claro exemplo da súa concepción naturalista da realidade, nela presenta un medio que condiciona o comportamento dos personaxes, onde aparece unha nobreza en plena decadencia económica e moral. A obra desenvólvese nos Pazos de Ulloa, situados nun recóndito lugar de Galicia, en 1880, onde a vida está marcada pola influencia da relixión, a bruxaría, a política e as paixóns. A chegada de Julián, un sacerdote delicado e sensible, a Ulloa terá imprevistas consecuencias. O marqués de Ulloa, rudo e paixonal, vese obrigado a contraer matrimonio con Nucha, unha rapaza de cidade, para quen o ambiente dos pazos é un pesadelo. O contrapunto de Nucha está representado por Sabela, a criada que tivo un fillo bastardo co marqués. Trátase dunha novela de aprendizaxe en que se amosa o tránsito da inocencia e do descoñecemento do mundo á dura madurez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación de orixe creada pola Orde de 26 de decembro de 1997 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. É unha variedade de queixo que se elabora nas comarcas de Arzúa, Chantada, Terra de Melide e A Ulloa, e nos concellos de Boqueixón, Curtis, Frades, Friol, Guntín, Mesía, Portomarín, Ordes, Oroso e Vilasantar. Presenta tanto forma cónica como lenticular cunha codia branca ou amarelenta elástica e unha pasta branda. O seu sabor é lixeiramente ácido, polo que adoita consumirse acompañado de marmelo ou mel. Elabórase con leite enteiro de vaca, pasteurizado, callado con callo animal e madurado durante máis de quince días. Durante este proceso lávase diariamente, o que lle dá o aspecto elástico á súa codia. Posúe arredor do 45% de materia graxa por peza. As súas variedades son o queixo Arzúa-Ulloa, o queixo Arzúa-Ulloa de granxa e o queixo Arzúa-Ulloa curado.
-
PERSOEIRO
Sacerdote. Frei dominicano, foi misioneiro en Canarias, América e África. Escribiu Consideraciones o Arco Iris de Paz e deixou escritos inéditos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que tivo a súa orixe en Vilamaior de Ulloa, lugar do que aínda non se concretou a zona exacta de localización, pero que puido estar preto de Melide. Lope Ruiz de Ulloa , neto de Fernando Pérez, conde de Traba, encabezou a liñaxe. Casou con Tareixa Fernández de Trava e deles proceden os sucesores desta liñaxe. De Diego García de Ulloa , comendador da orde de Santiago, proceden todas as ilustres casas de Extremadura. Os deste apelido foron señores de Ulloa, Monterroso e Deza e condes de Monterrei, ademais de señores de Coca e Alaejos, condes de Ayala e señores e marqueses da Mota, entre outros. Trae por armas, escudo axadrezado de ouro e goles, cargado de dúas faixas de ouro, de quince pezas (3 × 5). Outro trae, escudo axadrezado de ouro e goles, cargado de tres faixas de ouro, de quince pezas (3 × 5).
-
GALICIA
Avogado, xornalista e político. Afiliouse á Unión Liberal e, tras o triunfo da Revolución de 1854, foi elixido deputado en varias ocasións, pola Coruña, Mondoñedo, e A Fonsagrada. Foi director xeral de Ultramar (1858-1863), subsecretario de Estado (1856) e ministro de Mariña (1863), de Fomento (1864) e de Estado (1874) ata a Restauración. Colaborou con distintos xornais como El Tribuno, El Clamor Público e El Voto Nacional (que tamén dirixiu) e publicou Revista de Indias (1868). Foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantante lírico. En 1866 conseguiu a praza de baixo na catedral de Santiago. Debutou en Florencia coa ópera La Africana. Destacou a súa interpretación nas óperas Norma, Hernani, Moisés ou Fausto.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e poeta. Publicou os poemarios Pluma y alma (1913), Ecos de la tragedia (1914) e De la vida (1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Fundou o xornal Noticiero Gallego e a revista ilustrada Galicia cómica e publicou Arlequinada (1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro agrónomo e político. Presidiu a Deputación Provincial de Lugo (1963-1965) e foi procurador en Cortes (1963-1965), senador electo por Lugo (1977-1979 e 1982-1989) e deputado por UCD (1979-1982) e por Alianza Popular (1982-1986). Dirixiu a Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Agrícola de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo que abrangue parte dos concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.
-
PERSOEIRO
Mariño e científico. Participou na expedición que, promovida pola Académie des Sciencies de París, se encargou de medir o arco de meridiano terrestre en Perú. Ocupou cargos importantes na armada. Escribiu Noticias americanas (1772).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e político. Apoiou a Filipe V durante a Guerra de Sucesión e foi procurador de Cortes. Discípulo de Jerónimo de Uztáriz, foi un dos expoñentes do colbertismo na Península Ibérica. Publicou Restablecimiento de las fábricas y comercio español, errores sobre las causas de su decadencia y los medios de que florezca (1740) e Del comercio y tráfico marítimo que tiene España en las naciones y en la América (1741).
VER O DETALLE DO TERMO