"Umbria" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
CONDADOS
Condado de Inglaterra, Reino Unido (6.810 km2; 490.300 h [estim 1995]). A capital é Carlisle.
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Serra do NO de Inglaterra formada na era Primaria que sufriu posteriormente unha grande erosión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia, baixo a advocación de santa Baia, que dá nome ao concello de Dumbría.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Fisterra, situado na provincia da Coruña no O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos municipios de Vimianzo (Terra de Soneira) e Muxía (Fisterra), ao S con Mazaricos (Xallas) e Carnota (Muros), ao L con Vimianzo e Mazaricos e ao O con Cee e Muxía. Abrangue unha superficie de 124,65 km 2 cunha poboación de 3.890 h (2007) distribuídos nas parroquias de Berdeogas, Buxantes, Dumbría, O Ézaro, Olveira, Olveiroa e Salgueiros. A capital municipal, o lugar de Dumbría, está situada a 43° de latitude N e 9° 6’ de lonxitude O, 85 km ao SO da Coruña e 79 km ao O de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Corcubión e á arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello de Dumbría está enmarcado baixo o dominio climático oceánico húmido, na transición entre tres tipos diferentes: o do litoral atlántico do NO, o das Rías Baixas e o das plataformas occidentais. Así, as súas características fundamentais son... -
PERSOEIRO
Rei de Northumbria (616-633), fillo do rei de Deira. No comezo do seu reinado atacou o N de Gales, onde tomou Elmet e Anglesey. Converteuse ao cristianismo (627) e morreu nun ataque dos reis Catwallon de Gales e Penda de Mercia (632). Foi venerado como santo na Idade Media.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Northumbria (593-616), príncipe de Bernicia e de Deira (?-616), fillo do Rei Etelrico I. Estendeu o seu reino ata o Mar de Irlanda, ao vencer os escotos e os cumbrios (603) e os galeses (613), e converteuno no máis poderoso dos reinos anglosaxóns. Enfrontouse ao Rei Raedwad de Anglia do Leste e morreu na Batalla do río Idle.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado do N de Europa, situado na metade occidental da Península de Escandinavia, que limita ao L con Suecia, Finlandia e Rusia, ao S co mar do Norte, ao O co Océano Atlántico e ao N co mar de Barents (323.758 km2; 4.520.900 h [2001]). A súa capital é Oslo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo está constituído por un macizo de rochas graníticas e xistos, con cimas arrasadas pola erosión de glaciares cuaternarios, que forma parte do gran dobramento caledoniano. A influencia oceánica atenúa os contrastes entre o S e o N, polo que o estudo do territorio faise segundo franxas lonxitudinais: unha montañosa paralela á costa, unha fachada marítima con fiordes, e a Noruega do SL, situada detrás da montaña e de clima continental. A montaña escíndese en dous sectores separados pola depresión de Trondheim: ao N, as montañas de Oksskolten, e ao S, táboas graníticas con profundos vales que caen bruscamente cara ao mar, onde a altura máxima culmina no Galdhåpiggen,... -
PERSOEIRO
Rei de Northumbria (643-670). Conseguiu o dominio de toda Northumbria e a unificación de case toda Inglaterra ata que Wulfhere, fillo de Penda, reconquistou Mercia en 657.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir e presbítero. É o patrón de Camerino (Marcas). A súa festividade celébrase o 4 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado nas marismas de Odiel (12.266 h [2001]). É un centro de veraneo con actividades pesqueiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Italia, situada no interior da península, entre Marcas ao L, Lacio ao S e Toscana ao O (8.456 km2, 815.588 h [2001]). A súa capital é Perugia. Comprende as provincias de Perugia e Terni. Situada en plena cordilleira apenina, está constituída pola conca alta e media do Tíber, val que separa a zona apenina, ao L, da subapenina, ao O. O clima é submediterráneo. A súa economía é basicamente agrícola e a industria céntrase en Terni. Antigo territorio dos umbros, foi dominado por etruscos e romanos (295 a C). Desde o s VI deuse este nome ao ducado de Spoleto, posesión bizantina que pasou ao poder dos papas de Roma, conformando a provincia de Perugia (s XIII). Formou parte da República Romana (1798-1800) e do imperio francés (1808-1814). En 1860 volveu ao dominio papal e uniuse definitivamente ao Reino de Italia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escola de pintura desenvolvida durante a segunda metade do s XV. Baixo o influxo da escola florentina e de Piero della Francesca, o seu estilo caracterizouse pola afección aos temas relixiosos, á estrutura racional e simétrica da composición e pola perfección do debuxo. Formárona Il Perugino, Pinturichio, G. Boccati, B. Bonfigli, B. Caporali ou F. di Lorenzo.