"Umia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 22.

  • PERSOEIRO

    Astrofísico soviético. Foi Presidente da Academia de Ciencias da RSS de Armenia, profesor da Universidade de Erevan, e director e fundador do observatorio de Biurakan. En 1955 formulou a inestabilidade dos sistemas de galaxias, enunciando que se atopan en estado de expansión e que os seus compoñentes afástanse dun centro común. A partir do estudo sistemático dos grupos estelares inestables encontrou as asociacións de estrelas, nacidas, segundo el, de sistemas múltiples de enerxía positiva. Publicou, entre outras obras,   Teoreticheskaia astrofizika (Astrofísica teórica, 1939). Foi Presidente da Unión Astronómica Internacional (1961-1964) e premio Stalin 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran redución ou desaparición dos pulmóns de certos anfibios que habitan lugares extremadamente húmidos e que realizan os intercambios respiratorios unicamente a través da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Animal de pequeno tamaño, principalmente larvas de insecto ou anélidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que come moito e dunha forma moi rápida.

    2. Maña coa que se consegue algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terreo moi elevado.

    2. Trabe lonxitudinal que se sitúa na parte máis alta do teito ou da armazón dun tellado de dúas vertentes, xeralmente seguindo o eixe maior do edificio, e que sostén a estrutura da cuberta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ponteareas. Segundo unha inscrición do tímpano, construíse no s XIII. Ten planta e ábsida rectangular. Da construción románica conserva a portada occidental e o arco triunfal, que se apoia nun par de columnas entregadas cos capiteis repicados, un con decoración figurada e outro vexetal. O seu aspecto, de arco de ferradura, pode deberse á reconstrución do testeiro. No interior destacan os capiteis anexos ao altar, con representacións de rostros humanos. No exterior, a portada occidental remata nun arco de medio punto dobrado e apoiado en dous pares de columnas con bases de características áticas, mentres que os capiteis presentan unha orde de follas rematadas en espiral. As bases decóranse con sogas e con formas semellantes a cunchas de caracol. No muro norte hai unha peza que representa un león co rostro virado cara a atrás e coas patas dobradas, coa musculatura e a cabeleira talladas con rudeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Tomé de Cancelada (Cervantes). Documentada a partir de 1490, reedificouse en 1660. Conserva brasóns que aluden ás familias Neira e Lamas de Álvarez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Daga longa e curvada empregada polos mouros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Choro do neno mecoso.

    2. Formas esaxeradas de falar ou actuar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Choromicar o neno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘candil’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Soutochao (Vilardevós). O seu cumio acada os 700 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes bentónicos, da orde dos gadiformes, que presentan o corpo alongado, de cor acastañada ou azul, escamas con fortes espiñas e dispostas en series regulares, os raios da segunda aleta dorsal máis pequenos ca os da aleta anal, a espiña da primeira aleta dorsal co bordo serrado e cegos pilóricos longos e simples.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa Baia que dá nome ao concello de Ribadumia, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Salnés situado no O da provincia de Pontevedra e no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 42° 30’ 25’’ de latitude N e 8° 46’ 01’’ e lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Cambados e Vilanova de Arousa (comarca do Salnés), ao S cos de Meis e Meaño (comarca do Salnés), ao L con Meis (comarca do Salnés) e con Portas (comarca de Caldas) e ao O con Cambados (comarca do Salnés). Abrangue unha superficie de 19,7 km 2 cunha poboación de 4.659 h (2007) distribuída entre as parroquias de Barrantes, Besomaño, Leiro, Lois, Ribadumia e Sisán. A súa capital é o lugar da Escusa, na parroquia de Ribadumia, localizada a 22,5 km da capital provincial. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Cambados.
    Xeografía física
    O relevo de Ribadumia caracterízase pola súa planitude no marco do amplo val do Salnés, dominado pola litoloxía granítica e pola influencia da tectónica e da erosión diferencial....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mastigar os ruminantes por segunda vez os alimentos durante o proceso da ruminación.

    2. Pensar ou considerar algo con detemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente atlántica que nace na aba noroccidental da serra de Penas, na parroquia de Aciveiro (Forcarei). O seu curso adopta primeiramente unha dirección L-O coa que drena as parroquias de Quintillán e Meavía e penetra no concello da Estrada, polas parroquias de Ribela, Liripio, Codeseda, Souto e Arca. Pasa ao concello de Cuntis por Cequeril e logo delimita este concello co de Moraña. Despois, por Santo André de Cesar, penetra no concello de Caldas de Reis. Na vila vira cara ao SO e a partir de aí serve de fronteira co concello de Portas, antes de penetrar na comarca do Salnés, na que delimita os concellos de Vilanova de Arousa e Cambados co de Ribadumia. Desemboca na ría de Arousa entre as parroquias de Vilariño (Cambados) e Sisán (Ribadumia), despois de percorrer 45 km e drenar unha conca de 404 km2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Cambados a partir do 2 de xaneiro de 1907. Cesou o 21 de maio dese ano (nº9). Dirixido por Ramón Cabanillas, tivo unha periodicidade quincenal e incluíu informacións locais, opinión, poesías e tímidas críticas ao caciquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO