"Ural" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 152.

  • Sociedade cultural fundada en Ribadavia en decembro de 1969. Orientada especialmente á xuventude, desenvolve un amplo abano de actividades: conferencias, debates, concursos literarios, artísticos ou deportivos. Celebra recitais musicais, organiza exposicións de cerámica, serigrafías, pintura e representacións teatrais. Entre 1973 e 1980 organizou a Mostra de Teatro Galego e o Concurso de Obras Teatrais en Galego. Entre os gañadores do concurso destacan Manuel María, Euloxio Rodríguez Ruibal e Xose Luís López Cid coas obras O meu mundo non é diste reino, Zardigot e Eilbrief, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona que comprende e circunda a Albufera, declarada protexida no 1986 polo Consello da Generalitat Valenciana. A súa extensión é de 21.000 ha e protexe os ecosistemas da Albufera, da Devesa da Albufera e os pantanos circundantes. Ten importancia ornitolóxica debido a 260 especies de aves, das que máis de 80 son niñificantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundado en maio de 1990 por Marcos Valcárcel. Está presidido por César Ansias, e contribúe á dinamización da vida cultural ourensá colaborando con outras asociacións a prol da normalización cultural e lingüística do país. Organiza encontros de escritores, homenaxes a persoeiros destacados da cultura ourensá, debates, exposicións de libros, fotografía e caricatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade fundada en Santiago en decembro de 1958 por iniciativa de Paulino Pedret Casado, Benito Varela Jácome, Baldomero Cores Trasmonte, Francisco Otero Guldrís e Serafín González Prieto co gallo de honrar a memoria de Alfredo Brañas. Entre os seus primeiros obxectivos estaban: organizar un congreso rexional de Economía, Socioloxía e Dereito; crear unha Federación Rexional de coros galegos e unha exposición da obra pictórica de Maside. Tendo como precedente a homenaxe a Aurelio Aguirre -que celebraran no cemiterio compostelán de San Domingos-, esta agrupación organizou unha concentración en Carballo (1959) para celebrar o primeiro centenario do nacemento de Alfredo Brañas. A este acto acudiu Leandro Carré, en representación da Real Academia Galega, e nela colaborou tamén a comisión de Homaxe da Colectividade Galega a Alfredo Brañas que colocou unha placa conmemorativa en galego suscitando unha espiñenta polémica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superficie forestal de 746 ha, que en 1978 cambiou a declaración de sitio natural de interese nacional, que ostentaba dende 1935 pola de parque natural. A vexetación actual provén principalmente das repoboacións principiadas en 1910 con piñeiros, acacias, cipreses e cedros, e de pequenas manchas de vexetación autóctona. A presenza no parque de gandería cabalar en liberdade permite a celebración cada ano de curros e de rapas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada o 24 de febreiro de 1993 baixo a presidencia de Celestino Lores Rosal. O seu marco de actuación xira ao redor do camiño portugués cara á catedral de Santiago de Compostela. Organizan peregrinacións dende Portugal, rutas de sendeirismo e convocan o premio periodístico Camiño Portugués, amais de exposicións e conferencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución formada o 21 de xaneiro de 1991 e presidida por Eligio Rivas Quintas. O seu obxectivo é conservar a natureza e promocionar o pobo da serra ourensá de San Mamede e dos concellos do seu contorno. Organizan conferencias sobre etnografía ou historia, escaladas ao alto de san Mamede e obras de restauración do camiño e da ermida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pechar cunha muralla unha cidade, unha vila, un castelo ou calquera edificación que se queira protexer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parapeto ou calquera outra defensa diante do muro principal dunha fortaleza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fortificación colocada diante da muralla que ten función de defender.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contrario ao que é natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que combate a neuralxia.

    2. Medicamento que combate a neuralxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fortificación construída entre os ríos Forth e Clyde por orde do Emperador Antonino Pío (140?) para protexer os territorios británicos baixo dominio romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á Arquitectura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en abril de 1982 en Berdillo, concello de Carballo. O seu obxectivo é contribuír ao desenvolvemento cultural, así como á súa difusión e promoción no medio rural fomentando a participación en diversas actividades de carácter lúdico e cultural: de música, baile, teatro, cociña, fotografía, horticultura, corte e confección, deporte ou educación de adultos, entre outros. A asociación conta con varios grupos de música e baile tradicional: Bilitroque e Pinalla (baile), Arume e Chorima (cantareiras), Os Chumbalóns (cantareiros), amais dun grupo de gaiteiros, a agrupación teatral Arume Treatro e o Grupo de Cámara de Berdillo dedicado ao arranxo e interpretación de música irlandesa, centroeuropea, española e galega, ben tradicional ou ben de autores dos séculos XVII-XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en 1951. Seis anos despois, baixo a presidencia de Miguel González Garcés, iniciou unha nova etapa máis orientada á promoción cultural. Entre esas actividades destaca a creación dun grupo de Teatro de Cámara e Ensaio dirixido por Antonio Naveira Goday. Esta agrupación presentou en 1959 o espectáculo O incerto señor Don Hamlet, a partir da obra homónima de Álvaro Cunqueiro e en 1961 estreou Os vellos non deben de namorarse, a partir do texto de Castelao. A pesar dos atrancos que houbo que superar e do escaso número de funcións realizadas, a estrea destes dous espectáculos veu confirmar a necesidade e as posibilidades dun teatro en lingua galega, marcando o inicio dunha lenta pero progresiva normalización da actividade teatral en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en 1982 en Pontevedra (A Seca) e, en 1991, en Braga. Legalizada no Estado español (20.7.1983) e portugués (8.8.1991) está presidida por Jose Luis Fontenla (Galicia) e Mª Rosa da Rocha Valente (Braga), contando ademais cos codirectores Antonio Gil Hernández (Galicia), Cristrina Mello (O Brasil) e J. L. Pires Laranjeira (PALOP). O seu obxectivo é a defensa da Lusofonía e a promoción da lingua portuguesa en Galicia, O Brasil, nos Palop (Países Africanos de Lingua Oficial Portuguesa), Timor, etc. Esta asociación organiza congresos sobre lingua, cultura e literatura dos pobos lusófonos; defende o Acordo Ortográfico de 1990 que unifica as variantes galega, portuguesa e brasileira dentro do diasistema portugués e promove o intercambio cultural e científico entre os países de lingua portuguesa, tendo colaboradores nas principais universidades galegas, portuguesas, brasileiras ou africanas, así como nas de San Petersburgo, Nova York, Utrecth, Hamburgo, Kyóto, etc. Baixo o nome...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade nacida na vila de Vilalba en 1934. Foi presidida por Sebastián Martínez Risco, escritor galego e presidente da Real Academia Galega. Esta institución desenvolvía unha serie de actividades vencelladas á cultura tales como a organización de conferencias -coa participación de Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Noriega Varela e Demetrio Méndez Curiel, entre outros-, xunto con concertos e recitais musicais, representacións teatrais, -alí estreouse a obra El poder de la conduta de Martínez Risco-, e bolsas de estudios para o Instituto Manuel Murguía da mesma localidade. Desapareceu no ano 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos augures ou aos augurios.

    VER O DETALLE DO TERMO