"Urano" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 23.

  • Hidrocarburo aromático heterocíclico bicíclico, chamado tamén cumarona. Obtense dos aceites lixeiros do alcatrán de hulla. É a base para obter as resinas de cumaronaindeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico pertencente ao grupo dos carbamatos que actúa como fumigante polivalente sistémico ou por contacto. Ten un amplo espectro insecticida sobre o pulgón, as moscas e os miriápodos. Deixa de ser tóxico para o ser humano despois de 60 días da súa aplicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto heterocíclico pentagonal osixenado de carácter aromático. É un líquido incoloro, insoluble en auga e soluble en alcohol, éter e outros disolventes orgánicos. Prepárase industrialmente por descarboxilación do ácido 2-furoico, que se obtén por oxidación do furfural. Reacciona por substitución electrófila máis facilmente ca o benceno. O furano pódese reducir cataliticamente e dá tetrahidrofurano (THF). Como o seu carácter aromático é moderado, pódese comportar como un dieno na reacción de Diels-Alder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero insectívoro da familia dos sorícidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma hemiacetálica cíclica, con anel de cinco membros (anel de furanosa), catro átomos de carbono e un de osíxeno, que poden presentar as hexosas, as pentosas e os seus derivados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos glicósidos en que o monosacárido do que derivan está en forma de furanosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo municipio de Véneto (Italia) incorporado desde 1923 á cidade de Venecia. Estableceuse sobre cinco illas separadas por un gran canal e por ríos menores. Conta cunha industria moi importante de vidros desde o s XIII, momento en que os fornos de vidro situados en Venecia foron trasladados a Murano para evitar perigos na cidade. Desde o s XV fabrícase cristal de cor, e no s XVI obtívose o cristal filigranado. Do seu patrimonio artístico destaca a basílica de Santa Maria (ss VII-XII), decorada con ricos mosaicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • musaraña doméstica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto heterocíclico que consiste nun anel de cinco membros que contén un átomo de osíxeno na súa estrutura. É un solvente de tipo básico que ten unha gran facilidade para combinarse con metais, oxídase orixinando un peróxido explosivo e pode ser polimerizado formando diversos poliéteres. É o produto de partida para a preparación de diversos compostos como a pirrolidina ou o clorobutanol. Ten unha grande aplicación como solvente industrial e de síntese orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sétimo planeta do sistema solar atendendo á súa proximidade ao Sol. É un planeta superior. A causa do seu escaso brillo, non foi descuberto ata que en marzo de 1781 William Herschel o observou cun telescopio de 16 cm de diámetro. Cando está en oposición ten un diámetro angular aparente duns 4’’ e unha magnitude aparente de 6. No telescopio aparece cun pequeno disco verdoso. O seu período sideral é de 84 anos. O período de rotación é de 15,5 h, e esta rotación é retrógrada. A grande inclinación do ecuador de Urano fai que cada 42 anos o eixe de rotación sexa dirixido aproximadamente na dirección da órbita. Ten un diámetro duns 52.300 km, unha masa dunhas 14,5 veces a masa terrestre e unha densidade media de d,1,19. Ten unha estrutura cun núcleo a alta temperatura (,7000°C) e presión (20×106 atm), envolto por un núcleo rochoso, composto de silicatos e ferro, que ten 16.000 km de diámetro. Este núcleo é o responsable do campo magnético de Urano, relativamente intenso. Despois deste...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade grega, personificación do ceo e fecundador da Terra por medio da chuvia. Uniuse a Xea e creou os ciclopes, os xigantes e os titáns. Temendo que lle arrebatansen o trono, non lles permitiu nacer e mantívoos ocultos nas profundidades de Xea ata que Cronos, o máis novo dos titáns, lle cortou os xenitais e o substituíu no trono.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘ceo’, ‘bóveda celeste’.

    2. Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘padal’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cosmografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado que describe o universo ou o ceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da astronomía que mide as distancias celestes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atlas celeste publicado en 1603 por Johann Bayer, constituído por 51 mapas detallados de determinadas rexións do firmamento, no que cada constelación aparecía superposta á figura correspondente ao seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Catálogo de estrelas elaborado por F. W. Herschel e revisado e completado despois polo seu fillo J. F. W.Herschel, en 1843. Contén a posición e a magnitude de 3.256 estrelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía plástica que se practica no padal.

    VER O DETALLE DO TERMO