"Uria" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 180.

  • Presencia de acetona na urina como consecuencia da acetonemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exceso de ácidos nos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia de pigmentos biliares nos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político vasco. En 1929 ingresou no PNV-EAJ (Partido Nacionalista Vasco) e foi membro do Euskadi Buru Batzar, órgano superior do partido. Defensor da legalidade republicana, viuse na obriga de asinar o pacto de Santoña (1937), polo que Bilbao se rendía e entregaba as milicias vascas ao corpo expedicionario italiano. Prisioneiro durante seis anos, en canto o ceibaron incorporouse á resistencia, destacando como un dos líderes das folgas de 1947 e 1951. Coa restauración das liberdades democráticas, foi un dos máximos impulsores da Fronte Autonómica, (formada polos partidos nacionalistas e o PSOE) nas eleccións de 1977, sendo elixido deputado por Bizkaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neuropsiquiatra vasco. Foi catedrático de Psiquiatría da Universidade de Xenebra e director do hospital psiquiátrico de Bel Air na mesma cidade, que baixo o seu maxisterio se converteu nun centro de formación de sona internacional. Entre as súas obras destacan Le cortex cérébral (O córtex cerebral, 1960) e Manuel de Psychiatrie de l’enfant (Manual de psiquiatría do neno, 1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación habitual, aínda que incorrecta, da proteinuria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de álcalis nos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade hereditaria autosómica recesiva que consiste nunha deficiencia do enzima oxidasa do ácido homoxentísico ou alcaptona, que se acumula en cantidades anormais na urina e no tecido conectivo do que a padece a causa dunha degradación incompleta dos aminoácidos fenilalanina e tirosina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da familia das pironematáceas con frutificacións en apotecios como cuncas de ata 12 cm de diámetro, de cor alaranxada moi viva coa cara externa máis pálida. En Galicia é común A. aurantia sobre solos espidos e húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento da cantidade de amilasas nos ouriños. Prodúcese en doenzas do páncreas, sobre todo na pancreatite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de amoníaco nos ouriños. En condicións normais oscila entre 0,4 e 1 g/día.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome antigo da revista de prehistoria e arqueoloxía Empúries.

    2. Empúries.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia de ouriños por falta de formación renal (anuria verdadeira) ou por mor dun obstáculo interposto no curso da urina, entre o ril e a vexiga urinaria (anuria falsa).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Territorios do noroeste da Hispania romana habitados respectivamente por ástures-cántabros e galaicos. Estas dúas rexións foron incluídas na provincia da Lusitania por Augusto, na súa primeira organización provincial do ano 27 a C, coa finalidade de controlar mellor o territorio ástur neses anos que estaba en guerra contra Roma (guerras ástur-cántabras, 29 - 19 a C). A razón desta intensa acción de sometemento por parte dos romanos vén explicada pola presenza no territorio de minerais coma o ouro ou o minio. Unha vez finalizada a conquista, Augusto procedeu a unha segunda reestruturación administrativa, que tivo lugar entre os anos 16 e 13 a C co gallo da súa segunda viaxe á Península Ibérica, na que Asturia e Gallaecia son incorporadas á Provincia Citerior Tarraconensis. Os núcleos ou cidades principais reciben o nome de Augustus: Bracara Augusta, Lucus Augusti e Asturica Augusta, á vez que se forman os correspondentes convento xurídico asturicense, lucense e bracarense. Con Caracalla...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Asturias ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Asturias.

    3. Formas de arte da Corte de Asturias, primeiramente en Cangas de Onís, despois en Oviedo e en León, desde o s VIII ata a época de Afonso III. É un dos grupos de arte prerrománica máis persoais. O seu sistema construtivo está rexido polos principios que formaron toda a arte medieval desde o Románico, aínda que aquí aparecen arcos de medio punto e de ferradura. Pódese dicir que se trata xa de estruturas medievais, en contraposición coas visigóticas, pese a que na súa orixe teñen un gran papel as novas fórmulas europeas de influencias orientais. Os temas escultóricos participan das estilizacións clásicas de raíz hispano-visigótica ata a aparición dos modos mozárabes. A pintura presenta raíces antigas sen apartarse dos mesmos modelos de tempos bizantinos. Na arte asturiana distínguense catro momentos: un de formación (Igrexa de Santa Cruz, en Cangas de Onís (737), outro que corresponde a Afonso II, do cal permanece a chamada Cámara Santa e San Julián de los Prados. O terceiro momento -Ramiro...

    4. As falas asturiano-leonesas son aquelas que se falan na área do antigo Reino de León. As provincias de Asturias, Santander, León, Zamora, Salamanca, Cáceres e Badajoz amosan restos do vello dialecto. O asturiano presenta aínda nestes últimos anos do s XX unha situación de bilingüismo diglósico no que a lingua A ou alta é o castelán, e a lingua B ou baixa é o asturiano, que como lingua minoritaria e minorizada ensina unha problemática específica.
      Evolución histórica
      A documentación dos reinos de Asturias e de León data do 775, o Diploma do Rey Silo, e constitúe unha das máis ricas dentro do ámbito peninsular. O século XIII constitúe o máis frutífero dentro da documentación medieval en asturiano, na súa maioría textos xurídicos (foros, ordenanzas municipais, doazóns, testamentos, etc); esta lingua presenta numerosas vacilacións ortográficas, elementos dialectais, así como latinismos (esperables por tratarse dunha linguaxe xurídica inzada de fórmulas fixas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Comunidade autónoma do estado español, constituída pola vertente marítima do extremo occidental da cordilleira Cantábrica, entre Galicia, ao O, e La Montaña (Cantabria), no L. (10.604 km2; 1.087.885 h [1996]). Abrangue a provincia de Asturias, constituída por 78 municipios (1996). A capital é Oviedo.
    Xeografía física
    Asturias está estruturada en dúas cordilleiras paralelas, unha litoral e outra interior, orixinadas polo realzamento dunha antiga cordilleira herciniana que enmarcan unha depresión prelitoral. As cordilleiras xúntanse no O nun cóbado de altitudes modestas (1.000 a 1.500 m) chocando coas serras orientais galegas. No L, a morfoloxía cárstica suave, de cume inferior a 1.500 m, é unha plataforma de abrasión mariña emerxida (rasa), tallada por numerosos ríos. Nas serras interiores a liña do cume sobrepasa xeralmente os 2.000 m. No O predominan os materiais palozoicos duros. No extremo L, os Picos de Europa, de morfoloxía calcaria, acadan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do Estado Español, a única da comunidade autónoma do Principado de Asturias. A súa capital é a cidade de Oviedo.

    VER O DETALLE DO TERMO