"Vallo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 21.

  • Queixo italiano de leite de vaca e ovella, é o máis antigo que existe do tipo pasta filata, documentado desde o século I. Para a súa elaboración o leite callado córtase en tiras que se introducen, primeiro en auga quente, e despois no propio soro do queixo, antes de amasalo á man e volvelo bañar. Dáselle forma de pera, cunha corda na parte aguda, para poder colgalo a madurar durante un tempo mínimo de tres meses; logo enfríase con auga, única diferenza respecto á elaboración do mozzarella. Conta con Denominación de Orixe. Existen outros queixos similares, italianos, coma o cacciotte e o provolone, e centroeuropeos, coma o kashkaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do apelido Carballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Garibaldino e, posteriormente, de tendencias socialistas, colaborou na prensa da época. Escribiu poesía e teatro de carácter neorromántico. Da súa produción destacan as obras Battaglie (Batallas, 1871) e I pezzenti (Os mendigos, 1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hermenegildo Díaz de Cevallos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Estudiou en Nápoles. Da súa produción destacan I Pagliacci (1892), que o converteu nun dos destacados da escola verista da ópera, Chatterton (1896), La bohème (1897), eclipsada pola homónima de Pucini, Zazà (1900), Tormenta (1914), de ambiente sardo, e Edipo re (1920, póstuma). Foi tamén autor dos libretos que empregaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de talla da pedra que consiste en traballar os cantos proporcionándolles unha forma estándar, de xeito que prefigurase a forma que se quería obter da lasca desprendida. Os núcleos caracterizábanse pola forma coa punta aguzada. Posteriormente extraíanse lascas, cun percutor brando intermedio, que se convertían en diversas ferramentas. Malia que debeu aparecer no Paleolítico Inferior, forma o substrato máis potente do Paleolítico Medio e está asociada aos neanderthais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Industria lítica do Paleolítico Medio que toma o nome da localidade francesa de Levallois-Perret (París). Caracterízase pola obtención de lascas procedentes de núcleos especialmente preparados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Levalloisiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Xesta (Lalín). O seu cumio acada os 642 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Castro de Laza (Laza). O seu cumio acada os 854 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Riós baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molusco lamelibranquio que mantén unidas as dúas valvas grazas a unha cartilaxe situada no medio das mesmas. Estas valvas poden ser de ata 8 cm de lonxitude, iguais entre si, e posúe un dente cardinal na valva esquerda e dous na dereita. Atópase na zona infralitoral, entre a area.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Penarrubia (Baralla). O seu cumio acada os 800 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Vilanova (Lalín) e Sanguiñedo (Dozón). O seu cumio acada os 687 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribeira de Piquín baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeólogo e enxeñeiro de minas, fillo de Melchor de Prado Mariño. Estudou matemáticas e ciencias naturais na Universidade de Santiago de Compostela e minas en Madrid. De ideas liberais, durante a súa mocidade participou na creación da Sociedad Patriótica Coruñesa. Traballou como inspector de minas e destacou na confección da parte española do mapa xeolóxico de Europa e pola visión que tiña da xeoloxía como ciencia aplicada. Opúxose á división do mapa xeolóxico de España en provincias propoñendo a división por áreas xeolóxicas e realizou numerosos traballos de paleontoloxía na Cordilleira Cantábrica. Colaborou en Observatorio Pintoresco e editou El Tarraconense. Publicou, ademais de numerosos mapas, Vindicación de la geología (1835), Mapa Geológico y Memoria de la provincia de Madrid (1864), Carta géologique de l’Espagne et du Portugal (1864) e Faune primordiale dans la châine Cantabrique (1890). Membro das sociedades xeolóxicas de Londres...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto, fillo de Melchor de Prado Mariño. Iniciouse co seu pai e obtivo en 1839 o título de arquitecto pola Academia de Bellas Artes de San Fernando. Foi arquitecto municipal de Santiago de Compostela desde 1840 e como tal encargouse de diversos trazados urbanísticos e construtivos como os proxectos para o Teatro Principal (1841) e para o mercado de abastos (1850), a construción do primeiro cemiterio xeral da cidade, inaugurado en 1847, as escalinatas da universidade (1844) ou o peche do pazo arcebispal na Acibechería (1854). O seu academicismo caracterizouse pola ausencia da monumentalidade e polas composicións sobrias e austeras. Cara a finais da década de 1850 a súa produción volveuse máis ecléctica, sen abandonar as pautas clasicistas. Os seus edificios de vivendas caracterizáronse pola claridade das liñas e das súas obras destacan Santiago de Padrón (1859) e a capela de Santa Minia de Brión (1857), San Pedro de Ribeira (1858) e San Miguel de Arca (1862), o antigo Café Suízo (1858)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo e paleontólogo. Director do Institut de Paléontologie Humaine (1942) e do Musée de l’Homme (1950), de París, das súas obras destacan Traité d’anthropologie (1926), Les races humaines (1944) e La paléontologie et l’origine de l’homme (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO