"Viena" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 17.
-
PERSOEIRO
Arcebispo de Viena do Delfinado (859-875). É autor dun martiroloxio (858), cheo de lendas e erros, que tivo influencia sobre a Martiroloxía romana.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Francia, na rexión do Limousin (5.520 km2; 355.548 h[estim 1995]). A capital é Limoxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Círculo de Viena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Land independente da Baixa Austria e capital de Austria (415 km2; 1.562.676 h [2001]), situada ao L do país, entre os Alpes orientais e a chaira panónica, na beira esquerda do Danubio. Durante a segunda metade do s XIX viviu o máximo crecemento de poboación. Sufriu o seu declive cando perdeu a capitalidade do Imperio Austro-húngaro, o que produciu a emigración de numerosos habitantes. Centro industrial, sobre todo das industrias dedicadas á transformación como electromecánicas, de material de precisión, de industrias de instrumentos musicais ou alimentarias, ten refinaría de petróleo. É sede de numerosos organismos internacionais como a AIEA ou a OPEP. Foi a romana Vindobona, e a súa función era protexer o limes do Danubio. Ao redor de 1135 pasou a mans dos Babenberger que, despois de conquistar o ducado de Austria, a converteron na súa residencia en 1156. A súa conversión en ducado e o tráfico comercial do Danubio favoreceron o florecemento cultural e mercantil....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Vienne.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola filosófica que xurdiu en Viena en 1910 como reacción contra as especulacións idealistas e afíns (como as das chamadas ciencias do espírito) dos anos precedentes. Quería establecer unha filosofía científica, e a súa correspondente concepción científica do mundo, centrada na análise da linguaxe, derivou cara a un positivismo e un empirismo lóxicos. Herdeira da tradición empirista e nominalista e da filosofía de E. Mach, iniciárona Hans Hahn (1880-1934) e Otto Neurath (1822-1945), entre outros, e estableceuse definitivamente coa chegada a Viena de Moritz Schlick en 1922 e de Rudolf Carnap en 1926. Adheríronse tamén científicos das máis diversas especialidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunións celebradas en Viena entre 1819 e 1820 presididas polo príncipe Metternich-Winneburg e ás que asistiron membros da Confederación Xermánica. Tiña como obxectivo terminar coas revoltas liberais alemás. Baviera opúxose a esta represión e puido conservar os seus réximes constitucionais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunións celebradas en Viena entre 1853 a 1855 durante a Guerra de Crimea que tiñan como obxectivo solucionar o problema ruso-turco. En abril de 1854, Austria, Francia, Reino Unido e Prusia decidiron manter os límites do Imperio Otomán e os dereitos dos habitantes cristiáns. En xuño dese mesmo ano, Prusia deixou a conferencia por non amolar a Rusia. A conferencia desapareceu cando non se conseguiu a paz en Crimea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunións celebradas en Viena entre o 30 de outubro de 1814 e o 9 de xuño de 1815. Pretendían reconstruír o mapa de Europa despois da fin do imperio napoleónico. Prevista no primeiro Tratado de París, quería conseguirse a restauración da orde social e do sistema político e unha paz duradeira en igualdade de condicións entre as diferentes potencias. Foi dominado polas catro grandes potencias da época, Austria, Rusia, Reino Unido e Prusia, aínda que Francia tamén tivo un papel importante grazas ao príncipe de Talleyrand. Os monarcas das grandes potencias asistiron ao congreso o que creou dous centros de decisión: o consello de ministros e a reunión dos soberanos, na que o Tsar Alexandre I ideou a Santa Alianza. O Imperio dos Cen Días non interrompeu as reunións. Austria, que abandonou os Países Baixos, obtivo Galitzia, o Tirol, a rexión de Salzburgo, o Reino de Lombardia-Véneto e o litoral dálmata. Prusia obtivo o terzo setentrional de Saxonia, a Pomerania sueca, a maior parte do antigo Reino...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de economistas marxinalistas formado ao redor de Karl Menger. Os seus primeiros discípulos foron Böhm-Bawerk e Wieser, considerados confundadores polas súas achegas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de compositores fundado por A. Schönberg na década de 1920 e no que participaron, entre outros, A. Webern e A. Berg. Crían que o sistema tonal occidental xa non era capaz de crear novas posibilidades, polo que concibiron o método dodecatónico, no que todas as notas tiñan o mesmo valor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de paz firmado o 30 de abril de 1725 entre Filipe V de España e o Emperador Carlos VI. Supuxo a fin da inimizade entre os dous reis e dos problemas que derivaran da Guerra de Sucesión (1700-1715), como a renuncia definitiva de Filipe V a Flandres e ás illas de Sardeña e Sicilia, e a de Carlos VI a adquirir calquera reino hispánico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de paz asinado en Viena o 14 de outubro de 1809. Supuxo a fin da campaña de Napoleón daquel ano. Francia obtivo de Austria as Provincias Ilirias, que perderon a saída ao mar, e aceptou o bloqueo continental e a limitación do exército. O gran ducado de Varsovia recibiu Varsovia e Lublin; Rusia obtivo Tarnopol, e Baviera adquiriu Salzburgo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado en Viena o 22 de xullo de 1731 entre España e Francia. Supuxo o recoñecemento dos dereitos do infante Carlos sobre os ducados de Parma e Plasencia, por parte de Austria. Ademais España renovaba a Cuádrupla Alianza e aceptaba os acordos firmados o 16 de marzo dese mesmo ano en Viena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto, firmado en 1738, que rematou coa Guerra de Sucesión de Polonia. Supuxo varios acordos entre Austria e Lorena, e entre Francia, España, Nápoles, Sardeña e o ex-rei de Polonia, Estanislao Leszczýnski. Este obtivo Lorena e Barroi; Parma, Plasencia e Toscana pasaron a mans de Lorena; Nápoles, Sicilia e os Presidios de Toscana foron para o infante Carlos, fillo de Filipe V de España; o Milanesado pasou a Austria e Novara e Tortona e Tesino pasaron a mans de Sardeña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo de paz asinado en 1864 en Viena entre Dinamarca, Austria e Prusia que puxo fin á Guerra dos Ducados. Dinamarca entregou ducados de Slesvig, Holstein e Lauenburg e a cidade de Kiel a Austria e Prusia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo de paz asinado en Viena en 1866 entre Austria-Hungría e Italia. Supuxo o abandono do Véneto por parte de Austria-Hungría e o recoñecemento como reino italiano, pero a cambio dunha compensación. Ratificouno o Tratado de Venecia.