Viena, círculo de
Viena, círculo de
Escola filosófica que xurdiu en Viena en 1910 como reacción contra as especulacións idealistas e afíns (como as das chamadas ciencias do espírito) dos anos precedentes. Quería establecer unha filosofía científica, e a súa correspondente concepción científica do mundo, centrada na análise da linguaxe, derivou cara a un positivismo e un empirismo lóxicos. Herdeira da tradición empirista e nominalista e da filosofía de E. Mach, iniciárona Hans Hahn (1880-1934) e Otto Neurath (1822-1945), entre outros, e estableceuse definitivamente coa chegada a Viena de Moritz Schlick en 1922 e de Rudolf Carnap en 1926. Adheríronse tamén científicos das máis diversas especialidades.