"Vilanova" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 35.

  • No ano 1860, dúas charangas da vila uníronse formando unha banda de música con, aproximadamente, uns trinta compoñentes, dirixidos por Camilo Pérez Pérez. A partir de aquí, unha serie de directores enriqueceron o colectivo, non só coa achega directora senón con importantes composicións que hoxe son intrepretadas por outras bandas galegas, como poden ser a muiñeira O por do sol, de Bernardo Cortés ou o pasodobre Los siete infantes, de Jesús Vázquez. No ano 1982 chegou a Vilanova dos Infantes o que fora director da Banda de Música de Aviación de Madrid, Benito de las Cuevas López, quen lle imprimiu un selo moi persoal, incorporando novos temas ao repertorio da banda, con pezas como Galaico ou Aromas de Vilanova dos Infantes. Dende abril de 1991, exerceu a súa dirección Hermelindo Gómez Rodríguez, formado en La Lira de Ribadavia. Actualmente está constituída por 35 músicos, e nos últimos anos foi dirixida por Sergio Perelló Blanquer, substituído no 2000...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e historiador da arte. Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, foi crítico da arte en diversas publicacións. Escribiu Camilo Nogueira (1904-1982) (1996) e A pintura galega (1850-1950). Escola, Contextualización e Modernidade (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo fundado en 1960 e situado na igrexa do mosteiro beneditino de Vilanova, en Lourenzá. Pertence ao Consello Galego de Museos. A súa colección inclúe importantes pezas de ourivaría, escultura, pintura, mobiliario e indumentaria, das que destacan un sartego do s V, unha ara e unha lauda do s IX e un relicario do s XVII. Conta coa biblioteca monacal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vedra baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vilanova de Santiso (Malpica de Bergantiños). Ten planta en forma de T con dúas alturas. Os muros son de cachotaría e os ocos están encintados en cantaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (3.829 h [2001]). Ten cultivos de secaño, cereais, forraxe ou patacas, e industria téxtil, de xoguetes, da construción e talleres mecánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar e capital do concello de Lourenzá situado na parroquia homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Miño baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monterroso baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pobra de Trives baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Veiga baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Cibrán que dá nome ao concello de Vilanova de Arousa, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Salnés situado no O da Comunidade Autónoma de Galicia e no N da provincia de Pontevedra. Limita ao N cos concellos de Vilagarcía de Arousa (comarca do Salnés) e Caldas de Reis (comarca de Caldas), ao S cos de Cambados, Ribadumia e Meis (O Salnés), ao L con Portas (Caldas), e ao O coa ría de Arousa. Abrangue unha extensión de 33,7 km 2 cunha poboación de 10.333 (2001) distribuída nas parroquias de András, Baión, Caleiro, Deiro, Tremoedo e Vilanova de Arousa. A súa capital é a vila de Vilanova de Arousa (42° 33’ ’54’’ N - 8° 49’ 38’’ O), situada na parroquia homónima e distante de Pontevedra 28 km. Está adscrito ao partido xudicial de Cambados.
    Xeografía física
    Desde o punto de vista xeomorfolóxico, Vilanova de Arousa sitúase no val do Salnés, unha área de terreos de escasa altitude maioritariamente granítica. As maiores altitudes atópanse na parte setentrional, no monte Lobeira (290 m), un pequeno resalte granítico que se corresponde...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Vilanova de Arousa. Construíuse en 1947 en estilo neoclásico. Ten planta rectangular de nave única con capelas laterais. A fachada principal está organizada en dous corpos: no inferior atópase a porta cun frontón partido e, o superior, remata nun frontón triangular. A torre lateral ten catro corpos, o último octogonal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na Barra (Coles). Ten planta rectangular, moi simétrica, sen torres e con dous pisos e bufarda. Na fachada principal destaca unha escaleira de pedra con dous tramos que dá acceso á solaina que percorre a planta principal. Está rodeado dun patio onde se sitúa a capela e diversas construcións adxectivas. O patio péchase cun muro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro de monxas beneditinas situado en Dozón. Segundo unha inscrición da ábsida da igrexa, foi realizado en 1154 por Goto Suárez e co apoio de Afonso VII. No s XVI pasou a depender do mosteiro de San Paio de Antealtares. Consérvase a igrexa de estilo románico, cunha soa nave de planta reactangular e ábsida semicircular con características cisterciense que marcan a transición cara ao gótico. A fachada principal está formada por unha porta, enmarcada entre contrafortes, de arquivoltas lixeiramente apuntadas sobre a que se estende un beirado de canzorros. A parte superior do muro da fachada norte está percorrida por unha sucesión de arquiños. Está dividida en tres lenzos separados por contrafortes onde se sitúan a porta de entrada, semellante á da fachada principal, e dúas ventás. Nesta fachada hai unha espadana de dous vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • San Salvador de Lourenzá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Malpica de Bergantiños baixo a advocación de San Tirso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Barco de Valdeorras baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO