"Xerome" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
PERSOEIRO
Cuarto conde de Monterrei. Pasou a súa infancia na Corte e na casa do Arcebispo de Toledo. Casou con Inés de Velasco e Tovar, filla de Xoán Velasco e Tovar, marqués de Berlanga. Foi Pertigueiro Maior de Santiago e serviu ao infante Felipe de Austria, fillo de Carlos I. Rexeitou o cargo de Embaixador do Reino de Castela no Concilio de Trento para o que fora nomeado por Filipe II. No 1559 sucedeu ao seu pai, Alonso de Acevedo e Zúñiga, como conde de Monterrei. Morreu tres anos despois en Babilafuente. Os seus fillos Gaspar, quinto conde de Monterrei, e Baltasar brillaron no eido bélico, político e literario.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e director de teatro. Dirixiu o grupo de teatro Máscara-17, co que realizou espectáculos desde principios dos setenta. Entre as súas montaxes destacan Por Dios Eros (1984), Ahl Kharallo Light (1986), Fajanjastoafjanistanirán (1987), Ñeñeñé-Ukaká (1989), Labio leporino (1990), É perigoso asomarse ao interior (1996) ou Máis se perdeu en Cuba (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Discípulo e xenro de Mateo de Prado, participou nas obras do baldaquino perdido de Oseira. Realizou unha imaxe de santo Antón para unha capela de Melide en 1675. En 1679 traballou na imaxe da Nosa Señora da O da confraría do Rosario de Santiago de Compostela. En 1681 foi asalariado da catedral de Santiago de Compostela e, en 1685, restaurou a imaxe do Santo Cristo do altar da Nosa Señora da Soidade. En 1688 realizou dúas imaxes de san Bieito e santo Antón para a igrexa de Santa María do Campo (O Irixo). É probable que traballase no mosteiro de Santa María de Oseira con Xoán Carballo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Dominicano. Ingresou na orde de san Domingos, entre 1819 e 1822 foi depositario do convento de Santiago. Ao mesmo tempo rexentou a cátedra de Canons ata 1829, agás na paréntese dos cursos 1822-1823 e 1827-1828 que explicou Teoloxía Dogmática. Doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela en 1825 e, no 1829, acadou o grao de mestre en teoloxía. Ademais de dedicarse ao ensino nos conventos dominicanos, ocupou a cátedra de Filosofía (1820) e de Teoloxía (1821) da universidade compostelá. Entre 1824 e 1836 presidiu a academia de filosofía e rexentou a cátedra de Metafísica, que acadou en propiedade (1829). Foi suspendido da súa cátedra por non xurar a Constitución do Estado, e pasou a ser rexente de estudios e prior de Santiago ata xullo de 1835.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustrado. Vinculeiro dunha familia fidalga, despois de realizar os estudios básicos e de gramática -con toda probabilidade en Allariz-, renunciou ao morgado da súa casa e en 1690 ingresou no mosteiro beneditino de San Xián de Samos, onde permaneceu dous anos. Tomou os hábitos en 1692. Residiu en Salamanca (1695-1698), para a realización dos seus estudios universitarios, e en Eslonza (León), e nos mosteiros de Lérez e Poio, onde exerceu como mestre de artes e teoloxía. En 1709 trasladouse ao colexio de San Vicente de Oviedo, onde permaneceu ata a súa morte. Doutor en Teoloxía pola Universidad de Oviedo, ocupou as cátedras de San Tomé e de Vésperas, e obtivo tamén a de Prima (1737-1739). Foi mestre xeral da orde beneditina (1724) e abade de San Vicente en dúas ocasións. Renunciou aos cargos de abade dos conventos de Samos e de San Martín (Madrid) en 1725 e, ao ano seguinte, a un bispado en América. En 1739 retirouse do ensino e dedicouse dende entón a escribir. Gozou da protección da súa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anarcosindicalista. De orixe galega, pertenceu á Federación de Obreros del Calzado da Federación Obrera Regional Argentina (FORA) desde 1913 e, en 1925, comezou a traballar de condutor e incorporouse á Unión de Chauffeurs, colectivo en que ocupou cargos directivos en diversas ocasións. Deportado en 1930, viviu en Vigo ata que regresou clandestinamente a Arxentina. Deportado novamente en 1936, chegou a Barcelona, onde se adscribiu á Sección Defensa do Comité Nacional da CNT. Ao rematar a guerra, pasou a Francia. En 1945 elixírono tesoureiro do Comité Nacional do Movimiento Libertario Español-CNT. Retornou a Arxentina en 1946 onde continuou vinculado á Unión de Chauffeurs, e ocupou a secretaría do consello federal da FORA (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na praza do Obradoiro en Santiago de Compostela. Construíuse no s XVII como facultade menor de artes. Ten planta cuadrangular cun patio interior, deseñado por J. de la Peña de Toro. A fachada divídese en dúas plantas por medio de ventás e balcón corrido no piso superior, sostido por ménsulas. Incorporóuselle á portada do antigo colexio da Acibechería, realizada en estilo gótico no s XVI. Está formada por un arco de medio punto coas arquivoltas decoradas coas esculturas de santa Ana, a Virxe e o Neno, flanqueadas á dereira por María Salomé, santa Lucía, san Xerome, san Lourenzo,e santo Ambrosio, e pola esquerda por María Cleofás, María Madalena, san Gregorio Magno, santo Estevo e santo Agostiño. No tímpano represéntase a Virxe apocalíptica acompañada de santa Catarina e outra santa, identificada como santa Margarida; no lintel atópase o escudo dos Fonseca. As xambas están decoradas coas imaxes de san Pedro, san Paulo e, posiblemente, san Domingos de Guzmán, na dereita,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do latín Hieronymus, que vén do grego Hyerónymos, composto de hierós ‘sagrado’ e ónoma ‘nome’, co significado de ‘nome sagrado’. Presenta a variante Xeromo.
-
PERSOEIRO
Rei de Westfalia (1807-1814), irmán pequeno de Napoleón I. Casou coa princesa Catarina, filla do rei de Würtemberg (1807), e Napoleón I nomeouno rei de Westfalia. Perdido o trono recibiu o título de príncipe de Montfort. Regresou a Francia en 1848 e traballou en favor do seu sobriño, o futuro Napoleón III.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
san (Strido, Dalmacia 342? - Betlem 420) Pai e doutor da Igrexa. O seu labor reflectiuse nunha obra abundante e extraordinaria, como a versión latina da Biblia, coñecida como Vulgata, incontables comentarios a textos bíblicos cunha exhaustiva achega de datos xeográficos e filolóxicos, traballos edificantes como De viris illustribus e a continuación da historia eclesiástica de Eusebio. Participou tamén en polémicas e deixou unha correspondencia. Represéntase como penitente no deserto, como sabio na súa cela ou como doutor da Igrexa. Como atributos leva a pedra coa que daba golpes no peito, a caveira sobre a que meditou, a pomba da súa inspiración, o capelo cardinalicio, o león domado e o báculo. A súa festividade celébrase o 30 de setembro.