"ZUR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 70.

  • RIOS

    Río da conca do Mente, afluente do Moas pola esquerda. Nace na parroquia de Cádavos, no concello da Mezquita e desemboca en territorio portugués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elevación da parroquia de Fontaneira, no concello de Baleira, de 726 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbonato básico de cobre, de fórmula Cu3(OH)2(CO3)2. Cristaliza no sistema monoclínico, en cristais prismáticos de cor azul, de brillo vítreo e translúcidos. Ten exfoliación perfecta, dureza 3,5-4 e peso específico 3,77. Encóntrase asociada con outros minerais cupríferos, en Barraburra (Australia), Tsumeb (Namibia) e Arizona. En Galicia é moi escasa e aparece en forma de costras asociadas aos filóns de blendas e galenas de Riotorto e aos de siderita e calcopirita de A Pontenova. Antigamente empregábase como pigmento azul e, hoxe en día, úsansen a fabricación de obxectos de artesanía e ornamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar o can contra alguén ou contra outro animal para que ataque.

    2. Provocar a unha persoa co ánimo de que esta discuta ou pelexe con outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pos azuis, solubles en auga, en hidróxido sódico acuoso, en ácido sulfúrico e en cellosolve, pouco solubles en alcohol e nada solubles noutros solventes orgánicos. Emprégase como colorante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especie de calzóns de liño que chegaban ata o talón e que se levaban por debaixo do pantalón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou actitude de cazurro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cazola’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen é pouco sociable e reservado.

    2. Que ou quen ten astucia ou picardía para realizar algo que lle convén ou do que vai tirar algún proveito.

    3. Que ou quen é torpe ou obstinado.

    4. Que ou quen demostra escasa intelixencia.

    5. Que ou quen é groseiro e demostra unha mala conduta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zizur Nagusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zizur Nagusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zizur Nagusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo serbio. Foi profesor en Belgrado e, dende 1866, foi membro da academia iugoslava de Zagreb. Autor das primeiras gramáticas da lingua serbia, editou moitos textos do serbio antigo. Foi un dos primeiros estudiosos da gramática histórica e da dialectoloxía da lingua serbia: Historia das formas das linguas serbia e croata da metade do s XVII (1874) e Dicionario dos monumentos literarios serbios (1863-1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insecticida do grupo das benzoilureas que actúa como regulador do crecemento dos insectos e que inhibe a formación de quitina ao ser inxerido. Está autorizado en cultivos de cogomelos e árbores froiteiras. Tamén se utiliza en áreas forestais, xardíns e lamazais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político eslovaco. Licenciado en Economía do Tráfico Ferroviario (1979), traballou no Instituto do Tráfico Ferroviario de Zilina (1979-1990). Foi viceministro económico no ministerio de Tráfico e Comunicacións (1991-1992) e, trala creación de Eslovaquia como Estado independente, foi ministro de Tráfico, Comunicacións e Obras Públicas (1994). Deputado dende 1922 polo Krestansko Demokratické Hnutie (KDH), converteuse no seu vicepresidente en 1994. En 1997 impulsou a creación da coalición Slovesnká Demockratická Koalícia (SDK), da que foi elixido presidente en 1998. Tralas eleccións de setembro de 1998 formou unha coalición contra V. Meciar e acadou o cargo de primeiro ministro. Durante o seu mandato ampliou os dereitos das minorías nacionais, abriu o país aos investimentos estranxeiros, apoiou os bombardeos da OTAN sobre Kosovo e conseguiu que Eslovaquia fose aceptada como unha das candidatas a ingresar na Unión Europea. En setembro de 1999 regresou á súa militancia no KDH, aínda que mantivo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou enxeñería industrial en Alemaña (1897). Traballou na empresa siderúrxica da súa familia ata que, trala morte da súa nai, se dedicou á pintura. No ano 1903 trasladouse a París, onde estudiou no obradoiro de Francisco Durrio e na Académie Julien. Realizou a súa primeira mostra en 1916 na Asociación de Artistas Vascos. Cultivou as naturezas mortas, a pintura de xénero, a paisaxe e o retrato, entre os que destacan Don Miguel de Unamuno, Valle-Inclán e Pío Baroja. Colaborou na revista España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro do Partido Conservador, loitou pola independencia de Chile. Ao constituírse a nova república, elixírono presidente do Congreso (12.12.1823). Foi vicepresidente interino da República (1831), senador (1831-1834) e presidente do Congreso (1833).

    VER O DETALLE DO TERMO